Magnetosfera: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎Estrutura: Arranxos varios, replaced: osíxenoosíxeno using AWB
Liña 6:
== Estrutura ==
[[Ficheiro:Magnetosfera.gif|miniatura|220px|Diagrama creado poa [[NASA]].]]
A magnetosfera forma parte da exosfera, a parte máis externa e amplia da atmosfera terrestre. Comeza a uns quiñentos quilómetros de altitude, por cima da [[ionosfera]], onde as partículas ionizadas da atmosfera interaccionan con maior intensidade co campo magnético terrestre. A magnetosfera interacciona co vento solar nunha rexión denominada [[magnetopausa]] que se atopa a uns 60.000  km da Terra en dirreción Terra-Sol e a moita maior distancia na dirección oposta. Por diante da magnetopausa atópase a superficie de choque entre o vento solar e o campo magnético. Nesta rexión o plasma solar fréase rapidamente antes de ser desviado polo resto da magnetosfera. As partículas cargadas do vento solar son arrastradas polo campo magnético sobre os polos magnéticos dando lugar á formación de auroras polares, boreais no hemisferio norte a austrais no sur. No lado iluminado as liñas de campo defórmanse e alónganse co vento solar acadando un tamaño de 300.000  km en dirección oposta ao Sol.
 
A uns poucos millares de quilómetros da superficie terrestre atópase unha rexión no ecuador magnético no que moitas das partículas cargadas son atrapadas e aceleradas formando os [[cintos de Van Allen]] ou cintos de radiación.
 
Algúns científicos pensan que sen a magnetosfera, a Terra tería perdido a maioría de auga da atmosfera e os océanos no espazo, debido ao impacto de partículas enerxéticas que disociarían os átomos de [[hidróxeno]] e [[Osíxeno (elemento)|osíxeno]] permitindo escapar os lixeiros átomos de hidróxeno, polo que o plante se parecería moito máis a Marte. Estímase que este puido ser un factor importante na perda de auga da atmosfera primitiva marciana.
 
== Historia ==