Vagalume: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎Bioloxía e ecoloxía: Arranxos varios using AWB
Liña 39:
 
== Bioloxía e ecoloxía ==
A característica máis distintiva dos lucecús é o seu apareamento ou namoro nocturno, que consiste nunha parola complicada entre os machos e mailas femias. Os machos adoitan facer as beiras cun voo característico mentres emanan secuencias de flashes característicos de cada especie. As femias da mesma especie poden responder con feixes de luz específicos e así o apareamento pode ocorrer.
 
Nas noites cálidas, é posíbel ollar os vagalumes femias a alumar para atraer os machos que voan derredor. Se se senten ameazadas, fechan a luz. Xeran a luz grazas a un órgano especial situado baixo a [[cutícula (artrópodos)|cutícula]] ([[ectodérmico]]), situado na parte inferior do [[abdome]], en intervalos de 6 a 8 segundos. Esta luz prodúcese por un proceso de [[oxidación]] da ''[[luciferina]]'' en presenza do [[enzima]] ''[[luciferasa]]'', que ocorre moi axiña. Este proceso recibe o nome de [[bioluminescencia]] e emite unha luz brillante con pouca elevación da temperatura. Algunhas especies emanan a luz con esquemas definidos de variación nos intervalos e o número de flashes.