Mesrop Mashtots: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 6:
Mais Mesrop deixa posteriormente a vida na corte para adicarse á [[relixión]], tomou os hábitos, e retirouse a un [[mosteiro]] cuns poucos compañeiros elixidos. Alí, de acordo a Koryun, someteuse a grandes austeridades, soportando a fame e a sede, o frío e a pobreza. Vivía de vexetais, vestía só un cilicio, durmía no chan, e a miúdo pasaba noites enteiras orando e estudando a [[Biblia]]. Continuou con este réxime de vida por uns poucos anos.
 
Armenia foi durante longo tempo campo de batalla entre [[Imperio Romano|romanos]] e [[Persia|persas]], perdendo a súa independencia no ano [[387]] e sendo dividida entre o [[Imperio bizantino]] e a propia [[Persia]], quedando catro quintos do seu territorio dentro dos novos límites persas. O oeste de Armenia foi entón gobernado por xenerais bizantinos, mentres que un rei armenio gobernaba como un súbdito do territorio armenio de Persia. A Igrexa viuse influída por estas políticas, aínda que a perda da [[independencia]] civil e a división do terreo non puideron destruír a súa organización. A persecución relixiosa produciu unha maior actividade, e tivo como efecto o producir unha unión do clero, os nobres e o pobo. Os principais eventos deste período son a invención do [[alfabeto armenio]], a revisión da liturxia, a creación dunha literatura nacional e eclesiástica e o reaxuste das relacións xerárquicas. Tres homes están asociados con ese traballo: Isaac de Armenia, o Rei Vramshapuh, que sucedeu ao seu irmán Cosroes III en [[394]], e Mesrop Mashtots.
 
[[Ficheiro:Mesrop1776t.jpg|thumb|left|190px|Ilustración de Mesrop Mashtots nun manuscrito de 1776.]]
No caso de Mesrop Mashtots, co apoio do príncipe Shampith, adicouse a predicar os [[Evanxeo]]s no distrito de Golthn preto do río Araxes, convertendo a moitos "[[Herexía|herexes]]" e "[[Paganismo|pagáns]]". Con todo, pasou grandes dificultades xa que os armenios non tiñan alfabeto propio: utilizaban as [[alfabeto grego|escrituras grega]], [[Lingua iraniana|persa]] e [[alfabeto sirio|siria]], mais ningunha era adecuada para representar correctamente os numerosos sons da súa lingua nativa. Consideraba que os textos sagrados e a liturxia, escritas en sirio, resultaban para moitos ilexibles, polo que había unha constante necesidade de tradutores e intérpretes.
 
Desexoso de corrixir a situación, Mesrop decidiu inventar un alfabeto nacional, para o cal o rei Vramshapuh e Isaac prometeron asistilo. Resulta difícil determinar exactamente que rol tivo Mesrop Mashtots na creación do novo alfabeto. De acordo cos seus biógrafos armenios, consultou a Daniel, un bispo de [[Mesopotamia]], e a Rufinus, un monxe de Samosata e coa súa axuda puido darlle unha forma definitiva, que probablemente adaptou do grego. Outros, como Lenormant, pensan que foi derivado do Zend. O alfabeto de Mesrob consiste en trinta e seis letras, outras dúas (o O longo e o F) foron agregadas durante o século XII.
 
Ansiando que outros se beneficiasen do seu invento, e incentivado polo patriarca e o rei, Mesrob Mashtots fundou numerosas escolas en diferentes partes do país onde os mozos aprendían o novo alfabeto. Mais a súa actuación non estivo confinada só á Armenia oriental. Provisto de cartas de Isaac, foi a [[Constantinopla]] e obtivo permiso do emperador [[Teodosio o Mozo]] para predicar e ensinar nas súas posesións armenias. Mesrob evanxelizou sucesivamente aos Gregorianos e aos [[Albania|Albanos]] (''Aghouanghks''), adaptando o alfabeto aos seus idiomas e, construíndo nos sitios onde predicaba escolas seleccionando a mestres e sacerdotes para que continuasen a súa labor. Regresando a Armenia Oriental para reportar os resultados das súas misións ao patriarca, pensou por primeira vez en prover aos seus compatriotas de literatura relixiosa. Xuntou numerosos discípulos e enviou algúns a [[Edessa]], [[Constantinopla]], [[Atenas]], [[Antioquía]], [[Alexandría]], e outros centros de aprendizaxe a estudar o idioma grego e traer de regreso pezas mestras da súa literatura. Algúns dos seus máis famosos discípulos foron Xoán de Egheghiatz, Xosé de Baghin, Yeznik, Koryun, Moisés de Chorene ou Xoán Mandakuni.
Liña 23:
A primeira gran obra da literatura armenia foi a versión das [[Biblia]]. Isaac, segundo Mosiés de Chorene, realizou unha tradución da Biblia dun texto sirio cara ao ano [[411]]. Este traballo debeu ser considerado imperfecto, xa que pouco despois Xoán de Egheghiatz e Xosé de Baghin foron enviados a Edessa para traducila. Chegaron até [[Constantinopla]] e regresaron con copias da versión grega. Coa axuda doutras copias obtidas de [[Alexandría]], a Biblia foi traducida, novamente do grego, de acordo co texto da versión do Setenta e a "Hexapla" de Orixes. Esta versión, actualmente en uso na igrexa armenia, foi completada ao redor do ano [[434]].
 
Os decretos dos tres primeiros [[concilio]]s ([[Primeiro Concilio de Nicea|Nicea]], Constantinopla e [[Concilio de Éfeso|Éfeso]]) e a liturxia nacional (até ese entón escrita en sirio) tamén foi traducida ao armenio, sendo a última revisada segundo a liturxia de [[San Basilio]], aínda que retendo algunhas características propias. Moitas obras dos [[Padres da Igrexa|Pais Gregos]] tamén foron traducidas. A perda dos orixinais gregos deu especial importancia a algunhas destas versións; así, a segunda parte das Crónicas de [[Eusebio de Cesarea|Eusebio]], das que só se conservan algúns fragmentos en grego, consérvase íntegro en armenio. Mesrop volveu visitar os sitios que había evanxelizado e, despois da morte de Isaac no ano [[440]], encargouse da administración espiritual do patriarcado. Sobreviviu ao seu mestre e amigo só seis meses. Os armenios len o seu nome no Canon da Misa, e celebran a súa memoria o [[19 de febreiro]]. San Mesrop está soterrado en Oshakan, unha vila a 8  km do suroeste de Ashtarak.
 
== Notas ==
Liña 35:
* [[Historia de Armenia]]
 
{{ORDENAR:Mashtots, Mesrop}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Mashtots, Mesrop}}
[[Categoría:Personalidades da lingüística]]
[[Categoría:Personalidades da teoloxía]]