Codón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Isili0n (conversa | contribucións)
Cambaleo.
Liña 118:
 
== Os codóns durante a tradución ==
Durante a tradución o ARNm entra no ribosoma e expón nel o primeiro codón, o codón de iniciación AUG, e despois vaise movendo, pasando polo ribosoma e expoñendo os sucesivos codóns. No ribosoma cada codón únese ao [[anticodón]] dos [[ARNt]] que van entrando no ribosoma levando os aminoácidos. Codón e anticodón son complementarios en bases (A con U, e G con C) e establecen entre eles [[ponte de hidróxeno|pontes de hidróxeno]], de tal xeito que en cada momento da tradución só se pode unir ao ribosoma o ARNt que leve o anticodón complementario do codón do ARNm que está exposto nese momento (o tambaleocambaleo no emparellamento de bases dá certa flexibilidade a esta complementariedade dos [[anticodón]]s). Ese ARNt levará o aminoácido que segundo o código xenético lle corresponde a ese codón. Os encimas [[aminoacil ARNt sintetase]]s saben recoñecer un ARNt cun determinado anticodón e "cargalo" co aminoácido axeitado.
 
Os aminoácidos que traen os ARNt enlázanse formando a proteína. A proteína terá a sucesión de aminoácidos que se corresponde coa sucesión de codóns do ARNm que vai pasando polo ribosoma, polo que a "linguaxe" de nucleótidos do ARNm foi traducida á "linguaxe" de aminoácidos da proteína. Cando o ARNm pasou case todo polo ribosoma chégase a un codón de parada e a síntese proteica remata.