Xacemento petrolífero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-\|[ ]*[Uu]bicaci[oó]n[ ]*= +|lugar=)
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
{{outroshomónimos|Xacemento}}
Un '''xacemento petrolífero''' ou '''depósito petrolífero''', é unha acumulación natural de [[hidrocarburo]]s no [[Litosfera|subsolo]], contidos en rochas porosas ou fracturadas (denominadas ''rochas almacén''). Os hidrocarburos naturais, como o [[Petróleo|petróleo cru]] e o [[gas natural]], quedan alí retidos por formacións de rochas supraxacentes de baixa permeabilidade.
 
== Formación ==
Liña 8:
Roy Murmi, un conselleiro de Schlumberger,<ref>'''Schlumberger Limited''' é a máis grande sociedade multinacional de servizos petroleiros. Foi fundada en Francia, en 1926, co nome de ''Société de Prospection Électrique'' por dous alsacianos, os irmáns Conrad e Marcel Schlumberger, grazas ás súas ideas innovadoras para detectar diferentes tipos de rochas por condutividade eléctrica.</ref> describiu o proceso da seguinte maneira: «plancto e algas, proteínas e a vida que flota no mar, cando morren, caen ao fondo, e estes organismos son a orixe do petróleo e o gas. Cando se enterran co sedimento acumulado e chegan a unha temperatura adecuada, algo por riba de 50 a 70 °C, comezan a "cociñarse". Esta transformación, este cambio, convérteos en hidrocarburos líquidos que se moven ou migran, chegando a formaren os depósitos de gas e petróleo».<ref>{{cita web | título=The Making of Oil: Birth of a Reservoir | obra= Schlumberger Excellence in Educational Development | url=http://www.planetseed.com/es/node/15289 | dataacceso= 04/08/2012}}</ref>
 
A formación dos xacementos de petróleo ou de gas requiren catro etapas na súa evolución [[Diaxénese|diaxenética]] dentro da [[conca sedimentaria]]: enterro profundo baixo sedimentos, quecemento e presión, migración dos hidrocarburos desde a fonte (''rocha nai'') até unha zona porosa (''rocha almacén'') e seren retidos por rochas impermeábeis (''trampa petrolífera'').
 
Crese que o vale do [[río Ohio]] podería ter tanto petróleo como o que hai en todo o [[Oriente Medio]], pero que escapou pola falta de trampas xeolóxicas que o retiveran; o [[mar do Norte]], no outro extremo, aguantou durante millóns de anos cambios do nivel do mar, proporcionando máis de 150 xacementos petrolíferos.
 
Tamén é importante tomar en consideración o factor tempo.
Liña 30:
=== Rochas almacén ===
[[Ficheiro:AngoumianRudistreef.jpg|thumb|right|Afloramento de [[calcaria]]s formadas por antigos arrecifes de [[Hippuritoida|rudistas]], mostrando a elevada porosidade destas [[facies]].]]
As rochas nas que se acumula o petróleo, ''rochas almacén'', son [[Porosidade|porosas]] e, por tanto, [[Permeabilidade|permeábeis]].
 
A porosidade pode deberse á propia natureza da rocha, sendo as máis comúns as [[areísca]]s —que representan o 59 % das rochas almacén—, algunhas [[calcaria]]s —o 40 %— ou á fractura doutras rochas —o 1 % restante—.<ref name=aguedaetal1977/>
 
Algunhas formacións sedimentarias con [[Bioconstrución|bioconstruciónsbioconstrución]]s fósiles como arrecifes [[Arrecife de coral|coralinos]] ou de [[Hippuritoida|rudistas]], con facies moi porosas, ofrecen bos depósitos petrolíferos.<ref name=aguedaetal1977/>
 
Os [[xeso]]s, as [[marga]]s e as [[lutita]]s son, en principio, impermeábeis, aínda que as lutitas poden seren rochas nai e conteren altas concentracións de hidrocarburos ([[betume|lutitas betuminosas]]).
Liña 56:
=== Bibliografía ===
* Gluyas, J. e Swarbrick, R. (2004): ''Petroleum Geoscience''. Blackwell Publishing. ISBN 978-0-632-03767-4.
* Meléndez, B. e Fuster, J. Mª (1981): ''Geología''. 4ª ed. Madrid: Paraninfo S.A., pp. 325-368&nbsp;325–368. ISBN 84-283-0956-6.
 
=== Outros artigos ===