Sinan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 19:
== Traxectoria ==
=== Mocidade ===
'''Mimar Koca Sinan''', naceu o [[15 de abril]] de [[1489]] na aldea de Ağırnas, preto da cidade de [[Kayseri]] (''Cesarea''), en [[Anatolia]], nunha familia cristiá greco-ortodoxa. Foi aprendiz de albanel e carpinteiro co seu pai. Na mocidade, en [[1512]], en virtude dun novo decreto dado na subida ao trono do sultán [[Selim I]] ''Yavuz'', que desenvolvía o sistema de « ''[[devşirme]]'' », instaurado por [[Murat I]], - un sistema de recrutamento de mozos cristiáns, de entre oito e dezasete anos, que se convertesen ao [[Islam]] e gardarlle fidelidade absoluta ao sultán, calquera que fose a posición a que accedesen -, '''Sinan''', a pesar de ser un tanto maior, é levado a [[Estambul]] e enrolado no exército. Crese que foi nesta altura cando se iniciou na arte e na técnica de construción de armazóns.
 
Logo dun período de rigorosa formación, pasa da cabalaría aos corpos técnicos, participa en numerosas campañas con Selim I e con [[Suleimán o Magnífico|Soliman I o Magnífico (1494-1566)]], e principia a construír pontes e fortificacións.
Liña 34:
 
=== O arquitecto imperial ===
En [[1539]], despois da morte do arquitecto [[Acem Ali]], autor da mesquita [[Mesquita Yavuz Selim de Estambul|Yavuz Selim]] (''Yavuz Selim Camii'') en Estambul, '''Mimar Koca Sinan''' foi nomeado « mimarbasi », xefe dos arquitectos imperiais, posto que conservará con tres sultáns : Suleimán o Magnífico, [[Selim II]] e [[Murad III]]. Cando este nomeamento, non era xa novo (50 anos), mais case lle quedarían outros cincuenta anos creativos, que conduciron a arquitectura turca as máis altas cimeiras.
 
A primeira mesquita erguida despois do nomeamento - a mesquita [[Mesquita Haseki Sultán de Estambul|Haseki Sultán]] (''Haseki Sultan Camii''), edificada en honra da esposa de Soliman, a sultana [[Roxelana]] - conserva unha organización espacial moi tradicional, sen revelar innovacións. Por contra, o proxecto seguinte, a mesquita [[Mesquita Mihrimah (Usküdar)|Mihrimah]] (''Mihrimah Camii'') ([[1540]]-[[1548]]) en Usküdar, case sen solución de continuidade coa anterior, representa un primeiro paso adiante, pois entre outras novedades, contén tres semicúpulas rodeando a cúpula principal.
 
=== A Mesquita Şehzade Mehmet (Estambul) ===
A continuación, '''Sinan''' inicia o proxecto da mesquita [[Mesquita Şehzade Mehmet (Estambul)|Şehzade Mehmet]] (''Şehzade Mehmet Camii'') ([[1543]]-[[1548]]), ou '' do Principe Mehmet'', que commemora o predilecto de Suleimán, vítima dos celos de Roxelana, que alí ten a súa tumba.
 
Este templo considérase a primeira obra maior de '''Sinan'''. Foi levantada con vistas ao [[Mar de Mármara]] e ao [[Corno de Ouro]]. Como a maior parte das mesquitas edificadas logo, a Şehzade está erguida sobre un plano cadrado e cuberto dunha cúpula central, apoiada sobre catro pilastras e sostida por outras catro semicúpulas e máis outras menores subsidiarias. Como noutros casos é o centro dun complexo de edificacións.
 
Á vista da súa estrutura, coidase que se inspira na mesquita iraquí de [[Mesquita de Fatih Pachá (Diyarbakir)|Fatih Pachá]] (''Fatih Paşa Camii'') en [[Diyarbakir]] (hoxe no Sueste de Turquía), construída entre [[1518-1522]], que posúe tamén unha gran cúpula repousando sobre pesados piares que sosteñen catro semicúpulas. Presenta un acusado contraste entre o exterior, aparentemente descoidado, e o interior, exquisitamente decorado pero con sinxeleza.
Liña 56:
 
=== A Mesquita de Rüstem Pachá ===
Entre [[1560]] e [[1564]], ergue para o [[Visir|Gran Visir]] [[Rüstem Pachá]], xenro de Suleimán o Magnífico a mesquita [[Mesquita de Rüstem Pachá (Estambul)|Rüstem Pacá]] (''Rüstem Paşa Camii''), tamén en [[Estambul]], no barrio de Eminönü . É pequena e está soberbamente proporcionada. É aínda unha obra excepcional, unha xoiña da arte otomá. Achase por encima dunha arcada de almacéns, coma un cantil sobre rúas bordeadas de caravanserrallos, con construcións que talvez remonten á época bizantina. O plano é clásico: forma rectangular, cúpula central apoiada sobre catro semicúpulas e cinco cúpulas menores. Estupendos azulexos de [[Iznik]] (a antiga [[Nicea]]) recubren os interiores do templo.
 
Unha recente restauración resaltou o seu valor, mais o terremoto de [[1999]] danou as súas cupuliñas.
 
=== A Mesquita de Atik Valide ===
Sinan creou tamén un complexo (''[[Külliyesi]]''), en torno dunha mesquita para [[Nur-Banu|Nurbanu Valide Sultán]], a esposa veneciana de [[Selim II]] e mai de [[Murad III]] ([[1574]]-[[1595]]). A mesquita de [[Mesquita de Atik Valide (Üsküdar)|Atik Valide]] (''Atik Valide Camii'') ou mesquita da sultana-mai, foi construída entre [[1570]] e [[1579]], no barrio de [[Üsküdar]], na parte asiática de Constantinopla. O extenso complexo, máis unha vez, pon de relevo o papel social do templo entre os otománs, como lugar non só de oración, senón tamén de vida. A mesquita, no centro, chegou ata nós en tres etapas constructivas.
 
A decoración máis significativa está no interior do santuario. Son pinturas especialmente motivos florais, plasmados en paineis murais, cubertos de azulexos de porcelana decorados, principalmente cerca do púlpito (''[[minbar]]''). Como noutros casos, o [[mihrab]], a parede cara a Meca, que orienta os pregos, está decorado con cerámica de [[Iznik]] (Nicea). A porta e as contraventanas da sala de oracións están ornamentados con incrustacións de marfil e nácar.
Liña 72:
 
=== A mesquita de Sokullu Mehmet Pachá ===
Entre [[1572]] e [[1577]] '''Sinan''' edificou, no famoso barrio de [[Galata]], preto da [[Mesquita Azul]] (''Sultanahmet Camii''), a mesquita de [[Mesquita de Sokullu Mehmet Pachá (Estambul)|Sokullu Mehmet Pachá]] (''Sokullu Mehmet Pacha Camii''), encargada polo [[Visir|Grand Visir]] do mesmo nome.
 
Foi levantada sobre as ruínas dunha igrexa bizantina, Haghia Anastasia, da que se reutilizarán os materiais. A nova mesquita é célebre polas fermosas porcelanas azuis, que cubren os piares arredor da bóveda, os contornos das xanelas e o [[mihrab]], mais que non obnubilan a beleza arqitectónica. No interior, o visitante non pode senón quedar sobrecollido de admiración diante dos azuis, verdes, púrpuras e vermellos dos elegantes deseños dos azulexos de Iznik e as pinturas mostrando caraveis e crisantemos, e máis os vitrais polícromos. Como noutras obras, e seguindo o modelo de Santa Sofía, a cúpula central vai sostida por semicúpulas.
 
Do mesmo xeito, ademais do templo, hai un complexo arredor, incluíndo un convento de [[derviche]]s. O patio, ao que se accede por un pequeno túnel, está rodeado de pórticos con 30 cúpulas, sostidas, na maior parte, por columnas bizantinas reaproveitadas.
 
=== O Kırkçeşme ===
'''Sinan''' non só construíu mesquitas. En [[1553]], foille encargada a resolución do problema de abastecemento de auga á capital. Examinou todos os acuedutos antigos, e buscou novas fontes. Os traballos de construción de novas instalacións foron iniciados en [[1554]] e terminados en [[1560]]. Para iso, realizou unha rede de cuarenta fontes, que denominou « Kırkçeşme », cunha lonxitude de máis de 50  km, para cuxa subministración debeu construír diques fluviais, túneis, canles e dous acuedutos: os de [[Acueduto de Uzunkemer|Uzunkemer]] e [[Acueduto de Egrikemer|Egrikemer]], preto de Estambul. Este proxecto a por do dominio da auga era tan importante a ollos de Suleimán, que fixo un desembolso de 43 millóns en moeda de prata, case equivalente ao que gastara (53 millóns) no complexo de Süleymaniye.
 
=== O construtor de pontes ===
Liña 85:
 
=== Últimos anos ===
En [[1580]], edifica a mesquita [[Mesquita Chemchi Pachá (Usküdar)|Chemchi Pachá]] (''Chemchi Paşa Camii'') en [[Usküdar]], na beira asiática do [[Bósforo]].
 
En [[1584]], a sultana [[Nur-Banu|Nur-u Banu]], esposa de [[Selim II]] e mai de [[Murad III]], fai construír en Estambul, seguindo trazas de '''Mimar Sinan''', uns baños públicos, o [[hammam de Çemberlitas]], reputado como unha das obras máis importantes da arquitectura otomá do [[século XVI]].
 
En [[1586]], á respeitábel idade de 97 ans, emprende aínda a construción das súas dúas últimas mesquitas: [[mesquita Mesih Mehmet Pachá|Mesih Mehmet Pachá]] (''Mesih Mehmet Paşa Camii'') e [[Mesquita Molla Tchelebi|Molla Tchelebi]] (''Molla Tchelebi Camii'') en [[Findikli]], que non poderá ver acabadas.
 
En total, no percurso da súa dilatada carreira, '''Sinan''' e o seu equipo executaran 350 construcións :
Liña 108:
A pesar da extensión excepcional da súa vida profesional, é difícil pretender que todas estas obras fosen planificadas e realizadas por Sinan persoalmente. Unha parte delas, das que a maioría se encontran en Estambul, foran realizadas polos seus discípulos ou por organizacións de arquitectos que estaban vencelladas a el, e el contentaríase con supervisar a concepción da obra e os traballos. Por outra banda, na listaxe van incluídas as restauracións nas que participara.
 
'''Sinan''' viviu durante a época que constituíu a idade de ouro do Estado otomán. Foi arquitecto-xefe con tres soberanos: [[Suleimán o Magnífico|Suleimán I o Magnífico]], [[Selim II]] e [[Murad III]]. Tivo un papel considerable na concepción e execución de numerosas obras arquitectónicas que simbolizaron o poderío do Imperio. O estudo da súa vida revela a historia dun verdadeiro creador, xamais satisfeito con as súas realizacións, constantemente en busca de ideas novas e tentando pór a punto dispositivos innovadores. A súa influencia continuou sentindose moito tempo despois da súa morte, e en todas as épocas se recoñeceu a súa importancia.
 
Mimar Sinan faleceu case centenario, o [[17 de xullo]] de [[1588]] en Estambul. Foi inhumado nun ángulo do Norte da mesquita Sülimaniye, na proximidade dos mausoleos de Suleimán e da súa esposa Hürrem, máis coñecida por Roxelana.
Liña 114:
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* D. Kuban, « ''The style of Sinan's domed structures'' », dans ''Muqarnas'', 1987, pages 72-9772–97.
* Jean-Paul Roux, « Les Mosquées de Sinan », dans ''Dossiers d'Archéologie'', mai 1988, N° 127 .
* Henri Stierlin, « Sinan et Soliman le Magnifique », dans ''Dossiers d'Archéologie'', mai 1988, N° 127 .
Liña 120:
* Ali Topçu, « Sinan et la modernité », dans ''Dossiers d'Archéologie'', mai 1988, N° 127.
 
{{ORDENAR:Sinan}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Sinan}}
[[Categoría:Arquitectos de Turquía]]
[[Categoría:Nados en 1489]]