Proteus anguinus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 29:
== Anatomía ==
[[Ficheiro:P anguinus-head.jpg|esquerda|miniatura|Cabeza de ''Proteus''.]]
O corpo do proteo é parecido ao dunha [[serpente]], de entre 20 e 30 [[centímetro|cm]] de lonxitude, con algúns especimes que atinguen os 40  cm. O tronco é cilíndrico, de grosor uniforme, e segmentado con sucos espazados regularmente. A cola é relativamente curta, lateralmente aplanada, e rodeada por unha aleta delgada. As extremidades son pequenas e delgadas, cun número reducido de dedos comparado con outros [[anfibio]]s: as patas dianteiras teñen tres dedos en vez dos catro normais, e as traseiras teñen só dous dedos. O seu corpo está cuberto por unha capa de [[pel]] fina, que contén unha pequena cantidade do [[pigmento biolóxico|pigmento]] [[riboflavina]], o cal pode ser amarelo, branco ou rosado. Os órganos internos poden verse a través da pel do abdome. Ten unha pigmentación da pel parecida á da pel humana "branca", polo que nalgunhas linguas se lle chama "peixe humano". Porén, a pel do proteo conserva a capacidade de producir [[melanina]], polo cal cando é exposto á luz, a súa pel se torna escura, e isto tamén pasa, ás veces, coas súas crías. A súa testa é piriforme (forma de pera), o fociño é aplanado dorsoventralmente. A abertura da boca é pequena, con dentes diminutos que forman unha especie de peneira para reter partículas máis grandes dentro da boca. As ventas do nariz son tan pequenas que case non son visibles, pero sitúanse lateralmente preto do final do fociño. Os ollos están cubertos por unha capa de pel. O proteo respira por [[branquia]]s externas que se parecen a plumas e que saen desde os lados ao final da súa cabeza. A cor destas branquias é vermella debido á súa riqueza de vasos sanguíneos que extraen oxíxeno da auga na que habita. Ten tamén [[pulmón]]s rudimentarios, mais o seu papel na respiración é só accesorio. Os sexos son moi similares, con machos que teñen unha [[Cloaca (zooloxía)|cloaca]] algo maior ca as femias.
 
=== Órganos sensoriais ===
Liña 51:
O [[desenvolvemento embrionario]] dura 140 días, e acada a [[madurez sexual]] aos 14 anos. As [[larva]]s teñen o aspecto do adulto despois de case catro meses, a duración do desenvolvemento está estreitamente relacionada coa temperatura da auga.<ref name="DUR02">Durand J.P. & Delay B. (1981). ''Influence of temperature on the development of ''Proteus anguinus'' (Caudata: Proteidae) and relation with its habitat in the subterranean world'' (en inglés). Journal of Thermal Biology '''6'''(1): 53–57.</ref> Os ovos son [[Fecundación|fecundados]] no interior da femia. Existen observacións históricas non confirmadas de [[viviparismo]], pero está confirmado que os seus ovos teñen unha cuberta similar á dos ovos de peixe e doutros anfibios producida por unha glándula da femia.<ref name="ALJ01">Aljančič M., Bulog B. et al. (1993). ''Proteus&nbsp;– mysterious ruler of Karst darkness''. Ljubljana: Vitrium d.o.o.</ref> Creuse durante moito tempo que a femia daba a luz parindo crías formadas (ovoviviparismo) cando as temperaturas eran baixas e poñía ovos (oviparismo) cando as temperaturas eran máis altas, pero rigorosas observacións non confirmaron isto. O proteo parece ser, pois, [[ovíparo]].<ref>{{Cita libro|autor=Sever, David M.|year=2003|title=Reproductive biology and phylogeny of Urodela|publisher=Science Publishers|page=449|isbn=1578082854}}</ref> A femia pon ata 70 ovos, cada un duns 12 [[milímetros]] de diámetro, e colócaos entre as rochas, onde permanecen baixo a súa protección. As [[larva]]s teñen 2 centímetros de longo cando eclosionan e viven o primeiro mes da xema do ovo almacenado nas células do seu sistema dixestivo.<ref name="AA01">Aljančič G. and Aljančič M. (1998). ''Žival meseca oktobra: Človeška ribica (Proteus anguinus)'' (en esloveno) <nowiki>[</nowiki>''Olm''<nowiki>]</nowiki>. Proteus '''61'''(2): 83–87.</ref>
 
O animal non experimenta [[Metamorfose (bioloxía)|metamorfose]] e conserva características larvarias (un atraso somático) no estadio adulto, pero posúe madurez reprodutiva, é dicir, chega á madurez reprodutiva mentres que conserva a morfoloxía do estado larval. Noutros anfibios, a metamorfose é regulada pola [[hormona]] [[tirosina]], excretada pola [[glándula tiroide]].
 
Nada como unha [[Anguillidae|anguia]] ondulando o seu corpo, axudándose só polas súas pouco desenvolvidas patas. É un depredador que se alimenta de pequenos cangrexos, caracois e, de cando en vez, de insectos. Non mastiga o seu alimento, senón que o traga enteiro. É resistente á fame a longo prazo, unha adaptación ao seu hábitat subterráneo. Pode consumir cantidades grandes de alimento nunha inxesta e almacenar os nutrientes como depósitos de [[lípido]]s e [[glicóxeno]] en no [[fígado]]. Cando o alimento é escaso, reduce a súa [[actividade metabólica]], e pode tamén reabsorber os seus propios tecidos en casos extremos. Os experimentos controlados demostraron que poden sobrevivir ata 10 anos sen alimento.<ref name="BUL02">Bulog B. (1994). {{lang|sl|''Dve desetletji funkcionalno-morfoloških raziskav pri močerilu (Proteus anguinus, Amphibia, Caudata)''}} (en esloveno) <nowiki>[</nowiki>''Dos décadas de investigación morfológicofuncional sobre el proteo (Proteus anguinus, Amphibia, Caudata'')<nowiki>]</nowiki>. Acta Carsologica XXIII/19.</ref>
Liña 59:
A reprodución observouse soamente en cativerio ata agora. Os machos sexualmente maduros teñen cloacas inchadas, unha cor de pel máis brillante, dúas liñas no lado da cola, e aletas levemente rizadas. Non se observou ningún destes cambios nas femias. O macho pode comezar o [[cortexo sexual|cortexo]] mesmo sen a presenza dunha femia. Persegue a outros machos lonxe da área elixida, e pode entón segregar unha [[feromona]] para atraer femias. Cando a femia se achega, o macho da voltas arredor e abánaa coa súa cola. Entón comeza a tocar o corpo da femia co seu fociño, e a femia correspóndelle tocando a súa cloaca co fociño. Neste momento el comeza un movemento progresivo e convulsivo, e a femia o segue. Despois el deposita os espermatozoides na cloaca da femia, onde se produce a fertilización dos ovos. Este ritual de cortexo pode repetirse varias veces durante un par de horas.
 
A [[lonxevidade]] destes animais estímase en ata 58 anos <ref> Noellert A., Noellert C. (1992). Die Aphibien Europas. Franckh-Kosmos Verlags GmbH & co., Stuttgart.(German) </ref>. Algúns espécimes en catividade, en condicións seminaturais, viviron 70 anos ou máis.
 
== Taxonomía ==
Liña 66:
=== O ''Proteus'' negro ===
[[Ficheiro:P anguinus parkelj-head.jpg|miniatura|200px|dereita|O ''Proteus'' negro, unha subespecie con cabeza máis curta e ollos máis desenvolvidos.]]
O '''''Proteus'' negro''' (''Proteus anguinus parkelj'' <small>Sket & Arntzen, 1994</small>) é a única subespecie recoñecida do proteo, [[endemismo|endémica]] das augas subterráneas da área de [[Črnomelj]], [[Eslovenia]], duns 100 km<sup>2</sup>. <ref name="ZSLO01">Sket B. ''et al.'' (ed.) (2003). {{lang|sl|''Živalstvo Slovenije''}} (''The animals of Slovenia''). Ljubljana: [[Tehniška založba Slovenije]]. ISBN 86-365-0410-4.</ref>
 
Ten varias características diferentes das da subespecie [[especie tipo|tipo]], que se comparan na táboa:<ref name="SA01">Sket B. & Arntzen J.W. (1994). ''A black, non-troglomorphic amphibian from the karst of Slovenia: Proteus anguinus parkelj n. ssp (Urodela: Proteidae)''. Bijdragen tot de Dierkunde '''64''':33–53.</ref>