Braquiópodos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
m →‎Anatomía: Arranxos varios, replaced: osíxenoosíxeno using AWB
Liña 40:
Os braquiópodos presentan as seguintes características anatómicas:
* O [[sistema nervioso]] non está moi ben desenvolvido. Algúns semellan telo no interior da [[epiderme]] e outros baixo ela. Consta dun anel nervioso periesofáxico conectado ao [[ganglio]] subesofáxico, do que saen [[nervio]]s cara ao manto, e co supraesofáxico, do que saen os nervios que percorren os lofóforos.
* O [[sistema circulatorio]] posúe dous líquidos que interveñen na circulación: o [[sangue]] e o líquido do celoma. O sangue contén [[hemeritrina]] que é un [[pigmento]] respiratorio que axuda a recoller e liberar [[Osíxeno (elemento)|osíxeno]]. O líquido do celoma circula grazas a acción duns cilios e flaxelos situados no [[peritoneo]]. Existe unha vesícula pulsátil que latexa lentamente e que está no vaso medio dorsal. Este vaso se divide en ramas que chegan ata cada tentáculo.
* O [[aparato dixestivo]] é máis ben sinxelo, comezando na boca á que chegan as partículas de alimento englobadas nun [[mucus]]. O alimento continúa polo [[esófago]] e mediante movementos peristálticos chega ao [[estómago]], que ten sobre a súa parede un [[fígado]]. A continuación hai un [[intestino delgado]] que remata nun [[cego]] ou as veces nun [[Ano (anatomía)|ano]].
* O [[Excreción|aparato excretor]] formado por [[nefridio]]s do tipo metanefridio, que fan tamén o papel de [[gonoduto]]s . Os nefrostosmas están suxeitos ao tubo dixestivo e a parte tubular do nefridio remata nun [[nefridióporo]].