Espiroquetas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 34:
[[Ficheiro:Spirochete Cross Section.png|miniatura|dereita|Sección dunha espiroqueta mostrando a súa envoltura e os flaxelos.]]
 
As '''espiroquetas''' ('''''Spirochaetes''''') son un [[filos bacterianos|filo]] de [[bacteria Gram-negativa|bacterias Gram-negativas]] que teñen células alongadas e enroladas helicoidalmente. Entre elas hai algunhas que producen enfermidades nos humanos, como a [[sífilis]] ou a [[enfermidade de Lyme]]. <ref name=Sherris>{{cita libro | autor= Ryan KJ; Ray CG (editors) | título= Sherris Medical Microbiology | edición= 4th ed. | editorial= McGraw Hill | ano= 2004 | id= ISBN 0-8385-8529-9 }}</ref>
 
== Características ==
Son bacterias bastante longas pero estreitas, cunha lonxitude comprendida entre 5 e 250 &nbsp;µm e un diámetro de arredor de 0,1-0,7 &nbsp;µm <ref name=Brock>M. Madigan, J. Martinko, J. Parker. Brock Biología de los Microorganismos. Pearson-Prentice Hall. (2004). Páxinas 432-435. 10ª edición. ISBN 84-205-3679-2.</ref>. O citoplasma, membrana plasmática e parede forman o chamado ''cilindro protoplásmico''. Teñen a peculiaridade de posuír unha membrana externa formada por múltiples capas chamada "envoltura celular" ou "vaíña externa" que rodea completamente o cilindro protoplásmico.
 
Spirochaetes distínguese dos demais [[filos bacterianos]] pola posesión duns [[Flaxelo#Flaxelo bacteriano|flaxelos]] especializados denominados ''filamentos axiais'', que non saen ao exterior, xa que están situados entre a envoltura celular externa e o cilindro protoplásmico (no [[espazo periplásmico]]). Producen un movemento xiratorio que fai que a bacteria se mova cara a adiante, como se fose un sacarrollas facendo flexións. Segundo a especie, poden ter de dous a 100 destes flaxelos por célula. Os flaxelos son de estrutura e composición similar aos do resto das bacterias, diferenciándose en que son completamente intracelulares. De cada estremo da célula emerxe un feixe de flaxelos, que se dobran cara atrás e discorren por dentro do espazo periplásmico ao longo de 2/3 da lonxitude celular, e os que proceden de cada polo da bacteria se encontran no centro da célula. <ref name=Brock/>
 
A mobilidade das espiroquetas é diferente á do resto das bacterias móbiles. A pesar de que os flaxelos son internos, o movemento dos flaxelos causa torsión na célula e, por tanto, mobilidade. Poden empregar tres tipos de movemento en medio líquido: rotación arredor do seu eixe, contraccións flexulosas e movemento helicoidal. Tamén poden desprazarse en ambientes altamente viscosos, mesmo en medios sólidos cun 1% de [[ágar-ágar|ágar]].
 
Son organismos [[quimioheterótrofo]]s, a maioría [[anaerobio]]s que viven libremente, pero hai numerosas especies parasitas.
 
O [[xenoma]] de Spirochaetes é moi inusual e consta de [[cromosoma]]s e [[plásmido]]s, e en xéneros como ''Borrelia'' os cromosomas son liñais en vez de circulares. <ref>{{Cita publicación periódica| autor= Hinnebusch J, Tilly K | título= Linear plasmids and chromosomes in bacteria. | revista= Mol Microbiol | volume= 10 | número= 5 | páxinas= 917-22 | ano= 1993 | id = PMID 7934868}}</ref>
 
== Exemplos ==
Liña 52:
* ''[[Leptospira]]'' (ver ''[[Leptospira interrogans|L. interrogans]]''), que causa [[leptospirose]] ou [[enfermidade de Weil]], que pode causar insuficiencia renal e morte.<ref name=McBride_2005>{{Cita publicación periódica|autor=McBride A, Athanazio D, Reis M, Ko A |título=Leptospirosis |revista=Curr Opin Infect Dis |volume=18 |número=5 |páxinas=376-86 |ano=2005 |pmid=16148523}}</ref>
* ''[[Borrelia burgdorferi]]'', que causa a [[enfermidade de Lyme]], transmitida por insectos.
* ''[[Borrelia recurrentis]]'', que causa a [[febre recorrente]], que se transmite xeralmente polos [[piollo]]s. <ref name=Schwan_1996>{{Cita publicación periódica|autor=Schwan T |título=Ticks and Borrelia: model systems for investigating pathogen-arthropod interactions |revista=Infect Agents Dis |volume=5 |número=3 |páxinas=167-81 |ano=1996 |pmid=8805079}}</ref>
* ''[[Treponema pallidum]]'', que causa a [[sífilis]].
* ''[[Brachyspira pilosicoli]]'' e ''[[Brachyspira aalborgi]]'', que causan a espiroquetose intestinal <ref name=pmid14718105>{{Cita publicación periódica |author=Amat Villegas I, Borobio Aguilar E, Beloqui Perez R, de Llano Varela P, Oquiñena Legaz S, Martínez-Peñuela Virseda JM |title=[Colonic spirochetes: an infrequent cause of adult diarrhea] |language=Spanish; Castilian |journal=Gastroenterol Hepatol |volume=27 |issue=1 |pages=21–3 |year=2004 |pmid=14718105 |doi= |url=}}</ref>.
 
[[Cavalier-Smith]] postulou que Spirochaetes forma parte dun [[clado]] maior denominado [[Gracilicutes]]. <ref name="csmith">{{Cita publicación periódica| autor= Cavalier-Smith, T. | título= Rooting the tree of life by transition analyses | url = http://www.biology-direct.com/content/1/1/19 | revista= Biology Direct | volume= 1 | número= 19 | ano= 2006}} Accessed 10 March 2006</ref>
 
== Filoxenia ==
Liña 100:
♦ Cepas tipo perdidas ou non dispoñibles<br/>
♪ Procariotas dos que non hai cultivos puros ([[axénico]]s) illados ou dispoñibles, é dicir, que non se poden cultivar ou non poden sosterse os cultivos durante certo tempo<br/>
♠ Cepas atopadas no NCBI pero non listadas na (LSPN)<br/>
 
== Galería de imaxes ==