Juan Ramón Jiménez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 193.144.37.33 (conversa); cambiado á última versión feita por HombreDHojalata
m Arranxos varios using AWB
Liña 14:
}}
 
'''Juan Ramón Jiménez Mantecón''', nado en [[Moguer]] ([[provincia de Huelva]]) o [[23 de decembro]] de [[1881]] e finado en [[San Xoán, Porto Rico|San Xoán]] ([[Porto Rico]]) o [[29 de maio]] de [[1958]], foi un [[poeta]] [[España|español]], gañador do [[Premio Nobel de Literatura]] en [[1956]], mentres permanecía no exilio desde a súa segunda patria, [[Porto Rico]] (onde tamén viviron exiliados outras renomeadas figuras peninsulares, tales como [[Pau Casals]] e [[Francisco Ayala]].
 
== Traxectoria ==
Foi fillo de Victor Jiménez e Purificación Mantecón, quen se dedicaban con éxito ao comercio de viños. Tras estudar Bacharelato cos [[xesuítas]] no [[Puerto de Santa María]], comezou a carreira de [[Dereito]] imposta polo seu pai na [[Universidade de Sevilla]], aínda que non finalizou os seus estudos. Os poemas de [[Rubén Darío]], o membro máis destacado do [[Modernismo]] na poesía hispánica, conmovéronlle especialmente na súa mocidade.
 
En [[1900]] publicou os seus dous primeiros libros de textos. A morte do seu pai neste mesmo ano e a ruína familiar causáronlle unha fonda preocupación, vivida intensamente por mor do seu carácter [[hiperestesia|hiperestésico]], e en 1901 foi ingresado con depresión nun sanatorio en Bordeus, onde tivo unha aventura amorosa coa muller do seu psiquiatra. En [[1905]] regresou ao seu pobo natal e seis anos máis tarde trasladouse a Madrid. Fixo varias viaxes a Francia e logo a Estados Unidos, onde en [[1916]] casou con [[Zenobia Camprubí de Aymar]].
 
A partir de [[1931]], a esposa do poeta sufrirá os primeiros síntomas dun cancro que acabará coa súa vida. En [[1936]] viuse obrigado a abandonar España ao estalar a [[Guerra Civil Española]]. En [[1946]] o poeta permanece hospitalizado oito meses por mor doutra crise depresiva. En [[1956]] a Academia Sueca outórgalle o Premio Nobel de Literatura en [[Porto Rico]], onde viviu gran parte da súa vida no exilio e onde traballa como profesor na [[Universidade]]. Tres días despois, morre a súa esposa en [[San Xoán, Porto Rico|San Juan]]. Nunca se recuperou desta perda, e permaneceu en [[Porto Rico]] mentres o Presidente da Universidade de Porto Rico, Jaime Benitez acepta o premio no seu nome. Juan Ramón Jiménez falece dous anos máis tarde, na mesma clínica na que falecera a súa esposa. Os seus restos foron trasladados a España.
 
== Etapas da súa obra ==
A crítica adoita dividir a súa traxectoria poética en tres etapas: sensitiva, intelectual, suficiente ou verdadeira.
 
A etapa sensitiva ([[1898]]-[[1915]]) se subdivide á súa vez en dúas sub-etapas; a primeira abarca ata 1908; a segunda, ata 1916. A primeira está marcada pola influencia de [[Gustavo Adolfo Bécquer|Bécquer]], o [[Simbolismo]] e un [[Modernismo]] de formas tenues, rima asonante, verso de arte menor e música íntima. Nela predominan as descricións da paisaxe como reflexo da alma do poeta, unha paisaxe que non é natural nin froito de paseos como o de [[Antonio Machado|Machado]], senón sometido ao estatismo dun xardín interior, ao intimismo dunha orde. Predominan os sentimentos vagos, a melancolía, a música e a cor desvaído, os recordos e ilusións amorosas. Trátase dunha poesía emotiva e sentimental onde se trasluce a sensibilidade do poeta a través dunha estrutura formal perfecta. Pertencen a esta etapa ''Rimas'' ([[1902]]), ''Arias tristes'' ([[1903]]), ''Jardines alejados'' ([[1904]]), ''Elejías'' ([[1907]]). A segunda época vértese na forma da arte maior (hendecasílabos e alexandrinos), a rima consonante, o estrofismo clásico (sonetos, serventesios); denota un maior sinal modernista, do [[Simbolismo]] francés ([[Charles Baudelaire]], [[Paul Verlaine]]) e do [[decadentismo]] anglo-francés ([[Walter Pater]], fundamentalmente). Recentemente foi descuberto un libro escrito entre [[1910]] e [[1911]], ''Libros de amor'', cunha poesía carnal e erótica. O poeta logra perfectos cumes parnasianas, especialmente nos sonetos; pertencen a esta sub-etapa ''La soledad sonora'' ([[1911]]), ''Pastorales'' ([[1911]]), ''Laberinto'' ([[1913]]), ''[[Platero e mais eu]]'' (¡¡Platero y yo'', [[1914]]) e ''Estío'' ([[1916]]), entre outros. Cara ao final desta etapa o poeta empeza a sentir o noxo das roupaxes sensoriais do Modernismo e preocupacións relacionadas co tempo e a posesión dunha beleza eterna.
 
''Platero e mais eu'', datada polo seu autor en 1914, converteuse na obra máis popular do poeta, escrita nunha prosa que suavemente leva ao lectorado a través dun coidadoso retablo de imaxes poéticas que conducen desde a presentación deste borriquete:
 
{{Cita|Platero é pequeno, peludo, suave; tan brando por fóra que se diría todo de algodón, que non leva ósos. Só os espellos de acibache dos seus ollos son duros cal dous escaravellos de cristal negro.}}
 
Ata a súa morte e, claro, a ascensión do pollino ao ceo... de Moguer: «''Platero, ti vesnos, verdade?''», preguntamos seguindo a letra de Juan Ramón Jiménez.
 
''Estío'' (1916) supón o cambio cara á segunda etapa de Juan Ramón. O poeta afástase do [[Modernismo]] en busca dunha maior depuración da palabra. Desaparecen os ambientes nostálxicos, evocados e soñados, en favor dunha realidade máis concreta.
 
A súa primeira viaxe a [[América]] e o contacto coa poesía en inglés ([[William Butler Yeats|Yeats]], [[William Blake]], [[Emily Dickinson]], [[Mary Shelley]]) marca profundamente esta segunda etapa ([[1916]]-[[1936]]), bautizada por el mesmo como Época intelectual e que lle vincula á corrente literaria do [[Novecentismo]]. Prodúcese un feito fundamental: o descubrimento do mar como motivo transcendente. O mar simboliza a vida, a soidade, o gozo, o eterno tempo presente. Iníciase así mesmo unha evolución espiritual que o leva a buscar a transcendencia. No seu desexo de salvarse ante a morte, esfórzase por alcanzar a eternidade, e iso só pode conseguilo a través da beleza e a depuración poética. Suprime, pois,
# toda a musicalidade,
# os argumentos poéticos,
# a aparatosidade externa e ornamental anterior para penetrarse no profundo, no belo, no puro, no esencial.
 
Desta época destacan ''Diario de un poeta recientemente casado'' ([[1916]]), ''Primeira antolojía poética'', ([[1917]]), ''Eternidades'' ([[1918]]), ''Piedra y cielo'' ([[1919]]), ''Poesía'' ([[1917]]-[[1923|23]]) e ''Belleza'' (1917-23).
 
Con ''Diario de un poeta recientemente casado'', titulado posteriormente (en [[1948]]) ''Diario de poeta y mar'' (para incluír o segundo apelido da súa esposa, Aymar), iníciase esta nova etapa na obra de Juan Ramón. Trátase dunha poesía sen anécdota, sen as «roupaxes do [[modernismo]]», unha poesía estilizada e depurada, onde o poeta admira todo o que contempla. Este poemario xorde como froito da súa viaxe a América. No ''Diario'', Juan Ramón experimenta cos temas e as formas, e abre unha nova corrente poética, que será explotada por algúns membros da [[Xeración do 27]].
 
En ''Piedra y cielo'' ([[1919]]) o tema central é xa a creación poética: a poesía como actividade, o poema como obxecto artístico e o poeta como divos-creador dun universo novo. Ábrese así unha nova liña temática que Juan Ramón xa non abandonará: a procura da sublimación poética e a intensificación creativa dunha poesía pura, esquemática.
 
''La Estación total'' ([[1923]]-[[1936|36]]). Recolle os últimos poemas escritos en España. O [[22 de agosto]] de [[1936]], Juan Ramón marcha ao exilio.
 
Pertence á época suficiente ou verdadeira ([[1937]]-[[1958]]) todo o escrito durante o seu exilio americano. Juan Ramón continúa replegado en si mesmo en busca da beleza e a perfección. A súa ansia pola transcendencia lévao a unha certa [[mística]] e identificarse con Deus e a beleza nun. A súa lingua poética transfórmase nunha especie de idiolecto poboado de múltiples neoloxismos (''ultratierra'', ''deseante''...). Tras un período de relativo silencio, publica ''Animal de fondo'' ([[1949]]), ''Terceira antolojía poética'' ([[1957]]), ''En el otro costado'' ([[1936]]-[[1942|42]]) e ''Dios deseado y deseante'' ([[1948]]-[[1949|49]]).
 
En ''Animal de fondo'' o poeta busca a Deus «''sen descanso nin tedio''». Pero ese deus non é unha divindade externa ao poeta, senón que se acha nel e na súa obra («''a túa esencia está en min, como a miña forma''»; «''no mundo que eu por ti e para ti creei''»). Ese deus ao que se refire é causa e fin da beleza.
 
''Dios deseado y deseante'' ([[1948]]-[[1949|49]]) supón a culminación de ''Animal de fondo''. O poeta chega ata a identificarse con ese deus que tanto buscou. Un deus que existe dentro e fóra del, un deus que é desexado e desexante.
 
Juan Ramón revisou concienciudamente ao longo da súa vida a súa obra. O poemario ''Lenda (1896-1956)'', publicado postumamente por Antonio Sánchez Romeralo en 1978, e en edición corrixida por María Ronsel Arretche en 2006 (Madrid: Visor), recolle a obra poética íntegra do autor tal como este quixo que se publicase.
Liña 74:
* [http://www.juanramonjimenez.com/ Sitio oficial dos herdeiros de Juan Ramón Jiménez e Zenobia] {{es}}
* [http://cvc.cervantes.é/actcult/jrj/ Monografía no Centro Virtual Cervantes] {{es}}
 
 
{{Premio Nobel de Literatura}}
 
{{ORDENAR:Jimenez, Juan Ramon}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Jimenez, Juan Ramon}}
[[Categoría:Escritores en lingua castelá]]
[[Categoría:Escritores de España]]