Sigrid Undset: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 12:
|nota =
}}
'''Sigrid Undset''', nada en [[Kalundborg]], [[Dinamarca]] o [[20 de maio]] de [[1882]], e finada en [[Lillehammer]] o [[10 de xuño]] de [[1949]], foi una [[escritor]]a [[noruega|norueguesa]].
 
== Biografía ==
Filla de Ingvald Undset, arqueólogo de renome internacional especializado na Idade de Ferro en Europa, naceu en [[Dinamarca]], pero a súa familia trasladouse a [[Noruega]] cando ela contaba con dous anos. Realizou os seus estudos en [[Oslo]], pero non puido ir á universidade a causa da morte do seu pai. Traballou como secretaria nunha importante empresa de enxeñaría cando contaba con dezaseis anos.
 
As súas primeiras novelas foron ''Fru Marta Oulie'' (1907), ''Jenny'' (1911) e ''Vaaren'' (1914), nas que escribe en contra dos defensores do «[[amor libre]]». Incrementou e consolidou a súa fama con ''De kloge jomfruer'' (1918) e o ensaio ''Et kvindesynspunk'' (1919).
 
As súas obras máis coñecidas son ''Kristin Lavransdatter'' (1920-1922) e ''Olav Audunssön'' (1925-1927), nas que trata o permanente conflito entre o amor terreal e o divino.
Liña 23:
Converteuse ao [[catolicismo]] en 1924, experiencia que narrou en ''Gymnadenia'' (1929) e en ''Den brændende busk'' (1930). Profesou na [[Terceira Orde da Penitencia de Predicadores]] como [[Dominicos|Dominica]] seglar. En 1940 trasladouse aos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], a causa da súa oposición á [[Alemaña]] [[nazi]] e a ocupación alemá de Noruega, onde participou activamente en movementos de loita contra os nazis. Volveu a Noruega en 1945, tras a finalización da [[II Guerra Mundial]].
 
Outras obras que cabe destacar son as novelas ''Den trofaste hustru'' (1936) e ''Madame Dorothea'' (1939), a súa autobiografía, ''Elleve aar'' (1934) e a súa famosa biografía sobre ''[[Catarina de Siena]]'' (1951).
 
Foi galardoada en 1928 co [[premio Nobel de Literatura]].
Liña 73:
{{Premio Nobel de Literatura}}
 
{{ORDENAR:Undset, Sigrid}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Undset, Sigrid}}
[[Categoría:Premio Nobel de Literatura]]
[[Categoría:Escritores de Noruega]]