Comisión Internacional sobre Estratigrafía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Arranxo de parámetros nas referencias
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
A '''Comisión Internacional sobre Estratigrafía''' (en inglés, ''International Commission on Stratigraphy'', ICS) é un importante comité científico, dentro da [[Unión Internacional de Ciencias Xeolóxicas]] (IUGS), que se ocupa da [[estratigrafía]], [[xeoloxía]] e [[Xeoloxía histórica|xeocronoloxía]] a escala mundial. É esencialmente unha subcomisión que traballa permanentemente e que se reúne con bastante frecuencia, ademais das reunións cuadrienais previstas pola IUGS.
 
== Obxectivos ==
Entre os seus principais obxectivos está o de definir as unidades globais (sistemas, series e pisos) da táboa cronoestratigráfica internacional que, á súa vez, son a base para as unidades (períodos, épocas e idades) da [[escala de tempo xeolóxico]] internacional; e, polo tanto, de establecer estándares globais para a escala fundamental para expresar a [[historia da Terra]].<ref>[http://www.stratigraphy.org/ International Commission on Stratigraphy] Web oficial. {{en}}</ref> É un proxecto iniciado en 1974, para establecer un estándar multidisciplinar e unha [[Escala de tempo xeolóxico]] que facilitará as comparacións [[paleontoloxía|paleontolóxicas]] e [[Xeobioloxía|xeobiolóxicas]] entre diferentes rexións. Para iso establecéronse patróns obtidos con criterios estratigráficos rigorosos e coa axuda do rexistro fósil, denominados ''seccións e puntos de estratotipos de límite globais'' (GSSP).
 
A comisión tamén publica varios relatorios e atualizacións estratigráficas, como a ''Táboa Estratigráfica Internacional''.<ref>{{cita web|url=http://www.stratigraphy.org/column.php?id=Chart/Time%20Scale|título=Chart/Time Scale|autor=International Commision on Stratigraphy|data=|publicación=stratigraphy.org|dataacceso=4/12/2012}} {{en}}</ref> <ref>{{cita web|url=http://www.igeologico.sp.gov.br/ler_noticia.asp?id=418|título=Tradução Oficial da Tabela Estratigráfica Internacional |autor=Instituto Geológico|data=|publicación=igeologico.gov|dataacceso=4/12/2012}} {{pt}}</ref>
 
== Publicacións ==
A ICS edita as revistas periódicas ''Lethaia'' (en colaboración coa [[Asociación Paleontolóxica Internacional]]), ''Episodes'' (sobre a actividade científica da IUGS), ''Stratigraphy'', ''Geoarabia'' (xeoloxía do petróleo), ''Newsletters on Stratigraphy'' e ''Carnets de Géologie / Notebooks on Geology''.
 
== Notas ==