Caronte (lúa): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Brathxa (conversa | contribucións)
m ligazón
Liña 5:
== Descuberta de Caronte ==
[[Ficheiro:Charon Discovery.jpg|dereita|miniatura|Imaxe onde se atopou Caronte, é a zona irregular que sobresae na parte superior da imaxe esquerda.]]
Caronte foi descuberto o [[22 de xuño]] de [[1978]] polo astrónomo do [[Observatorio Naval dos Estados Unidos|Observatorio Naval]] dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] James W. Christy, que notou algo moi peculiar nas imaxes de Plutón obtidas co telescopio do observatorio de [[Flagstaff, Arizona|Flagstaff]]. As imaxes obtidas presentaban a Plutón cunha forma lixeiramente alargada, mentres que as estrelas que aparecían na mesma fotografía non presentaban esa distorsión.
 
Unha comprobación no arquivo do observatorio revelou que algunhas das outras imaxes tomadas baixo excelentes condicións de [[seeing|visibilidade]] tamén mostraban este alargamento, aínda que a maioría non. Este efecto podía explicarse se existía outro obxecto orbitando periodicamente arredor de Plutón que non fora moi grande como para ser [[Resolución óptica|resolto]] polo telescopio.