Thomas Hunt Morgan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 22:
}}
[[Ficheiro:Sexlinked inheritance white.jpg|thumb|260px|Transmisión del caracter "ojos blancos" en ''D. melanogaster'']]
'''Thomas Hunt Morgan''', nado en [[Lexington]], [[Kentucky]] o [[25 de setembro]] de [[1866]] e finado en [[Pasadena, California|Pasadena]], [[California]] o [[4 de decembro]] de [[1945]], foi un [[xenética|xenetista]] [[Estados Unidos de América|estadounidense]]. Estudou a [[historia natural]], [[zooloxía]] e [[macromutación]] na mosca da froita ''[[Drosophila melanogaster]]''.
 
As súas contribucións científicas máis importantes foron no eido da [[Xenética]]. Foi galardoado co [[Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina]] en [[1933]] pola demostración de que os [[cromosoma]]s son portadores dos [[xene]]s, o que se coñece como a [[teoría cromosómica de Sutton e Bovery]] ou teoría cromosómica da herdanza. Grazas ao seu traballo, ''Drosophila melanogaster'' converteuse nun dos principais [[organismo modelo|organismos modelo]] na Xenética.
Liña 30:
Morgan naceu en [[Lexington, Kentucky]], fillo de Charlton Hunt Morgan e Ellen Key Howard, e sobriño do xeneral confederado John Hunt Morgan.
 
Morgan graduouse na [[Universidade de Kentucky]] en [[1886]]. Recibiu o [[doutoramento]] da [[Universidade Johns Hopkins]] en [[1890]]. Seguindo os pasos de [[William E. Castle]], comezou a traballar no [[desenvolvemento embrionario]] da ''[[Drosophila melanogaster]]'' (a mosca da froita) na [[Universidade de Columbia]], onde se interesou polo problema da [[herdanza biolóxica|hereditariedade]]. As teorías de [[Gregor Mendel]] acababan de ser redescubertas en 1900 e Morgan estaba interesado en estudar a súa aplicación nos animais.
 
En 1910, descubriu un [[mutación|mutante]] de ollos brancos entre individuos de ollos vermellos. A proxenie do cruzamento dun macho de ollos brancos cunha femia de ollos vermellos presentou ollos vermellos, o que indicaba que o carácter "ollos brancos" era [[recesivo]]. Morgan denominou ''white'' o xene correspondente, iniciando así a tradición de nomear os xenes segundo o fenotipo causado polos seus [[alelo]]s mutantes. Ao cruzar estas moscas entre si, Morgan decatouse de que só os machos mostraban o carácter "ollos brancos". Dos seus experimentos, concluíu que (1) algúns caracteres herdábanse ligados ao sexo,(2) que o xene responsable do carácter residía no [[cromosoma X]], e que (3) probablemente outros xenes tamén residían en cromosomas específicos. El e os seus estudantes contaron as características de miles de moscas e estudaron a súa herdanza. Empregando a recombinación dos cromosomas, Morgan e [[Alfred Sturtevant]] prepararon un mapa coa localización dos xenes no cromosoma. Morgan e os seus estudantes tamén escribiron o libro ''Mechanisms of Mendelian Heredity''. Morgan trasladouse ao [[California Institute of Technology|CalTech]] en [[1928]], morrendo en [[Pasadena, California]] en 1945.
Liña 52:
{{Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina}}
 
{{ORDENAR:Morgan, Thomas Hunt}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Morgan, Thomas Hunt}}
[[Categoría:Premio Nobel de Medicina]]
[[Categoría:Personalidades da bioloxía]]