Parábola (literatura): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Xudía por xudea
m Arranxos varios using AWB
Liña 8:
 
== Historia ==
As parábolas caracterízanse pola expresión de conceptos espirituais. A forma máis coñecida de parábola no [[cristianismo]] é a ''[[Biblia]]'', que contén moitas parábolas. Ademais das xa familiares parábolas de [[Xesucristo]] no ''[[Novo Testamento]]'', como a do bo samaritano e do [[parábola do fillo pródigo|fillo pródigo]]. Dúas parábolas no ''[[Antigo Testamento]]'' son as do cordeiro, narradas por Nathan (''2 Samuel 12:1-9''), e a da muller de Tekoah (Samuel 14:1-13).
 
Tamén na ''Biblia'' se encontra a ''Parábola do servidor que non perdoabs'', que narra a historia dun siervo que non está disposto a perdoar as débedas que os seus vasalos mantiñan con el, mais esperaba a que [[Deus]] lle eximira dos seus erros. A parábola apunta, sobre todo, a que se foi a vontade divina a de perdoar ao deudor, este debe ser igual de tolerante con quen cometen o mesmo erro. Cando o siervo castiga aos seus vasalos, ordenando o seu arresto e execución, Deus enfurécese e multiplica o castigo por "sete veces sete".
 
A [[exexese]] bíblica [[Idade Media|medieval]] tendía a tratar as parábolas de Xesús como alegorías detalladas, con correspondencias simbólicas atopadas para cada elemento nas narrativas breves. Os críticos modernos sosteñen estas interpretacións como inaxeitadas e insostibles.
 
Na época contemporánea hai un novo interese pola parábola moderna, explorando cómo as historias modernas poden ser concibidas como parábolas. Unha parábola contemporánea de metade do [[século XIX]] é a [[Parábola do vidro roto|''Parábola da fiestra rota'']], que expón unha [[falacia]] no pensamento [[economía|económico]].
 
== Características da parábola ==
Unha parábola é unha das formas máis sinxelas da [[narrativa]]. Evoca un ambiente, e describe unha acción e os seus resultados. De cotío involucra a un personaxe que se enfronta a un dilema moral ou realiza unha acción cuestionable, para despois sufrir as consecuencias desa elección. Moitos [[folclore]]s poden ser vistos como parábolas.
 
A parábola prototípica difire do [[apólogo]], en canto é unha historia probable e realista - unha que ten lugar nalgún ambiente familiar da vida. Moitos [[conto de fadas|contos de fadas]] poden ser considerados como parábolas estendidas, agás polo seu entorno [[literatura fantástica|máxico]].
Liña 23:
[[Ficheiro:Plato-raphael.jpg|thumb|150px|[[Platón]], segundo [[Rafael Sanzio|Rafael]].]]
 
Como ocorre coa [[fábula]], a parábola adoita narrar unha acción simple, singular e consistente, sen detalles extraños nin circunstancias que conleven á distracción. Na ''[[A República|República]]'' de [[Platón]], as parábolas, como as que aluden ás sombras na caverna, engloban un argumento [[abstracción|abstracto]] nunha narrativa máis concreta e facilmente aaccesible.
 
No prefacio á súa [[tradución]] das ''Fábulas de Esopo'', [[George Fyler Townsend]] definiu "parábola" como "o emprego designado da linguaxe co propósito intencionado de convir un significado oculto e segredo, máis que o que conteñen as palabras en si mesmas, e que pode ou non portar unha referencia especial ao oínte ou lector."
 
Unha parábola é como unha [[metáfora]] que se ampliou algo máis para conformar unha ficción breve e coherente. A diferenza da situación que se presenta cun [[símil]], o signficado paralelo da parábola é silencioso e implícito, aínda que non segredo de forma ordinaria.
 
Se ben as parábolas posúen de cotío un subtexto prescriptivo forte, suxerindo cómo se debe comportar ou cómo debe crer unha persoa, moitas parábolas simplemente exploran un concepto dende un punto de vista neutral. Lonxe de prover unha guía e suxestións da acción correcta na vida, as parábolas ofrecen unha linguaxe metafórica que lle permite á xente discutir máis fácilmente [[idea]]s difíciles ou complexas.
 
A parábola e a [[alegoría]] adoitab ser tratadas como [[sinónimo]]s, mais foron ben diferenciadas por [[Henry Watson Fowler|H.W. Fowler]] no ''Modern English Usage'' (Uso moderno do inglés): "O obxecto en cada unha é iluminar ao oínte presentándolle un caso no que aparentemente non estaba interesado, e sobre o cual deberá obter un xuízo desinteresado da súa parte". Provoca, noutras palabras, que o lector ou oínte caia na conta de que a conclusión se aplica ben de igual xeito ás súas propias preocupacións. A parábola, secasí, é máis condensada que a alegoría: achega un só principio, do que se deducirá unha soa moral.