Sergei Eisenstein: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 39:
=== De regreso á Unión Soviética ===
 
A visita de Eisenstein a norteamérica converteuno en sospeitoso para Stalin, e esta sospeita xamais sería erradicada por completo da mente da elite estalinistastalinista. As seguintes dúas películas de Eisenstein serían censuradas por cuestións políticas, e foille asignado un supervisor oficial para vixialo durante a rodaxe de ''[[Aleksandr Nevsky]]'', película moi popular entre os soviéticos, pola que se lle concedería a Orde de Lenin.
 
A súa película ''[[Ivan Grozniy (filme)|Ivan Grozniy]]'', na que presentaba a [[Iván IV de Rusia|Iván IV]] de Rusia como un heroe nacional, gañou a aprobación de Stalin xunto cun Premio Stalin, pero a súa secuela ''[[Ivan Grozniy, segunda parte]]'' non foi aprobada polo goberno. O traballo existente da película foi confiscado e destruído na súa maior parte, sobrevivindo só unha pequena parte do traballo orixinal.
Liña 56:
Tras esta película fixo dous traballos máis, ''[[Oktyabr': Desyat' dney kotorye potryasli mir]]'', onde narra os sucesos do asalto ó Pazo de Inverno durante a Revolución bolxevique de 1917, e ''[[Staroye i novoye]]'', película sobre a reforma agraria. Desta última tivo que cambiar o guión en varias ocasións polos cambios na colectividade agraria na Unión Soviética. Nestas dúas obras volveu experimentar cunha nova linguaxe a través das imaxes, pero pola súa complexidade non chegaron a ser moi ben comprendidas na súa época. Ademais en ''Staroye i novoye'' a protagonista non é a masa, senón unha heroína individual, María Lápkina. O problema que tivo con ''Oktyabr''' foi o atraso de ata cinco meses na estrea, porque en pleno proceso de postprodución decatouse de que [[Trotski]] caera en desgraza, polo que tivo que retirar os planos nos que aparecía.
 
Despois da experiencia por Europa e América, regresou profundamente deprimido á súa patria, onde tampouco puido culminar a súa seguinte rodaxe: ''[[Bezhin lug]]'', traxedia campesiña, que será saboteadasabotada polo máximo responsable da cinematografía rusa, que a considera politicamente incorrecta. Entón, ó igual que fixera [[Vsevolod Pudovkin]], refuxiouse no ensino e na elaboración da súa teoría sobre o emprego da cor e do son, que finalmente non logrou levar á práctica.
 
Dez anos despois da súa última obra dirixe ''Aleksandr Nevski'', que conta as andanzas deste heroe nacional ruso, que derrotou os teutóns no século XIII. Nela volve facer gala da súa mestría para a montaxe. A protagonista volve ser unha soa persoa, non a masa, e desaparece o seu vigoroso estilo [[documental]] para ser substituído por unha delicada reconstrución da historia.
 
A comezos dos anos corenta proxectou unha ampla triloxía sobre a figura de Ivan Grozni, o tsar [[Iván IV de Rusia|Iván o Terrible]]. Presenta o drama do tsar como a materialización das contradicións dun político crente, fiel e ortodoxo, que se ve obrigado a enfrontarse coa Igrexa rusa que non quere perder os seus privilexios feudais. A imaxe que presenta Eisenstein deste tsar torturado, que se cuestiona se o poder provén de Deus ou do pobo, desgusta os dirixentes comunistas soviéticos, e despois de recibir o Premio Stalin polo primeiro capítulo, a segunda e terceira parte, que pensaba rodalas en color, son prohibidas. Eisenstein falece caídocaido en desgraza.
 
Os seus ensaios literarios cinematográficos e os seus dotes como orador, tendo en conta que falaba alemán, inglés e francés, fixeron que exercese unha grande influencia sobre a teoría cinematográfica da época.
 
== Características da súa obra ==
* É fundamental a súa aportaciónachega teórica, como a súa hipótese sobre "a montaxe de atraccións", onde postula o uso no cine de técnicas orixinarias do [[circo]] e do [[music-hall]].
* Repudia a montaxe clásica, tal como a concibe Griffith, e deriva as súas teorías sobre a montaxe do estudo dos ideogramas xaponeses, nos que dúas nocións xustapostas conforman unha terceira (''Ollo + Auga = Choro''; ''Porta + Orella = Escoitar''; ''Boca + Can = Ladrar'').
* A montaxe é para el "unha idea que xorde da colisión de dúas pezas, independentes a unha da outra". Este método permítelle partir de elementos físicos representables para visualizar conceptos e ideas de complicada representación.
Liña 96:
* {{Imdb name|id=0001178|name=Sergei Eisenstein}}
* [http://www.uhu.es/cine.educacion/cineyeducacion/figuraseisenstein.htm Figuras de cine: Sergei M Eisenstein] {{es}}
 
{{Control de autoridades}}
{{ORDENAR:Eisenstein, Sergei}}
 
[[Categoría:Directores de cine da Unión Soviética|Eisenstein, Sergei]]
[[Categoría:Nados en 1898]]
[[Categoría:Nados en Riga]]