Río Boyne: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 12:
}}
{{coordenadas|53|43|N|6|15|W|display=title|region:IE_type:river_source:GNS-enwiki}}
O '''río Boyne''' (en [[lingua inglesa|inglés]]: ''River Boyne''; en [[lingua irlandesa|irlandés]]: ''An Bhóinn'' ou ''Abhainn na Bóinne'') é un río de [[Leinster]], [[Irlanda]], cun curso duns 112  km de lonxitude. Nace en Trinity Well, Newberry Hall, preto de [[Carbury]], [[Condado de Kildare]], e corre cara ao nordeste a través do [[condado de Meath]] até o [[Mar de Irlanda]], desembocando ente [[Mornington]] e [[Baltray]]. No río abundan os [[Salmón atlántico|salmóns]] e as [[troita]]s.
 
Pontes a destacar son a que a da [[autoestrada]] M1 e a da liña de [[ferrocarril]] [[Dublín]]-[[Belfast]].
 
A pesar do seu curto percorrido, o Boyne ten connotacións históricas, arqueolóxicas e míticas importantes. A [[Batalla do Boyne]], a maior batalla da [[Historia de Irlanda|historia irlandesa]], tivo lugar polo Boyne preto de [[Drogheda]] en 1690 durante a [[Guerra Guillermita de Irlanda]]. Pasa cerca da antiga cidade de [[Trim]], a [[Hill of Tara]] (a antiga capital do Gran Rei de Irlanda), [[Navan]], [[Slane]], Brú na Bóinne (sitio arqueolóxico), [[Mellifont Abbey]], e a cidade medieval de [[Drogheda]]. Na val do Boyne tamén se poden atopar outros monumentos históricos, en Loughcrew e [[Kells]], cruces celtas, castelos...
 
O río é coñecido deste tempos antiquísimos. O xeógrafo grego [[Ptolomeo]] debuxou un mapa de Irlanda no século II que incluía o Boyne, que chamou ''Βουουινδα'' (Bououinda), que mil anos despois [[Giraldus Cambrensis]] chamaría ''Boandus''. Na [[mitoloxía irlandesa]] dise que o río foi creado pola [[deusa]] [[Boann]] ('raíña' ou 'deusa'), segundo F. Dinneen, lexicógrafo da lingua gaélica irlandesa, sendo Boyne a forma anglicanizada do nome. Noutras lendas, foi neste río onde [[Fionn mac Cumhail]] capturou a Fiontán, o [[salmón da sabedoría]]. A sección sobre Meath do Boyne é tamén coñecida como "Smior Fionn Feidhlimthe"<ref>Dineen: Foclóir Gaedhilge agus Béarla, 1927 ("Smior" - pg 1067, Ed.1996)</ref> (a 'medula de Fionn Feilim').
Liña 42:
 
{{ORDENAR:Boyne}}
 
[[Categoría:Ríos de Irlanda]]
[[Categoría:Ríos da República de Irlanda]]