Pelicano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 82:
 
=== Rexistro fósil ===
O rexistro [[fósil]] mostra que a liñaxe dos pelicanos leva existindo desde polo menos hai 30&nbsp;millóns de anos; o fósil máis antigo de pelicano atopouse en estratos de comezos do [[Oligoceno]] en [[Luberon]] no sueste de Francia e é moi similar ás formas modernas.<ref name="Louchart2010">{{cita publicación periódica |autor=Louchart, Antoine; Tourment, Nicolas; Carrier, Julie |ano=2011 |título=The Earliest Known Pelican Reveals 30 Million Years of Evolutionary Stasis in Beak Morphology |revista=Journal of Ornithology |volume=150 |número=1 |páxinas=15–20 |doi=10.1007/s10336-010-0537-5}}</ref> O seu peteiro é case completo e é morfoloxicamente idéntico ao dos pelicanos actuais, o que indica que este avanzado aparato de alimentación existía xa naquel tempo.<ref name=Louchart2010/> Un fósil de comezos do [[Mioceno]] recibiu o nome de ''[[Miopelecanus|Miopelecanus gracilis]]'' baseándose en certas características que inicialmente se consideraron únicas, pero despois viuse que esas peculiaridades entraban dentro do rango de variación interespecífica do xénero ''Pelecanus''.<ref name=Louchart2010/> O fósil de final do [[Eoceno]] ''[[Protopelicanus]]'' pode ser un pelecaniforme ou un suliforme (ou mesmo unha ave acuática similar comoa un ''[[Pelagornithidae|pelagornítido]]'').<ref>{{cita publicación periódica |autor=Mlikovsky, Jiri |ano=1995 |título=Nomenclatural and Taxonomic Status of Fossil Birds Described by H. G. L. Reichenbach in 1852 |revista=Courier Forschungsinstitut Senckenberg |volume=181 |páxinas=311–16 |url=http://www.nm.cz/download/pm/zoo/mlikovsky_lit/087-1995-Reichenbach1852.pdf }}</ref> O suposto pelicano do Mioceno ''[[Liptornis]]'' atopado na [[Patagonia]] é un ''[[nomen dubium]]'' (nome de dubidosa validez taxonómica), que foi descrito baseándose só en fragmentos que non fornecen evidencias dabondo como para apoiar unha descrición válida.<ref>{{cita publicación periódica |autor=Olson, Storrs L. |ano=1985 |título=Faunal Turnover in South American Fossil Avifaunas: the Insufficiencies of the Fossil Record |revista=Evolution |volume=39 |número=5 |páxinas=1174–77 |doi=10.2307/2408747}}</ref>
 
Europa ten un mellor rexistro fósil destas aves que Norteamérica.<ref name="pbsw">{{cita publicación periódica |autor=Olson, Storrs L. |ano= 1999|título= A New Species of Pelican (Aves: Pelecanidae) from the Lower Pliocene of North Carolina and Florida |revista= Proceedings of the Biological Society of Washington |volume=112 |número=3|páxinas= 503–09|url= http://si-pddr.si.edu/jspui/bitstream/10088/6492/1/VZ_293_Pelecanus_schreiberi.pdf }}</ref> Describíronse varias especies de ''Pelecanus'' a partir de material fósil, entre as que están:<ref name="fbbm">{{cita libro|url=http://archive.org/stream/catalogueoffossi00foss#page/36/mode/1up|páxinas=37–45|título=Catalogue of the Fossil Birds in the British Museum (Natural History)|autor=Lydekker, Richard |ano=1891|editorial=British Museum|localización=Londres|dataacceso=29 de xuño de 2012}}</ref>