Tanino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Anxiospermas
m Arranxos varios using AWB
Liña 6:
O termo tanino procede da raíz xermánica ''tanna'', que sigificaba carballo ou abeto (como na canción de nadal alemá ''Tannenbaum'') a través das palabras inglesas ''tan'' e ''tanning'', que se aplicaban ao curtido de [[coiro]] utilizando os taninos do [[carballo]], e máis tarde a palabra tanino usouse no seu sentido químico amplo. Expostos ao aire vólvense escuros e perden efectividade para o curtido. No curtido os taninos reaccionan co [[coláxeno]] das peles, facendo que as moléculas de coláxeno se unan e aumente a resistencia da pel á calor, putrefacción por auga e ataque de microbios.
 
Os taninos están amplamente distribuídos en moitas especies de plantas, onde xogan un papel na protección contra os herbívoros, e quizais tamén como [[pesticida]]s, e na regulación do crecemento das plantas. <ref>{{Cita libro |author=Katie E. Ferrell; Thorington, Richard W. |title=Squirrels: the animal answer guide |publisher=Johns Hopkins University Press |location=Baltimore |year=2006 |page=91 |isbn=0-8018-8402-0}}</ref> A [[adstrinxencia]] dos taninos é a que causa sequidade na boca e a sensación vomitiva ao consumir certos froitos verdes ou algúns viños tintos. <ref>{{Cita libro |author=McGee, Harold |title=On food and cooking: the science and lore of the kitchen |publisher=Scribner |location=New York |year=2004 |page=714 |isbn=0-684-80001-2}}</ref> Da mesma maneira a destrución ou modificación dos taninos co tempo xoga un importante papel na maduración da froita e envellecemento do viño.
 
Os taninos teñen un [[masa molecular|peso molecular]] entre 500 e 3.000 os pequenos<ref name="Bate-Smith">{{Cita libro |author=Bate-Smith and Swain |chapter=Flavonoid compounds |editor=Florkin M., Mason H.S. |title=Comparative biochemistry |publisher=Academic Press |location=New York |year=1962 |pages=75–809 |volume=III}}</ref> ([[éster]]es do [[ácido gálico]]) e ata 20.000 os grandes (proantocianidinas). Os taninos son incompatibles con [[álcali]]s, [[xelatina]]s, metais pesados, [[ferro]], [[solución de hidróxido de calcio]], sales metálicos, axentes oxidantes fortes e [[sulfato de cinc]], xa que forman complexos e prcipitan en solución acuosa.
Liña 26:
A [[evolución converxente]] das comunidades de plantas ricas en taninos tivo lugar en solos ácidos pobres en nutrientes de todo o mundo. Os taninos considerábanse antes como substancias que funcionaban simplemente como defensas antiherbívoros, pero cada vez máis ecólogos recoñecen agora que son importantes controladores dos procesos de descomposición e do ciclo do nitróxeno. Actualmente hai tamén gran interese en coñecer mellor o papel dos polifenois como reguladores do [[ciclo do carbono]], especialmente nos bosques boreais máis ao norte.
 
As follas caídas e outras partes en descomposición da árbore ''kauri'' de Nova Celanda (''[[Agathis australis]]''), descompóñense moito máis lentamente ca as da maioría das outras especies. Ademais da súa acidez, a planta tamén ten substancias como ceras e fenois, fundamentalmente taninos, <ref>Short-term and long-term effects of tannins on nitrogen mineralisation and litter decomposition in kauri (Agathis australis (D. Don) Lindl.) forests. Eric Verkaik, Anne G. JongkindetFrank Berendse, Plant And Soil, 2006, Volume 287, Numbers 1-2, pages 337-345, {{doi|10.1007/s11104-006-9081-8}}</ref> que son nocivos para os [[microorganismo]]s.
 
=== Presenza na auga e na madeira ===
[[Ficheiro:Tannin rich fresh water draining into Cox Bight from Freney Lagoon.jpg|miniatura|Corente de auga doce rica en taninos desembocando en Cox Bight, en [[Tasmania]], [[Australia]].]]
A lixiviación de taninos moi solubles en auga <ref>[http://webcache.googleusercontent.com/search?q=cache:uzG3Ckud3BIJ:en.wikipedia.org/wiki/Tannic_acid+highly+water+soluable+tannin&cd=2&hl=en&ct=clnk&gl=us&source=www.google.com Tannic acid (Wikipedia)]</ref> procedentes da vexetación en descomposición nas correntes fluviais pode producir o que se coñece como [[río de augas negras]]. A auga que flúe nos [[pantano]]s ten unha característica cor escura debido aos taninos de [[turba]] que leva en disolución. A presenza de taninos (ou de [[ácido húmico]]) na auga de pozo pode facer que cheire mal ou teña sabor amargo, pero pódese beber sen perigo. <ref>[http://www.gov.ns.ca/nse/water/docs/droponwaterFAQ_HumicSubstances.pdf Tannins, lignins and humic acids in well water on www.gov.ns.ca]</ref>
 
[[Ficheiro:Bogwood Betta.jpg|miniatura|esquerda|Unha póla de madeira enterrada en pantanos de turba metida no acuario fai que a auga do acuario tome cor de [[té|te]].]]
Os taninos que se lixivian de madeiras non preparadas introducidas como decoración nos acuarios poden facer que baixe o [[pH]] (acidificación) e se coloree a auga da cor do [[té (planta)|té]]. Unha maneira de evitar isto é ferver a madeira na auga varias veces (o cal escurecerá a auga e fará que a madeira non flote), renovando a auga en cada ocasión. Engadir [[bicarbonato de sodio]] á auga acelera este proceso <ref>[http://www.aqualifesupport.com/getArticle.php?ArtID=413 Preparing Driftwood for Your Freshwater Aquarium]</ref>. Usar turba como substrato dun acuario pode ter o mesmo efecto.
 
As madeiras brandas, que teñen en xeral moitos menos taninos ca as duras, <ref>[http://www.springerlink.com/content/lgx433067q0nj328/ Polyflavonoid tannins — a main cause of soft-rot failure in CCA-treated timber]</ref> son as que se recomendan para os acuarios <ref>[http://www.petfish.net/kb/entry/194/ Driftwood Do's & Don'ts]</ref> e as madeiras máis claras teñen menos ca as máis escuras. <ref>[http://www.houserepairtalk.com/f45/carpet-hardwood-floor-8686/ Tannin and hardwood flooring]</ref> As madeiras duras finlandesas, como o [[bidueiro]] e o [[choupo tremedor]] (''Populus tremula'') non conteñen taninos. <ref>[http://www.sciencedirect.com/science?_ob=ArticleURL&_udi=B6TFD-4D8VHX1-5&_user=10&_coverDate=12%2F07%2F2004&_rdoc=1&_fmt=high&_orig=gateway&_origin=gateway&_sort=d&_docanchor=&view=c&_rerunOrigin=google&_acct=C000050221&_version=1&_urlVersion=0&_userid=10&md5=1908f1ed3d0481ea11ce2f6269f18d86&searchtype=a Characterisation of thermally modified hard- and softwoods by 13C CPMAS NMR]</ref>
 
== Clases de taninos ==
Liña 63:
 
=== Pseudotaninos ===
Os pseudotaninos son compostos de baixo peso molecular asociados con outros compostos. A diferenza dos taninos hidrolizables e condensados, non responden á proba da pel usada para bater [[ouro]] (membrana externa do intestino de vaca sobre a que se golpeaba o ouro para facer laminiñas de ouro finas como o papel). <ref name="ref 1" /> Esta proba consiste en que cando a pel intestinal utilizada para bater ouro ou a pel de boi se sumerxe en [[ácido clorhídrico|HCl]] e se trata cunha solución ao 1% de [[sulfato de ferro (II)|FeSO<sub>4</sub>]], despois de lavar con auga dá unha coloración azul ou negra. Encóntranse no [[té]] ou [[café]] <ref>[http://pharmaxchange.info/notes/cognosy/tannins.pdf Tannins, Unknown author]</ref> ou en:<ref>{{Cita libro|author=Ashutosh Kar|title=Pharmacognosy And Pharmacobiotechnology|url=http://books.google.com/books?id=PlMi4XvHCYoC&pg=PA44|accessdate=31 January 2011|year=2003|publisher=New Age International|isbn=978-81-224-1501-8|pages=44–}}</ref>
* [[Ácido gálico]]: [[ruibarbo]] (''Rheum rhabarbarum'')
* [[Flavan-3-ol]] (''Catequinas''): ''[[Acacia]]'', ''[[catechu]]'' (extraído da ''Acacia catechu''), [[Theobroma cacao|cacao]], [[guaraná]]
Liña 70:
 
== Nutrición ==
Os taninos consideráronse tradicionalmente [[antinutriente]]s (substancias que interfiren coa absorción dos nutrientes) pero agora sábese que as súas propiedades como produtos beneficiosos ou antinutricionais dependen da súa estrutura química e dosificación. As novas tecnoloxías utilizadas para analizar estruturas químicas e moleculares mostraron que a división entre taninos condensados e hidrolizables é demasiado simplista. <ref>{{Cita publicación periódica |author=Muller-Harvey I, McAllan AB |title=Tannins: Their biochemistry and nutritional properties |journal=Adv. Plant Cell Biochem. And Biotechnol. |volume=1 |pages=151–217 |year=1992}}</ref> Estudos recentes indican que os produtos que conteñen taninos do [[castiñeiro]] en doses baixas (0,15–0,2 %) poden ser beneficiosos na dieta. <ref>{{Cita publicación periódica |author=Schiavone A, Guo K, Tassone S, ''et al.'' |title=Effects of a natural extract of chestnut wood on digestibility, performance traits, and nitrogen balance of broiler chicks |journal=Poult. Sci. |volume=87 |issue=3 |pages=521–7 |year=2008 |pmid=18281579 |doi=10.3382/ps.2007-00113 |url=http://ps.fass.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=18281579}}</ref>
 
Na nutrición animal, algúns estudos suxiren que os taninos de castiñeiro teñen efectos positivos na calidade do [[ensilado]] (conservación de forraxe por [[fermentación]] láctica) empacado, ao reduciren o nitróxeno non proteico.<ref>{{Cita publicación periódica |author=Tabacco E, Borreani G, Crovetto GM, Galassi G, Colombo D, Cavallarin L |title=Effect of chestnut tannin on fermentation quality, proteolysis, and protein rumen degradability of alfalfa silage |journal=J. Dairy Sci. |volume=89 |issue=12 |pages=4736–46 |date=1 December 2006|pmid=17106105 |url=http://jds.fass.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=17106105 |doi=10.3168/jds.S0022-0302(06)72523-1}}</ref> Tamén se informou dunha mellora da fermentabilidade dos produtos nitroxenados da [[soia]] no [[rume]]. <ref>{{Cita publicación periódica |doi=10.1051/animres:19930210 |author=Mathieu F, Jouany JP |title=Effect of chestnut tannin on the fermentability of soyabean meal nitrogen in the rumen |journal=Ann Zootech |volume=42 |page=127 |year=1993 |issue=2}}</ref> Estudos <ref>{{Cita publicación periódica |author=González S, Pabón ML, Carulla J |title=Effects of tannins on in vitro ammonia release and dry matter degradation of soybean meal |journal=Arch. Latinoam. Prod. Anim. |volume=10 |issue=2 |pages=97–101 |year=2002}}</ref> sobre a liberación de amoníaco ''in vitro'' e a degradación da materia seca da fariña de soia comparando tres tipos de taninos (de ''[[Schinopsis]]'', [[acacia]] e castiñeiro) demostraron que os taninos de castiñeiro son máis eficientes na protección da fariña de soia da degradación ''in vitro'' polas bacterias do rume.
 
Os taninos condensados inhiben a dixestión dos herbívoros ao unírense ás proteínas das plantas inxeridas e faceren a súa dixestión máis difícil, e ao interferiren na absorción das proteínas e cos [[encima]]s dixestivos, o que é unha forma de defensa das plantas contra os herbívoros. Pero os animais teñen medidas de protección contra isto. Moitos dos animais que consomen taninos segregan na súa [[saliva]] unha proteína que se une aos taninos, a [[mucina]]. A capacidade de unión aos taninos da mucina da saliva está directamente relacionada co seu contido en [[prolina]]. As avantaxes de usar proteínas ricas en prolina da saliva (PRPs) para inactivar os taninos son:
Liña 81:
As bebidas máis coñecidas que son fontes de taninos son o [[té]] e o [[viño]], que teñen un importante contido fenólico. Dan unha sensación seca e amarga no padal.
 
O [[café]], malia algúns informes anteriores, non contén taninos. Investigouse o contido de taninos en varias mostras de grans de café e a polpa asociada. Non se encontraron taninos nos grans, e os taninos hidrolizables (sensu stricto) non se detectaron na polpa. A presenza de taninos condensables solubles na polpa de ''[[Coffea arabica]]'' confirmouse que é dun 1%. <ref>{{Cita publicación periódica |author=Clifford M.N., Ramirez-Martinez J.R. |title=Tannins in wet-processed coffee beans and coffee pulp |journal=Food Chemistry |volume=40 |issue=2 |pages=191–200 |year=1991 |doi=10.1016/0308-8146(91)90102-T |url=http://www.sciencedirect.com/science?_ob=ArticleURL&_udi=B6T6R-49NR0X7-1XV&_user=10&_coverDate=12%2F31%2F1991&_rdoc=1&_fmt=high&_orig=search&_sort=d&_docanchor=&view=c&_acct=C000050221&_version=1&_urlVersion=0&_userid=10&md5=b61362d5024028d01bdcef6377c13be8}}</ref>
 
Os [[zume]]s de [[mazá]], [[uva]] e [[baga]]s son ricos en taninos. Ás veces os taninos se engaden a zumes e sidras para crear unha sensación máis adstrinxente no padal.
Liña 92:
[[Ficheiro:Strawberries in white bowl.jpg|thumb|Amorodos.]]
[[Ficheiro:Tannin in Plastic container.jpeg|thumb|right|Taninos en envase plástico.]]
A maioría das [[baga]]s, como os [[arando vermello|arandos vermellos]], <ref>{{Cita publicación periódica |author=Vattem DA, Ghaedian R, Shetty K |title=Enhancing health benefits of berries through phenolic antioxidant enrichment: focus on cranberry |journal=Asia Pac J Clin Nutr |volume=14 |issue=2 |pages=120–30 |year=2005 |pmid=15927928 |url=http://www.nupro.net/science/enhnce%20berry%20phenoli.pdf}}</ref> os [[arando]]s (azuis), e outros froitos como os [[amorodo]]s <ref>{{Cita publicación periódica |author=Puupponen-Pimiä R, Nohynek L, Meier C, ''et al.'' |title=Antimicrobial properties of phenolic compounds from berries |journal=J. Appl. Microbiol. |volume=90 |issue=4 |pages=494–507 |year=2001 |pmid=11309059 |doi=10.1046/j.1365-2672.2001.01271.x |url=http://www.blackwell-synergy.com/links/doi/10.1046/j.1365-2672.2001.01271.x/abs/}}</ref> conteñen taninos hidrolizables e condensados.
 
[[Froito]]s secos como as [[abelá]]s e [[Noz (froito da nogueira)|noces]] conteñen grandes cantidades de taninos. As [[améndoa]]s teñen contidos baixos. <ref>http://google.com/search?q=cache:K-qF4vdf8a8J:www.icomst.helsinki.fi/icomst2008/Paper%2520CD/General%2520speakers%2Bposters-3p%2520papers/Session2/2B/2B.3.Amarowicz.pdf+tannin+%22nuts%22&hl=en&ct=clnk&cd=10&gl=us {{Dead link|date=October 2010}}</ref> As [[landra]]s conteñen conteñen grandes cantidades tamén.
 
Na superficie dos alimentos afumados (peixe, carne) pode haber taninos porque moitas das madeiras coas que se afuman os conteñen.
Liña 107:
A produción industrial de taninos empezou a inicios do [[século XIX]] coa [[revolución industrial]], para proporcionar material para o curtido de peles. Anteriormente víñanse usando materiais procedentes de plantas que se obtiñan por un proceso que duraba moito (ata seis meses).
 
Houbo un colapso no mercado de taninos vexetais nas décadas de 1950 e 1960, debido á aparición de [[tanino sintético|taninos sintéticos]] no período de escaseza de taninos vexetais durante a [[Segunda Guerra Mundial]]. Nese momento pecharon moitas pequenas industrias de produción de taninos. <ref>[http://webcache.googleusercontent.com/search?q=cache:cFBFXOA8Y0QJ:www.iufro.org/download/file/2480/95/10700-mangrove-ecosystems.doc+%22tannin+market%22&cd=3&hl=fr&ct=clnk&gl=fr&lr=lang_en%7Clang_fr The Status of Mangrove Ecosystems: Trends in the Utilisation and Management of Mangrove Resources. D. Macintosh and S. Zisman]</ref> Os taninos vexetais estímase que se usan para a produción de só o 10-20% da produción total de coiro.
 
O custo do produto final depende do método usado para extraer os taninos, en particular o uso de solventes, alcalis e outros produtos químicos utilizados (por exemplo [[glicerina]]). Para obter grandes cantidades, o método máis rendible é a [[extracción con auga quente]].
Liña 113:
=== Aplicacións ===
 
Os taninos son moi importantes para o curtido do [[coiro]]. A [[casca]] do [[carballo]], [[mimosa]], [[castiñeiro]] e ''[[quebracho]]'' (''Schinopsis'') foron tradicionalmente as principais fontes de taninos para o curtido, aínda que tamén se usan hoxe axentes de curtido inorgánicos en case o 90% da produción mundial de coiro. <ref>{{Cita libro |author1=Marion Kite |author2=Roy Thomson |title=Conservation of leather and related materials |url=http://books.google.com/books?id=62zZy2B4ehQC |year=2006 |publisher=Butterworth-Heinemann |isbn=978-0-7506-4881-3 |page=23}}</ref>
 
Os taninos producen distintas cores co [[cloruro férrico]] (azul, negro azulado, ou verde ou branco verdoso) segundo o tipo de tanino. A [[tinta ferrogálica]] prodúcese tratando unha solución de taninos con [[sulfato de ferro (II)]].
Liña 119:
O [[ácido tánico]] utilízase en todo o mundo como un axente clarificante nas bebidas alcohólicas e como un ingrediente que dá aroma en bebidas alcohólicas e non alcohólicas e zumes. Os taninos vexetais tamén se usan moito na industria do viño.
 
O tanino é un compoñente dun adhesivo industrial para [[taboleiro de madeira|taboleiros de madeira]].<ref>{{Cita publicación periódica |doi=10.1016/S0958-9465(02)00072-0 |author=Bisanda E.T.N., Ogola W.O., Tesha J.V. |title=Characterisation of tannin resin blends for particle board applications |journal=Cement and Concrete Composites |volume=25 |issue=6 |pages=593–8 |date=August 2003 |url=http://www.sciencedirect.com/science?_ob=ArticleURL&_udi=B6TWF-47283Y6-1&_user=4296857&_rdoc=1&_fmt=&_orig=search&_sort=d&_docanchor=&view=c&_rerunOrigin=google&_acct=C000012518&_version=1&_urlVersion=0&_userid=4296857&md5=66af73623c18c75f87a46769f57a2496}}</ref> Os taninos de ''[[Pinus radiata]]'' investigáronse para a produción de adhesivos para a madeira. <ref>{{Cita publicación periódica |author=Li, Jingge; Maplesden, Frances |title=Commercial production of tannins from radiata pine bark for wood adhesives |journal=IPENZ Transactions |volume=25 |issue=1/EMCh |year=1998 |url=http://www.ipenz.org.nz/ipenz/publications/transactions/Transactions98/emch/7li.PDF |format=PDF}}</ref>
 
Os [[tanino condensado|taninos condensados]], como o tanino de ''quebracho'', e os [[tanino hidrolizable|taninos hidrolizables]], como os taninos de castiñeiro, parece que poden substituír unha gran proporción do fenol sintético nas resinas de fenol-formaldehido para taboleiros de madeira.
Liña 125:
Os taninos poden utilizarse para a produción de imprimación anticorrosión, para o tratamento de superficies de aceiro oxidadas antes de pintar.
 
Investigouse o uso de [[resina]]s feitas de taninos para eliminar o [[mercurio (elemento)|mercurio]] e [[metilmercurio]] dunha solución. <ref>{{Cita publicación periódica |author=Torres J., Olivares S., De La Rosa D., Lima L., Martínez F., Munita C.S., Favaro D.I.T. |title=Removal of mercury(II) and methylmercury from solution by tannin adsorbents |journal=Journal of Radioanalytical and Nuclear Chemistry |volume=240 |issue=1 |pages=361–5 |year=1999 |doi=10.1007/BF02349180 |url=http://www.springerlink.com/content/nu6j27t61654t944/}}</ref> Probáronse taninos inmobilizados para recuperar [[uranio]] da auga do mar.<ref>{{Cita publicación periódica |author=Takashi Sakaguchia, Akira Nakajimaa |title=Recovery of Uranium from Seawater by Immobilized Tannin |journal=Separation Science and Technology |volume=22 |issue=6 |pages=1609–23 |date=June 1987 |doi=10.1080/01496398708058421 |url=http://www.informaworld.com/smpp/content~db=all~content=a762595700}}</ref>
 
Os taninos teñen un uso médico potencial. Atribúese aos taninos un potencial antiviral,<ref>{{Cita publicación periódica |author=Lü L, Liu SW, Jiang SB, Wu SG |title=Tannin inhibits HIV-1 entry by targeting gp41 |journal=Acta Pharmacol. Sin. |volume=25 |issue=2 |pages=213–8 |year=2004 |pmid=14769212}}</ref> antibacteriano<ref>{{Cita publicación periódica |author=Akiyama H, Fujii K, Yamasaki O, Oono T, Iwatsuki K |title=Antibacterial action of several tannins against Staphylococcus aureus |journal=J. Antimicrob. Chemother. |volume=48 |issue=4 |pages=487–91 |year=2001 |pmid=11581226 |url=http://jac.oxfordjournals.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=11581226 |doi=10.1093/jac/48.4.487}}</ref> e efectos antiparasitarios.<ref>{{Cita publicación periódica |author=Kolodziej H, Kiderlen AF |title=Antileishmanial activity and immune modulatory effects of tannins and related compounds on Leishmania parasitised RAW 264.7 cells |journal=Phytochemistry |volume=66 |issue=17 |pages=2056–71 |year=2005 |pmid=16153409 |doi=10.1016/j.phytochem.2005.01.011 |url=http://linkinghub.elsevier.com/retrieve/pii/S0031-9422(05)00012-9}}</ref><ref>{{Cita libro |author=Bajaj, Y. P. S. |title=Medicinal and aromatic plants |publisher=Springer-Verlag |location=Berlin |year=1988 |isbn=0-387-56008-4 |series=Biotechnology in agriculture and forestry |volume=24}}</ref>
Liña 145:
| doi =
| id =
| accessdate = 8 November 2007}}</ref> <ref name=aapt>{{Cita publicación periódica
| last = Souza
| first = S. M. C. ''et al.''
Liña 176:
{{listaref|30em}}
 
* {{Cita publicación periódica |author=Calvi L, Mwalongo GCJ, Mwingira BA, Riedl B, Shields JA |title=Characterization of Wattle-Tannin-Based Adhesives for Tanzania |journal=Holzforchung |volume=49 |issue=2 |year=1995}}
 
=== Bibliografía ===