Pé de hórreo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m →‎Deseño: Arranxos varios using AWB
Liña 15:
As diferentes zonas de espallamento do [[hórreo]] e dos [[Celeiro (construción)|celeiros]] elevados (Galiza, [[Norte de Portugal]], [[Asturias]], [[León]], [[Inglaterra]] etc) fan que existan diferentes deseños, que van dos máis primitivos aos máis formais. O esteo varía dende formas cilíndricas, rectangulares (os máis formais), a case triangulares (moitos en Inglaterra ou os de madeira do tipo asturiano). O máis común é o uso do granito, mais tamén atopamos pés feitos en [[cachotaría]] de xisto. Mentres o esteo pode ser de madeira, o tornarratos é sempre de pedra ([[xisto]], [[lousa]] ou [[granito]]) e tamén pode consistir nunha simple laxe horizontal, até artísticos traballos de cantaría nos hórreo máis evoluídos, semellantes as moas do muíño (de aí o nome de moa ou ''mó''). A parte superior do tornarratos acostuma ser plana porque nela apoian as [[trabe]]s.
 
Estas estruturas seguen a ser moi comúns en Galiza e Asturias, porén case desapareceron en zonas coma o [[País Vasco]] ou [[Inglaterra]]. No sur de Inglaterra foron estruturas moi comúns no [[século XVIII]]; os materiais usados dependían da dispoñibilidade local, coma ocorre nos hórreos galegos. Algúns destes celeiros ingleses tiñan moitos esteos, como é o caso do celeiro de [[Reigate]], á beira dun [[muíño]]. <ref>Bryan, Anthony (2006). ''Francis Frith's Windmills & Watermills''. Pub. Frith Collection. ISBN 0-7537-1404-3. p. 91.</ref>
 
== Función ==