Petróleo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Arranxiño.
m Arranxos varios, replaced: osíxenoosíxeno using AWB
Liña 4:
[[Ficheiro:OilCleanupAfterValdezSpill.jpg|miniatura|250px|Limpeza de resíduos petrolíferos]]
{{Commons|Category:Petroleun|Petróleo}}
O '''petróleo''' (do latín ''petra'', pedra + ''oleum'', aceite), tamén chamado '''[[cru]] de petróleo''', é un [[líquido]] natural que se atopa en formacións na [[Terra]] consistindo nunha complexa mestura de compostos orgánicos, maiormente [[hidrocarburo]]s. Os outros constituíntes son [[composto orgánico|compostos orgánicos]] contendo elementos químicos como [[nitróxeno]], [[xofre]], [[Osíxeno (elemento)|osíxeno]] (chamados xenericamente de compostos NSO) e [[Metal (material)|metais]], principalmente [[níquel]] e [[vanadio]].
 
O petróleo no [[estado líquido]] é unha substancia oleosa, inflamable, xeralmente menos densa que a [[auga]], cun cheiro característico e coloración que pode variar desde o incoloro ou castaño claro ata o negro, pasando por verde e marrón.
 
O petróleo é un [[recurso natural]] non renovable, e tamén actualmente a principal fonte de [[enerxía]]. Del extráense variados produtos, sendo os principais: bencinas, óleo diésel, gasolina, [[alcatrán]] e [[polímeros]] plásticos.
 
O petróleo, debido á súa importancia económica e estratéxica, é a principal fonte de renda de moitos países, especialmente no [[Oriente Medio]]), leva xa provocado moitas guerras. Del xa foi dito que "move o mundo".
Liña 33:
 
* Hidróxeno en exceso
:O petróleo componse principalmente de mesturas de hidrocarburos moi ricos en hidróxeno (m-alcanos). Non sería posible a súa formación a partir de detritos orgánicos, estes últimos coincidentes coa formación de m-alcenos. Sir Robert Robinson (Premio Nobel de Química) concluíu que o petróleo é un material primario ao cal se lle engadiron bioprodutos posteriormente.
 
* Bioloxía