Respiración celular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
m →‎Respiración aeróbica: Arranxos varios, replaced: osíxenoosíxeno using AWB
Liña 18:
[[Ficheiro:Respiracion balance 1 miguelferig.jpg|miniatura|dereita|350 px|Balance enerxético da respiración aeróbica dunha molécula de glicosa.]]
 
A '''respiración aeróbica''' é un proceso metabólico que consiste en oxidar os nutrientes e obter enerxía deles en forma de ATP, para o cal se require [[Osíxeno (elemento)|osíxeno]]. Poden ser procesados e consumidos como fonte de enerxía os [[carbohidrato]]s, [[lípido]]s, e [[proteína]]s, que acaban sendo completamente oxidados e reducidos a dióxido de carbono e auga, que son os produtos finais da respiración. Nalgúns raros casos (en bacterias) poden oxidarse substancias inorgánicas na respiración aeróbica. Nos eucariotas a respiración celular aeróbica ten lugar nas mitocondrias, aínda que a fase previa [[glicólise|glicolítica]] é [[citosol|citosólica]]. Nas bacterias ten lugar no seu citosol e membrana <ref name="Lehninger">{{Cita libro|autor=Lehninger A.|título= Principios de Bioquímica.|editor= Omega.|ano= 1988.|páxinas=397-445| isbn= 84-282-0738-0}}</ref>.
 
Os electróns que perden os substratos durante a súa degradación oxidativa respiratoria son recollidos por [[coencima]]s, que os cederán á [[cadea de transporte electrónico]] e como resultado vaise producir ATP durante a [[fosforilación oxidativa]]. Tamén se producen pequenas cantidades de ATP nas fases previas ([[glicólise]]) e no [[ciclo de Krebs]] por medio de [[fosforilación a nivel de substrato|fosforilacións a nivel de substrato]]. Globalmente, os electróns que perderon os substratos durante a súa oxidación acaba por recollelos o osíxeno ao final da cadea de transporte electrónico, xa que funciona como aceptor final de electróns.