Hermandad Gallega de Venezuela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Venezuela mediante HotCat
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{En uso}}
{{Cómpren coordenadas}}{{sen imaxe}}{{Sen notas}}
 
A '''Hermandad Gallega de Venezuela''' foi creada o 12 de outubro de 1960 ao fusionarse os tres centros galegos existentes nese momento en [[Caracas]]. Os seus fundadores foron tres, un por cada centro: Ángel Feijoo González (Casa de Galicia), Baldomero Gallego Figueiras (Lar Gallego) e Vicente Barcia Portela (Centro Gallego).
 
Os seus símbolos son a [[bandeira]], o [[Escudo de Galicia|escudo]] e o [[Os Pinos|himno]] de Galiza.
Liña 7:
== Historia ==
 
Nun primeiro momento, o centro a pesares de ser consecuencia dunha fusión, tiña como característica a conservación das propiedades individuais que tivera cada unha das tres asociacións e contaba con 800 socios. Estes eran emigrantes e, en menor medida, exiliados do após-[[Guerra Civil Española|Guerra Civil]], varios dos cales voltaronvolveron a Galiza do exilio americano entre os principios dos 60 finais dos 70 para desenvolveren ou apoiaren proxectos culturais ou empresariais na metrópole, como aconteceu cos fundadores do grupo cerámico, artístico e editorial de [[Sargadelos]].
 
A Hermandad Gallega en Caracas presentou unha rede institucional na que actuaron axentes da esquerda e do nacionalismo, entre os cales destacaron polas súas actividades literarias, [[Farruco Sesto Novás]] e Xosé Sesto López, da [[Unión do Povo Galego|UPG]].
Liña 31:
Foi no ano 62 cando adquiriu a súa primeira propiedade, razón pola cal creceu tanto. Esta sede era o antigo club “Casablanca”, unha asociación deportiva que tivera problemas económicos, situada na Avenida Principal Maripérez (nome polo cal coñécese hoxe en día). Ocupa unha parcela de 22,000 metros cadrados e, entre outros, alberga varios espazos: despachos e oficinas, salas de reunións, salón de actos, salón de xogos, restaurantes e bares, almacéns, colexio, teatro e aparcamento.
 
Anos máis tarde, no 78, adquiriron os terreos de “Valle Fresco”, situados ao exterior da capital, onde construíron un grande complexo deportivo e recreativo que ocupa 40 hectáreas. Alberga campos de fútbol e de fútbol sala, pistas de tenis, restaurante, bar, áreas de espallamento, servizos hixiénicos, parques infantís, salón de reunións, capela, etc. Nela realízanse diferentes celebracións como a festa de San Xoán, o [[Magosto]] ou o Santiago Apóstolo, entre outras.
 
== Actividades ==
Liña 41:
No ano 1960, creouse un programa de radio chamado “Sempre en Galiza” que se emitiu, e se sigue emitindo, todos os domingos ás 11 da mañá. A súa emisora cambiou de Radio Suave a, a actual, Radio Continente. O seu obxectivo é difundir a cultura galega, a venezolana e a española ademais de informar sobre as actividades levadas a cabo pola Hermandad ou sobre acontecementos de Galiza ou España.
 
Contan con varios grupos folclóricos centrados na danza, no canto e no aprendizaxe instrumental da gaita. Por exemplo, unha agrupación de danza é “Lonxe da terriña”, fundada no ano 1975 cun número aproximado de 40 compoñentes divididos en gaiteiros e bailaríns.
 
Unha das actividades culturais máis importantes que desenvolve dende a súa fundación é a actividade editorial. Por exemplo, ao ano de ser creada, en 1961, comeza a publicar mensualmente ''Aires da terra'' onde se informa sobre as actividades da sociedade, sobre a cultura galega e as veces sobre economía. Publicábase en castelán e era gratuíta. Mentres que [[Celso Emilio Ferreiro]] colaborou coa Hermandad, foi o director de ''Galicia en Caracas'', unha publicación que se creou en xullo de 1967 para celebrar os 400 anos da capital emitindo soamente un número. Estaba escrita enteiramente en galego e ademais contou coa participación de autores tan importantes como [[Camilo José Cela]], [[Ramón Otero Pedrayo|Otero Pedrayo]] ou Xosé Sesto López. Unha das publicacións máis importantes que editou a asociación foi o xornal ''Irmandade'' o cal fundouse o 1 de marzo de 1965 e cesou a súa actividade en outubro de 1972, a pesar de que volveu a editarse en diferentes anos en formato de revista. Contou coa dirección de [[Celso Emilio Ferreiro]] e coa reprodución de artigos de [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao|Castelao]], [[Ramón Otero Pedrayo|Otero Pedrayo]], [[Xosé Luís Méndez Ferrín|Méndez Ferrín]] ou [[Eduardo Blanco Amor|Blanco Amor]], entre outros. Este diario estaba escrito tanto en galego como en castelán, con predominio de este último e informaba sobre as actividades da sociedade, así como trataba temas sobre diversos aspectos da actualidade e da cultura galega.
 
Contan cunha ampla biblioteca con máis de 50, 000 volumes.
 
Ademais, actualmente seguen activas instalacións como o colexio Castelao e o teatro Rosalía de Castro. O primeiro fundouse no ano 62 e a día de hoxe imparten a educación primaria, secundaria e o bacharelato ademais de dar clases de literatura e lingua galega e charlas e conferencias referentes á cultura galega. Conta con máis de 600 alumnos. O teatro (situado na sede central de Maripérez), creado 30 anos máis tarde, foi un dos teatros máis modernos e funcionais do país cun aforo de 700 butacas.
 
Alén disto a Hermandad realiza outras actividades como cursos de pintura ou fotografía, exposicións, conferencias, concertos, cursos de baile e gaita, cursos de lingua galega, etc.
 
=== Actividades deportivas ===
 
Presentan unha gran variedade de actividades deportivas como xadrez, tenis, frontón, fútbol, voleibol, baloncesto, etc.
 
Todos os equipos participan en campionatos internos, propios da Hermandad Gallega, e en torneos nacionais.
Liña 62:
 
Existe tamén un Comité de Damas que se encarga de actividades sociais e de atención para os necesitados. Realizan diversas actividades como colectas, visitas a clínicas e hospitais e contribucións monetarias para o sustento de necesitados.
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
 
* Capítulo “Venezuela” por Xosé Ramón Campos Álvarez (páginapáxina 673) ''Asociacionismo Galega no exterior'' Tomo 1, Carlos Sixirei Paredes, Xosé Ramón Álvarez, Enrique Fernández Martínez. XUNTAXunta DEde GALICIAGalicia
== Bibliografía ==
* Capítulo 4,.3,.2,.1, “Os enclaves americanos”, Tese de doutoramento [https://dspace.usc.es/bitstream/10347/2858/1/9788498874549_content.pdf ''O processo de contruçom do sistema literário galego entre o franquismo e a transiçom (1974-1978). Margens, relaçons, estrutura e estratégias de planificaçom cultural,''] de Roberto López-Iglésias Samartim. https://dspace.usc.es/bitstream/10347/2858/1/9788498874549_content.pdf
 
=== Ligazóns externas ===
* Capítulo “Venezuela” por Xosé Ramón Campos Álvarez (página 673) ''Asociacionismo Galega no exterior'' Tomo 1, Carlos Sixirei Paredes, Xosé Ramón Álvarez, Enrique Fernández Martínez. XUNTA DE GALICIA
* Capítulo 4,3,2,1, “Os enclaves americanos”, Tese de doutoramento ''O processo de contruçom do sistema literário galego entre o franquismo e a transiçom (1974-1978). Margens, relaçons, estrutura e estratégias de planificaçom cultural,'' de Roberto López-Iglésias Samartim. https://dspace.usc.es/bitstream/10347/2858/1/9788498874549_content.pdf
* Páxina web Hermandad Gallega de Venezuela: http://www.lahermandadgallega.gal/
* Páxina de {{facebook da Hermandad Gallega de Venezuela: https://es-la.facebook.com/|HermandadGallegaVenezuela}}
 
[[Categoría:VenezuelaCentros galegos no mundo]]
[[Categoría:Galegos de Venezuela]]