Auschwitz-Birkenau: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 118:
Dende a fin da [[Segunda Guerra Mundial]] houbo intentos por negar o propósito dos campos de exterminio ou a súa magnitude. Afirmouse que sería imposible queimar un tal número de corpos ou que as instalacións que poden ser visitadas na actualidade foron ''reconstruídas'' logo da guerra para que estivesen en concordancia co que se contou sobre Auschwitz dende o final do conflito.
 
En 2005, Oskar Gröning, un ex-funcionario nazi, decidiu dar testemuño. Gröning foi membro das [[mocidades Hitlerianas]], de alí pasou a ser membro do partido nazi e máis tarde enrolouse nas Waffen SS á idade de 20 anos. Logo de dous anos de traballo administrativo para as SS, foi asignado a Auschwitz en 1942. Inicialmente Gröning cría que este era un campo de concentración normal, pero inmediatamente observou, como parte da súa indución ao traballo do campo, a chegada dun primeiro convoi de prisioneiros, a selección por parte do ''persoal médico'' das SS, onde só o 20% dos recentemente chegados foi escollido para traballar nos campos. Os enfermos eran transportados por camilleirospadioleiros que utilizaban os símbolos da [[Cruz Vermella]] para dar unha ilusión de normalidade. Logo acompañou ao grupo que levou aos non seleccionados para o traballo e aos enfermos até as cámaras de gas, disfrazadas como duchas e finalmente presenciou a queima dos corpos nos fornos crematorios e a organización dos bens para a súa posterior clasificación. Gröning solicitou ser transferido a unha unidade de combate, pero os seus servizos como persoal administrativo eran requiridos alí, de maneira que pasou preto de dous anos levando as contas dos bens recuperados das pertenzas dos prisioneiros, axudado polo abundante alcol dispoñible no campo. Ao final da guerra foi feito prisioneiro (estivo en cativerio até 1948) pero omitiu mencionar o seu período en Auschwitz nos interrogatorios. Anos despois saíu a relucir o seu pasado, pero nunca se formularon cargos na súa contra.
 
== Véxase tamén ==