Cartilaxe de Meckel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 7 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q376390
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Gray43.png|miniatura|dereita|Cabeza e pescozo dun embrión de 18 semanas coa cartilaxe de Meckel e [[hioide]] expostos.]]
[[Ficheiro:Gray181.png|miniatura|tight|Mandíbula dun embrión humano de 95 mm. Aspecto interno, cos núcleos das cartilaxes punteados.]]
As '''cartilaxes de Meckel''' (esquerda e dereita) son [[cartilaxe]]s orixinadas no embrión que forman o arco mandibular (1º [[arco farínxeo]]). <ref>Marzena Wyganowska-Świątkowska, Agnieszka Przystańska. The Meckel’s cartilage in human embryonic and early fetal period. Anatomical Science International. Volume 86, Number 2 (2011), 98-107, DOI: 10.1007/s12565-010-0093-3. [http://www.springerlink.com/content/n277h3n6458p0515/]</ref> Na cartilaxe de Meckel desenvólvense os [[ósos do oído]] [[martelo (óso)|martelo]] e [[bigornia]] e serve de guía para a formación da mandíbula.
 
'''Extremos'''. O extremo dorsal desta cartilaxe está conectado coa cápsula ótica e osifícase formando o óso martelo. Os extremos ventrais das dúas cartilaxes (esquerda e dereita) aproxímanse na zona onde se formará a sínfise mentoniana da [[mandíbula]] <ref>J.F. Rodríguez-Vázquez, J.R. Mérida-Velasco, J.A. Mérida-Velasco,
I. Sánchez-Montesinos, J. Espín-Ferra, J. Jiménez-Collado. Development of Meckel’s Cartilage in the Symphyseal Region in Man. The anatomical record 249:249–254 (1997) [http://hera.ugr.es/doi/15027260.pdf]</ref>, na que se encontran os [[dente|dentes incisivos]], que non se soldará de todo ata os dous anos de vida.
 
'''Parte intermedia'''. A parte intermedia da cartilaxe desaparece. A porción adxacente ao martelo é substituída por unha membrana fibrosa, que constitúe o [[ligamento esfenomandibular]]. A partir do tecido conectivo que cobre o resto da cartilaxe fórmase por osificación a maior parte da [[mandíbula]]. <ref> Suk Keun Lee, Yeon Sook Kim, Hee Soo Oh, Kyu Ho Yang, Eun Cheol Kim, Je Geun Chi. Prenatal Development
of the Human Mandible. The Anatomical Record. 263:314–325 (2001). [http://onlinelibrary.wiley.com/doi/10.1002/ar.1110/pdf]</ref> Nos humanos a osificación dá comezo durante a sexta semana de vida intrauterina. Por tanto, non é a cartilaxe a que se osifica senón as membranas conectivas que o rodean pola parte lateral, aínda que serve como director da osificación e parte da cartilaxe pode incorporarse ao óso na parte ventral.
 
Liña 12:
 
==Evolución==
A cartilaxe de Meckel é unha peza cartilaxinosa a partir da cal evolucionaron as mandíbulas dos [[vertebrado]]s. Orixinalmente esta cartilaxe era a cartilaxe inferior das dúas que sostiñan o primeiro arco branquial nos primeiros peixes. Despois, fíxose máis longa e forte e nela inseríronse os músculos necesarios para pechar a mandíbula que se estaba desenvolvendo. <ref name="PalaeosMeckelian">[http://www.palaeos.com/Vertebrates/Bones/Gill_Arches/Meckelian.html The Gill Arches: Meckel's Cartilage] at [[Palaeos]]</ref>
 
Nos primeiros peixes e nos [[condrictios]] (peixes cartilaxinosos como os [[tiburón]]s e as [[Raiformes|raia]]s, que non son peixes primitivos senón evolucionados), a cartilaxe de Meckel segue sendo o principal compoñente da mandíbula. Pero nas formas adultas dos [[osteíctios]] (peixes óseos) e nos seus descendentes [[tetrápodo]]s ([[anfibio]]s, [[réptil]]es, [[aves]], e [[mamífero]]), a [[cartilaxe]] queda cuberta de [[tecido óseo]], aínda que nos seus embrións a mandíbula se desenvolve tamén a partir desta cartilaxe. En case todos os tetrápodos a cartilaxe osifícase parcialmente na súa parte posterior orixinando o óso [[articular]], que forma parte da articulación da mandíbula, pero nos mamíferos esa parte dá lugar ao martelo, polo que non ten funcións articulares. <ref name="PalaeosMeckelian" />
 
==Notas==
Liña 23:
* [http://www.palaeos.com/Vertebrates/Bones/Gill_Arches/Meckelian.html palaeos.com]
* WhoNamedIt - synd 2049 [http://www.whonamedit.com/synd.cfm/2049.html]
 
 
 
[[Categoría:Esqueleto]]