Paséridos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 15:
}}
 
Os '''paséridos''' (''Passeridae'') son unha [[familia (bioloxía)|familia]] de [[aves]] [[paseriformes]] denominados comunmente '''pardais''', e tamén ás veces '''pardais do Vello Mundo''',<ref name=damisela>''[http://www.damisela.com/zoo/ave/pajaros/passeri/passeridae/index.htm Los Gorriones. Familia ''Passeridae'']'' en Damisela.com.</ref> para diferencialos dos ''pardais do Novo Mundo'', que conforman a familia dos [[emberícidos]].<ref>''[http://www2.ine.gob.mx/publicaciones/libros/329/cardenales.html Gorriones y afines]''. ''Instituto Nacional de Ecología'', México.</ref>
 
A familia componse de 48 [[especie (bioloxía)|especies]] repartidas en 11 [[xénero (bioloxía)|xéneros]], das que a máis coñecida é o [[pardal común]], ''Passer domesticus'', que está adapatada ao hábitat urbano e vive en todos os [[continente]]s, a excepción da [[Antártida]], porque foi introducida polo home na maior parte deles.
Liña 22:
== Características ==
En xeral, os pardais son pequenos paxaros de cor parda agrisada, con cola curta e bico repoludo. As diferenzas entre as distintas especies poden ser moi pequenas, apenas imperceptíbeis para os profanos.
 
Son principalmente [[granívoro]]s, aínda que tamén consomen insectos pequenos. Unhas poucas especies aliméntanse nas [[cidade]]s ou nos seus arredores, como fan tamén as [[gaivotas]] e as [[pombas]]s, e son capaces de comer practicamente calquera cuosa que estea dividida en anaquiños.
 
O tamaño dos membros desta ampla familia vai desde o do [[pardal de Emin]] (''Passer eminibey''),<ref>Así chamado en honra de Mehmet Emin Pacha (nacido Isaak Eduard Schnitzer, e bautizado como Eduard Carl Oscar Theodor Schnitzer (1840-1892), médico, naturalista, explorador e gobernador da provincia exipcia de ''Equatoria'' no alto Nilo; fillo dunha familia xudía alemá, da Silesia prusiana, e bautizado a raíz de que a súa nai, viúva, casada cun luterano; ao ter dificultades para exercer a medicina en Alemaña viaxou a Istambul para poñerse ao servizo do Imperio motomán.</ref> de 11,4 &nbsp;cm de lonxitude e 13,4 g de peso, até o do [[pardal de de bico de papagaio]] (''Passer gongonensis''), de 18 &nbsp;cm e 42 g.
 
Os pardais son fisicamente similares a outras aves que comen [[semente]]s, como as [[Fringillidae|escribentas]], pero teñen unha pluma primaria dorsal vestixial e un óso extra na lingua.<ref>Bledsoe, A. H. e Payne, R. B. (1991): ''Encyclopaedia of Animals: Birds''. (Forshaw, J. ed.). Londres: Merehurst Press. ISBN 1-85391-186-0, p. 222.</ref> <ref>Clement, Peter; Harris, Alan e Davis, John (1993): ''Finches and Sparrows: an Identification Guide''. Princeton, Nova Jersey (EEUU): Princeton University Press. ISBN 0-691-03424-9.</ref>
 
== Taxonomía ==
 
Tradicionalmente os pardais clasificábanse na familia dos '''ploceidos''' (''Ploceidae''), da que constituían unha subfamilia, a dos '''ploceinos''' (''Ploceini''), que comprendía os xéneros ''Passer'', ''Petronia'', ''Carpospiza'', ''Hypocryptadius'' e ''Montifringilla''.
 
Pero segundo a clasificación de referencia (versión 2/3/2009) do ''[[Congreso ornitolóxico internacional]]'', considérase como unha familia á parte (que fora xa bautizadda con este nome por Johann Karl Wilhelm Illiger en 1811), comprendendo os seguintes xéneros:
Liña 56:
** ''[[Plocepasser superciliosus]]''
** ''[[Plocepasser donaldsoni]]''
** ''[[Plocepasser rufoscapulatus]]''
 
* '''Xénero ''[[Histurgops]]''''' <small>Reichenow, 1887</small>
** ''[[Histurgops ruficauda]]''
 
* '''Xénero ''[[Pseudonigrita]]''''' <small>Reichenow, 1903</small>
** ''[[Pseudonigrita arnaudi]]''
** ''[[Pseudonigrita cabanisi]]''
 
* '''Xénero ''[[Philetarius]]''''' <small>A. Smith, 1837</small>
** ''[[Philetairus socius]]''
 
* '''Xénero ''[[Passer]]''''' <small>Brisson, 1760</small>
** ''[[Passer ammodendri]]''
Liña 95 ⟶ 91:
** ''[[Passer euchlorus]]''
** ''[[Passer eminibey]]''
 
* '''Xénero ''[[Carpospiza]]''''' <small>J. W. von Muller, 1854</small>
** ''[[Carpospiza brachydactyla]]''
 
* '''Xénero ''[[Petronia]]''''' <small>Kaup, 1829</small>
** ''[[Petronia petronia]]''
 
* '''Xénero ''[[Gymnoris]]''''' <small>Blyth 1844</small>
** ''[[Gymnoris superciliaris]]''
Liña 107 ⟶ 100:
** ''[[Gymnoris pyrgita]]''
** ''[[Gymnoris xanthocollis]]''
 
* '''Xénero ''[[Montifringilla]]''''' <small>C. L. Brehm, 1828</small>
** ''[[Montifringilla nivalis]]''
** ''[[Montifringilla henrici]]''
** ''[[Montifringilla adamsi]]''
 
* '''Xénero ''[[Onychostruthus]]''''' <small>Richmond, 1917</small> <ref>Segundo ''The Internet Bird Collection'', sobre a base de estudos recientes, algunhas autoridades consideran que a especie ''Montifringilla taczanowskii'' Przevalski, 1876, está o suficientemente diferenciada en comportamiento e xenética molecular dos ''Montifringilla'' como para xustificar a súa colocación nun xénero separado, ''Onychostruthus''; porén, as diferenzas son marxinais, quedando retido este xénero pendente de estudos adicionais.</ref>
** ''[[Onychostruthus taczanowskii]]''
 
* '''Xénero ''[[Pyrgilauda]]''''' <small>Bonaparte, 1850</small>
** ''[[Pyrgilauda davidiana]]''
Liña 123 ⟶ 113:
 
== En Galicia ==
En [[Galicia]] son moi comúns, e sedentarios, ademais do así chamado, o ''[[Passer domesticus]]'', que se distribúe por todo o país até os 1.100 m de altitude, o [[pardal orelleiro]] (''Passer montanus''), tamén sedentario, que habita en campos de cultivo, preto de habitacións humanas, aínda que é máis campestre que a especie anterior. Ademais, hai citas do [[pardal das rochas]] (''Petronia petronia''), que aniña en buratos de rochas e de edificios vellos, e que pode verse sobre todo nas zonas periféricas da nosa terra, especialmente na costa, e o [[pardal das neves]] (''Montifringilla nivalis''), moi raro en Galicia, e que se alimenta de sementes de herbas e tamén de bo número de insectos.<ref>Penas Patiño, Xosé M., Carlos Pedreira López e Calros Silvar (1991): ''Guía das aves de Galicia''. A Coruña: Bahia Edicións. ISBN 84-87674-06-2, pp. 290-293.</ref>
 
== Notas ==