Henrique VII de Inglaterra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo
m Arranxos varios using AWB
Liña 35:
|firma =
}}
'''Henrique VII de Inglaterra''', nado o [[28 de xaneiro]] de [[1457]] e finado o [[21 de abril]] de [[1509]], foi [[rei de Inglaterra]] e [[señor de Irlanda]] desde o [[22 de agosto]] de [[1485]] ata a súa morte, fundou a [[Casa de Tudor]].
 
== Nacemento: conexións familiares e dereito ao trono ==
Henrique Tudor naceu no castelo de [[Pembroke]], en [[Gales]], fillo de [[Edmundo Tudor]] e de [[Margarida Beaufort]]. [[Edmundo Tudor]], fillo do matrimonio entre o galés Owen ap Tudur ([[Owen Tudor]]) e [[Catarina de Francia|Catarina de Valois]] víuva do rei [[Henrique V de Inglaterra|Henrique V]]. Edmundo foi apresado por membros da [[dinastía York|casa de York]] durante as [[guerras das Dúas Rosas]], finando un par de meses antes do nacemento de Henrique, o [[1 de novembro]] de [[1456]]. Margarida Beaufort era a neta de [[Xoán Beaufort]], medio-irmán de [[Henrique IV de Inglaterra]]. <ref>Caroline Rogers and Roger Turvey, Henry VII, London: Hodder Murray, 2005</ref>.
 
Se ben Henrique era, por parte da súa nai, descendente do [[rei de Inglaterra]], neste caso a ascendencia era ilexítima: [[Xoán Beaufort]] era fillo natural, e aínda que posteriormente declarado lexítimo durante o reinado de [[Ricardo II de Inglaterra|Ricardo II]], tras o matrimonio dos seus pais, unha lei decretada por [[Henrique IV de Inglaterra|Henrique IV]] impedía o acceso dos Beaufort ao trono inglés.
 
== A loita polo trono ==
Debido á persecución da [[Casa de York]], a familia de Henrique pronto abandonou [[Gales]] pola [[Bretaña]], onde foron acollidos polo [[duque da Bretaña]], [[Francisco II da Bretaña|Francisco II]]. Na [[Bretaña]] creceu e educou como un dos candidatos da [[Casa de Lancaster]] ao trono ocupado nese momento pola [[Casa de York]].
 
No [[1483]] abandonou a [[Bretaña]] para unirse á rebelión do seu curmán [[Henrique Stafford]], duque de Buckingham contra [[Ricardo III de Inglaterra|Ricardo III]]; porén, a vitoria deste último forzou a Henrique a huir precipitadamente a [[Bretaña]], buscando de novo o amparo do [[Francisco II da Bretaña|duque]]. Francisco intentando asociarlle ao ducado ofreceu a Henrique VII comprometerse coa súa filla [[Ana da Bretaña]] para obter unha alianza, poder de Gran Bretaña, pero o matrimonio non lle interesaba. En [[1485]], tras recibir apoio financeiro do duque, e habéndose asegurado un certo apoio galés, Henrique empezou unha nova rebelión ao desembarcar de novo en [[Gales]]; [[Ricardo III de Inglaterra|Ricardo III]] saíu ao seu encontro pero debido a traizón de certos nobres, o seu exército foi incapaz de gañar a [[batalla de Bosworth]], onde o propio [[Ricardo III de Inglaterra|Ricardo]] loitou con valentía e finou o [[22 de agosto]] de [[1485]].
 
Trala [[batalla de Bosworth]], Henrique converteuse en [[rei de Inglaterra]] co nome de Henrique VII e acabou coas [[guerras das Dúas Rosas]].
 
 
=== Descendencia ===
* [[Artur Tudor|Artur]] (n. priorato de St. Swithin, Winchester 20.9.1486 - m. castelo de Ludlow, 2.4.1502), creado duque de Cornualles ao nacer, pero proclamado [[príncipe de Gales]] en [[1489]]; casado con [[Catarina de Aragón]], filla menor dos [[Reis Católicos]].
 
* [[Margarida Tudor|Margarita]] (n. [[Palacio de Westminster]], 29.11.1489 - m. castelo de Methven, Perthshire, 24.11.1541), casada sucesivamente con [[Xacobe IV de Escocia]], con [[Archibald Douglas, VI conde de Angus]] e rexente de Escocia -este matrimonio foi anulado en [[1527]]-, e con Henrique Estuardo, Lord Methven.
 
* [[Henrique VIII de Inglaterra|Henrique VIII]] (n. [[Palacio de Greenwich]], 28.6.1491 - m. [[Palacio de Whitehall]], Londres, 18.2.1547), duque de York, á morte do seu irmán máis vello (1502), pasa a ser o herdeiro ao trono.
 
* Isabel (n. [[Palacio de Westminster]], 2.7.1492 - m. [[Palacio de Eltham]], 14.9.1495).
 
* [[María Tudor, duquesa de Suffolk|María]] (n. [[Palacio de Richmond]], 18.3.1496 - m. Westhorpe Hall, 24.6.1533), casada primeiro con [[Luís XII de Francia]], e logo con [[Charles Brandon]], duque de Suffolk.
 
* Edmundo (n. [[Palacio de Greenwich]], 21.2.1499 - m. Hatfield, 19.6.1500), duque de Somerset.
 
* Catarina (n. e m. [[Torre de Londres]], 2.2.1503).