Tren: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m en Arxentina -> na Arxentina
m Arranxos varios using AWB
Liña 5:
No [[transporte|transporte ferroviario]], un '''tren''' ({{Audio|Gl-tren.ogg|pronunciación}}) consta dun ou varios vehículos (vagóns), ligados entre si e capaces de se mover sobre unha [[liña ferroviaria]], para transportar persoas ou carga, segundo unha ruta previamente planeada. A liña normalmente está constituída polos convencionais carrís dobres, por [[monoraíl]], ou incluso por levitación magnética. O tren pode ser puxado por unha [[locomotora]] ou por unha unidade autoalimentada.
 
O tren, puxado pola [[máquina a vapor]] tivo unha importancia enorme nos últimos douscentos anos. Foi sen dúbida o elemento máis importante da [[Revolución Industrial]], permitindo o transporte das [[materia prima|materias primas]] para as [[fábrica]]s rápida e eficazmente e levando os produtos acabados a persoas e rexións distantes. Foi importantísima a súa contribución nas [[Primeira Guerra Mundial|Primeira]] e [[Segunda Guerra Mundial|Segunda]] Guerras Mundiais, levando rapidamente homes e [[arma]]s onde estes máis falla facían.
 
Os trens enlazaron poboacións, rexións, países e continentes que ata entón estaban completamente illados ou onde podería demorar semanas ou meses para ter unha simple comunicación entre si; na [[agricultura]], os produtos que corrian o risco de ficar nas rexións onde se producían, puideron comezar a ser despachados a grandes distancias, habendo moito menor risco da súa degradación, fomentando así o aumento das [[Produción (economía)|producións]].
Liña 18:
[[Ficheiro:FardierdeCugnot20050111.jpg|miniatura|esquerda|200px| A máquina de [[Nicholas Cugnot]]]]
 
Despois de varias tentativas fallidas, [[Richard Trevithick]], enxeñeiro [[Inglaterra|inglés]], conseguiu en [[1804]], construír unha locomotora que conseguiu puxar cinco vagóns con dez toneladas de carga e setenta pasaxeiros á velocidade ''vertixinosa'' de 8  km por hora usando para o efecto carrís de [[ferro]] fundido. Esta locomotora, por ser demasiado pesada para unha liña férrea e avariarse constantemente, non tivo grande éxito.
 
Outro inglés, [[John Blenkinsop]], construíu unha locomotora en [[1812]] que usaba dous cilindros verticais que movían dous eixos, unidos a unha roda dentada que facían accionar unha cremalleira. Esta máquina usaba tamén carrís de ferro fundido, que substituíron definitivamente aos de madeira usados ata entón. Estes trillos ou liñas de madeira foran desenvolvidos na [[Alemaña]] sobre o ano de [[1550]], con carruaxes puxadas por animais, principalmente por [[cabalo]]s mais tamén, por veces, á forza de brazos.
 
Así a todo, o paso de xigante para o desenvolvemento da locomotora e por consecuencia do tren, sería dado por [[George Stephenson]]. Este inglés, mecánico nas minas de [[Killingworth]], construíu en [[1814]] a súa primeira locomotora á que chamou ''Blucher''. A ''Blucher'', que se destinaba ao transporte dos materiais da mina, conseguiu puxar unha carga de trinta toneladas á velocidade de 6  km/h. Stephenson viría a construir a ''primeira liña férrea'', entre [[Stockton]] e a rexión mineira de [[Darlington]], que foi inaugurada o [[27 de setembro]] de [[1825]] e tiña 61  km de lonxitude; catro anos máis tarde, chamáronno para construir a liña férrea entre [[Liverpool]] e [[Manchester]]. Nesta liña usouse unha nova locomotora, bautizada ''Rocket'', que tiña unha nova caldeira tubular inventada polo enxeñeiro francés [[Marc Seguin]] e xa chegaba a velocidades da orde dos 30  km/hora.
 
A comezos do [[século XIX]], as rodas motrices pasaron a colocarse tras da caldeira, permitindo deste xeito aumentar o diámetro das rodas e, consecuentemente, aumentando a velocidade punta. O escocés [[James Watt]], coa introdución de varias alteracións na concepción dos motores a vapor, especialmente na separación do condensador dos cilindros, contribuiu enormemente ao desenvolvimento do ferrocarril. A partir de entón, a evolución do tren e das liñas ferroviarias tornouse imparable. A metade do século XIX xa existian moitos millares de quilómetros de via férrea por todo o mundo: en Inglaterra, 10 000; nos [[Estados Unidos da América|EUA]], 30 000. Neste último, coa colonización do Oeste americano, esta cifra atinxiu máis de 400 mil quilómetros no inicio do [[século XX]].
Liña 28:
Pronto, as locomotoras pasaron do vapor á [[electricidade]]. O [[31 de maio]] de [[1879]], [[Werner von Siemens]] presentou na [[Exposición mundial]] de Berlín a primeira locomotora eléctrica, pero o seu desenvolvemento só foi significativo a partir de [[1890]], manténdose a súa utilización ata os nosos días. O invento da locomotora eléctrica non foi pacífico: hai quen atribúe este invento tanto ao norteamericano [[Thomas Davenport]] como ao [[Escocia|escocés]] [[Robert Davidson]]. A fins do século XIX, [[Rudolf Diesel]] inventou o motor de inxección a [[diesel]] e con el novas locomotoras desenvolveronse usando esta nova tecnoloxía; tamén se crearon locomotoras que utilizaban os dous conceptos (eléctrico e diesel), sendo por iso bastante versáteis. Estas máquinas comezaron axiña a gañar terreo ás vellas locomotoras a vapor que, porén, por exemplo en [[Portugal]], se mantiveron en activo ata [[1977]].
 
Máis recentemente, foron desenvolvidas tamén locomotoras con [[turbina de gas]] e finalmente os trens de alta velocidade, capaces de chegar aos 300 e nalgúns casos aos 400  km/h.
 
[[Ficheiro:Transrapid.jpg|miniatura|esquerda|200px|Maglev]]