Pedro Barrié de la Maza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m arranxiños de formato
Xas (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 17:
Fillo de [[Pedro Barrié Pastor]], herdeiro do [[Banco Pastor]]. Estudou a carreira de Comercio na Escola Superior de Comercio da [[A Coruña|Coruña]], e logo ampliou os seus estudos financeiros en [[Gran Bretaña]], [[Alemaña]] e [[Francia]]. Á súa volta comezou a traballar no negocio do pai e en [[1915]] foi nomeado socio e xerente da empresa, coa razón social Sobrinos de José Pastor. Cando morreu o seu pai en [[1919]], quedou á fronte da sociedade xunto ao curmán deste, [[Ricardo Rodríguez Pastor]]. En [[1925]] produciuse unha escisión en Sobrinos de José Pastor, a parte bancaria constituíuse en sociedade anónima e pasou a chamarse [[Banco Pastor]]. Barrié de la Maza, accionista maioritario da nova entidade, cedeulle a presidencia a Ricardo Rodríguez, desempeñando el os cargos de vicepresidente e director xeral. En [[1939]] faleceu Rodríguez Pastor e Pedro Barrié foi nomeado presidente.
 
Foi un dos principais financeiros do bando nacional durante a [[Guerra Civil Española]], motivo polo cal [[Francisco Franco|Franco]] concedeulle importantes privilexios. O 5 de decembro de 1938, xunto con [[Julio Muñoz Aguilar]], gobernador civil da Coruña, promoveu a adquisición mediante unha suscrición popular da finca do [[Pazo de Meirás]], que fora de [[Emilia Pardo Bazán]], para convertela en residencia de verán do xeneral Franco.
 
En 1937 asumiu a presidencia da Sociedad General Galega de Electricidad, creando a partir dela en [[1943]] a empresa de electricidade [[Fenosa (1942)|Fuerzas Eléctricas del Noroeste S.A. (FENOSA)]], hoxe [[Gas Natural Fenosa]], e desde [[1939]] ata [[1971]] dirixiu o principal banco de [[Galicia]] ([[Banco Pastor]]), participando así no desenvolvemento económico de [[Galicia]].