Lingua chinesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 82:
 
=== Auxe dos dialectos do norte ===
Despois da caída da [[dinastía Song]] e durante o reinado das dinastías do norte [[Dinastía Jin (1115-1234)|Jin]] e [[Dinastía Yuan|Yuan]], desenvolveuse unha nova fala (hoxe coñecida como [[mandarín antigo]]) baseada nos dialectos da [[Chaira do Norte da China]] arredor da capital. <ref name="Norman (1988)" /> O ''[[Zhongyuan Yinyun]]'' ([[1324]]) foi un dicionario que codificou as convencións de ritmo do novo verso ''[[sanqu]]'' nesta lingua.<ref name="Norman (1988)" /> Xunto co posterior ''[[Menggu Ziyun]]'', este dicionario amosa que a lingua compartía numerosas características que se atopan nos dialectos de mandarín modernos.<ref name="Norman (1988)" />
 
Até mediados do [[século XX]], a meirande parte da poboación do sur da China só falaba a súa lingua local. Por este motivo, durante a época da [[Dinastía Ming]] e da [[Dinastía Qing]], os oficiais tiñan que encargarse da administración do imperio usando unha lingua común baseada nos dialectos do mandarín, coñecida como ''Guānhuà'' (官話, literalmente "lingua dos oficiais").<ref name="Norman (1988)" />
Liña 92:
 
== Variedades ==
O [[Sinoloxía|sinoloxista]] [[Jerry Norman]] estimou que existen centos de variedades inintelixíbeis de chinés.<ref name="Norman (2003)">{{cita libro|apelidos=Norman|nome=Jerry|título="The Chinese dialects: phonology", en Thurgood, Graham; LaPolla, Randy J., ''The Sino-Tibetan languages''|ano=2003|isbn=978-0-7007-1129-1|páxinas=72-83}}</ref> Esas variedades forman un [[continuo dialectal]] cuxas diferenzas medran a medida que aumenta a distancia entre elas.<ref name="Norman (1988)" /> Xeralmente, as áreas montañosas do sur da China amosan unha diversidade lingüística meirande que na [[chaira do norte da China]]. Nalgunhas zonas do sur, o dialecto principal dunha cidade só é comprensíbel para os seus veciños máis próximos. Por exemplo, a cidade de [[Wuzhou]] atópase a 190km190&nbsp;km río arriba de [[Guangzhou]], pero a variedade de [[lingua cantonesa|cantonés]] falada alí é máis semellante á de Guangzhou que á de [[Taishan]], a 95km95&nbsp;km ao suroeste de Guangzhou. En zonas da provincia de [[Fujian]], as falas dos condados veciños ou mesmo vilas poden ser inintelixíbeis entre elas.<ref name="Norman (1988)" />
 
Até finais do [[século XX]], os emigrantes chineses ao [[Sueste asiático|sur de Asia]] e [[América do Norte]] procedían das áreas costeiras do sur do país, onde se fala [[linguas min|min]], [[lingua hakka|hakka]] e [[lingua cantonesa|cantonés]].<ref name="Norman (1988)" /> A maioría dos inmigrantes chineses de América do Norte falan o dialecto de Taishan.<ref name="Ramsey (1987)">{{cita libro|apelidos=Ramsey, S.|nome=Robert|título=The Languages of China|ano=1987|editorial=Princeton University Press|isbn=978-0-691-01468-5}}</ref>
Liña 134:
* [[Lingua yue|Yue]], incluíndo o [[lingua cantonesa|cantonés]] e o dialecto de Taishan.
 
A clasificación do lingüista [[Li Rong]], que foi empregada no ''[[Language Atlas of China]]'' (1987), distingue outros tres grupos máis:<ref name="Kurpaska (2010)" /><ref name="Wurm et al. (1987)">{{cita libro|apelidos=Wurm et al.|título=Language Atlas of China|ano=1987|editorial=Longman|isbn=978-962-359-085-3}}</ref><ref name="Kurpaska (2010)" />
* [[Lingua jin|Jin]], anteriormente incluído no mandarín.
* [[Lingua huizhou|Huizhou]], anteriormente incluído no Wu.
Liña 142:
 
=== Chinés estándar e diglosia ===
O [[chinés estándar|Putonghua ou Guoyu]], máis coñecido como [[mandarín]], é a [[lingua estándar]] oficial empregada na [[República Popular da China]], [[Taiwán]] e [[Singapur]] (onde se coñece co nome de "Huayu" ou simplemente chinés). Está baseada no [[dialecto de Pequín]], que é o dialecto de [[mandarín]] falado en [[Pequín]]. Os gobernos destes países pretenden que os falantes de tódalas variedades de chinés empreguen o mandarín como unha lingua común de comunicación, e por iso é empregado nos medios de comunicación, como lingua vehicular das escolas e nas axencias dos gobernos.
 
Na [[China continental]] e [[Taiwán]] a [[diglosia]] e frecuente. Por exemplo, ademais de falar mandarín, un residente de [[Shanghai]] tamén adoita ser quen de falar no [[dialecto de Shanghai]] da [[lingua wu]]; e se medrou noutro lugar mesmo podería falar o dialecto particular daquel lugar. Unha persoa de [[Guangzhou]] adoita poder falar [[lingua cantonesa|cantonés]] e tamén mandarín. En [[Taiwán]], a maioría da poboación fala [[lingua taiwanesa|taiwanés]], [[lingua hakka|hakka]] ou unha [[linguas austronesias|lingua austronesia]] ademais de mandarín.<ref name="Klöter (2004)">{{cita publicación periódica|apelidos=Klöter|nome=Henning|título=Language Policy in the KMT and DPP eras|revista=China Perspectives|ano=2004|volume=56|url=http://chinaperspectives.revues.org/442|dataacceso=11 de decembro de 2015}}</ref> En Taiwán é habitual que a xente mesture pronunciacións, frases e palabras do mandarín coas doutras linguas da illa. Esta mestura considéranse algo normal en contextos informais ou familiares.<ref name="Kuo (2005)">{{cita web|apelidos=Kuo|nome=Yun-Hsuan|título=New dialect formation : the case of Taiwanese Mandarin|url=https://www.researchgate.net/profile/YUN-HSUAN_KUO|dataacceso=11 de decembro de 2015}}</ref>
Liña 150:
A relación entre o chinés falado e o escrito é bastante complexa. As variedades do chinés foron evolucionando ao longo do tempo, mentres que a escrita cambiou moi pouco. A [[litaratura]] [[chinés clásico|chinesa clásica]] comezou no [[Período das Primaveras e Outonos]], aínda que os exemplos máis antigos que se conservan de chinés son inscricións en [[óso oracular|ósos oraculares]] do ano [[-1250]], coincidindo coa época da [[dinastía Shang]].<ref name="Schuessler (2007)" />
 
A [[ortografía]] chinesa baséase en caracteres ou ''hanzi'', que se escriben en bloques rectangulares imaxinarios. Tradicionalmente escribíanse en columnas verticais que se debían ler de arriba a abaixo e de esquerda a dereita. Os caracteres chineses son [[morfema]]s independentes dos cambios fonéticos. Por exemplo, o caracter [[wikt:一|一]] ("un") lese ''yī'' en [[chinés estándar]], ''jat1'' en [[lingua cantonesa|cantonés]] e ''chi̍t''/''it'' en [[lingua hokkien|hokkien]]. O vocabulario das principais variantes chinesas é moi diverxente e tamén existen "caracteres dialectais" que se empregan nas diversas variantes en situacións coloquiais de chinés escrito. Por exemplo, os caracteres 冇 e 係 do [[lingua cantonesa|cantonés]] e a [[lingua hakka]] son considerados arcaicos e non se usan na escrita do chinés estándar.
 
O cantonés coloquial escrito fíxose moi popular nos chats da Internet e na [[mensaxería instantánea]] entre os falantes de cantonés de [[Hong Kong]]. O seu emprego está considerado moi informal e non se utiliza en contextos máis formais.
 
Na provincia de [[Hunan]], as mulleres de certas áreas escriben a súa lingua local mediante un [[silabario]] derivado dos caracteres chineses chamado [[Nüshu]].
 
A [[lingua dungan]], ás veces considerada un dialecto do [[mandarín]], escríbese co [[alfabeto cirílico]] e no pasado escribíase co [[alfabeto árabe]]. O [[pobo dungan]] é de relixión musulmá e vive principalmente en [[Casaquistán]], [[Kirguizistán]] e [[Rusia]].
 
=== Caracteres chineses ===
Liña 162:
Cada un dos caracteres chineses representa unha palabra monosilábica ou un morfema. No ano [[100]], o famoso estudoso da [[dinastía Han]] [[Xu Shen]] clasificou os caracteres en seis categorías: [[pictograma]]s, [[ideograma]]s, ideogramas compostos, préstamos fonéticos, compostos fonéticos e caracteres derivativos. Deles só un 4% foi categorizado como pictogramas, incluíndo algún dos caracteres máis simples, como ''rén'' 人 (humano), ''rì'' 日 (sol), ''shān'' 山 (montaña, outeiro), ''shuǐ'' 水 (auga). Entre un 80% e un 90% foron clasificados como compostos fonéticos, como ''chōng'' 沖 (verquer), combinando o compoñente fonético ''zhōng'' 中 (medio) co radical semántico 氵(auga). Case todos os caracteres creados dende entón son deste tipo. O [[dicionario de Kangxi]] do [[século XVIII]] recoñecía 214 radicais diferentes.
 
Os caracteres modernos desenvolvéronse a partir da escrita ''kaishu''. Existen varios estilos de escrita na [[caligrafía chinesa]], entre os que se inclúen a [[escrita de selo]], a [[escrita en cursiva chinesa|escrita en cursiva]] e a escrita clerical. Os artistas de caligrafía poden empregar os caracteres tradicionais ou os simplificados, mais adóitanse usar os primeiros para a arte tradicional.
 
Existen dous sistemas de uso para os caracteres chineses. O primeiro é o [[caracteres chineses tradicionais|sistema tradicional]], que aínda se usa en [[Hong Kong]], [[Taiwán]], [[Macau]] e as comunidades chinesas no estranxeiro, agás [[Singapur]] e [[Malaisia]]. Tomou forma a partir dos caracteres estandarizados que datan da derradeira [[dinastía Han]]. O segundo é unha [[simplificación da escritura chinesa|simplificación da escrita chinesa]] que se introduciu na [[República Popular da China]] en [[1954]] para facilitar a alfabetización masiva da poboación.
 
[[Singapur]], que posúe unha considerábel comunidade chinesa, é o único e primeiro país estranxeiro que adoptou de forma oficial a simplificación dos caracteres. En [[Malaisia]] tamén é o sistema máis empregado ''de facto'' entre as xeracións máis novas.
 
Un lector chinés cunha boa educación pode recoñecer entre 4&nbsp;000 e 6&nbsp;000 caracteres, mentres que se requiren uns 3&nbsp;000 para poder ler e entender os xornais. O goberno chinés define a alfabetización dos seus traballadores co coñecemento de 2&nbsp;000 caracteres, aínda que esta só é unha alfabetización funcional. Un dicionario completo, como o dicionario de Kangxi, contén arredor de 40&nbsp;000 caracteres, incluíndo caracteres arcaicos e raros, dos que menos dunha cuarta parte son de uso común hoxe en día.
Liña 183:
 
=== Tons ===
Tódalas variedades do chinés empregan [[ton (lingüística)|tons]] para distinguir as palabras.<ref name="Norman (1988)" /> Algúns dialectos do norte da China teñen só tres tons, mentres que os dialectos do sur chegan a ter entre seis e dez tons. O [[dialecto de Shanghai]] é unha excepción xa que o seu rexistro de tons reduciuse a un sistema de dous [[acento tonal|acentos tonais]] semellantes aos que se usan no [[lingua xaponesa|xaponés]] moderno.
 
Un exemplo moi común para ilustrar o sistema de tons no chinés é o da pronuncia da [[sílaba]] ''ma'' cos catro tons diferentes do chinés estándar (ademais do neutro). Os tons tamén están exemplificados nas seguintes cinco palabras chinesas.