Euforbiáceas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Anxiospermas
m Arranxos varios using AWB
Liña 15:
|}}
 
As '''euforbiáceas''' ('''Euphorbiaceae''') son unha familia de [[anxiospermas<span class="plainlinks"></span>|plantas con flor]] con entre 232 xéneros recoñecidos <ref>[http://www.ars-grin.gov/~sbmljw/cgi-bin/family.pl?433 Germplasm Resources Information Network]</ref> e 320 <ref> Fritz Hans Schweingruber, Annett Börner e Ernst-Detlef Schulze ''Atlas of Stem Anatomy in Herbs, Shrubs and Trees'', Volume 1. Springer (2011), p. 164</ref> e aproximadamente 6100 especies, a maioría son [[herba|herbáceas]] pero algunhas, en especial nos [[trópico]]s son [[arbusto]]s ou [[árbore]]s. Algunhas son [[planta suculenta|suculentas]] e semellan [[cacto]]s. É unha familia predominantemente tropical<ref>Ian Clarke e Helen Lee ''Name That Flower: The Identification of Flowering Plants''. Melbourne University Press (2003), p. 139</ref>, o maior número de especies atópase na rexión [[zona ecolóxica indomalaia|indo-malaia]] e en segundo lugar na na [[América]] tropical, en [[África]] é algo menos abundante. Mais tamén habita áreas non tropicais, en especial o xénero Euphorbia, como son a [[Conca do Mediterráneo]], [[Oriente Medio]], [[África do Sur]] e o sur dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] <ref> Armen Takhtaja ''Flowering Plants''. Springer (2009), p. 287</ref> .
 
As [[folla]]s son polo xeral simples, alternas, opostas ou nalgúns casos verticiladas con [[estípula]]s; naqueles casos nos que as follas son compostas son sempre [[palmada]]s, e nunca [[pinnada]]s. As estípulas pódense transformar en [[tricoma]]s, glándulas ou [[espiña (botánica)|espiñas]], ou mesmo en especies suculentas poden non existir.
 
As [[flor]]es, simétricas radialmente, son unisexuais, normalmente coas flores femininas e masculinas presentes na mesma planta. Nunha familia con tan gran número de especies, hai unha gran variedade na estrutura das flores, que poden ser [[Sexualidade das plantas|monoicas]] ou [[Sexualidade das plantas|dioicas]]. Os [[estame]]s poden variar entre 1 e 10, e por veces máis, e as flores femininas son hipóxenas, isto é con [[ovario (botánica)|ovario]] súpero.
Liña 28:
A familia contén unha gran variedade de [[filotoxinas]]s, principalmente [[Terpeno|diterpeno]] [[éster]]es, [[alcaloide]]s, [[glicósido]] e toxinas do tipo [[rícino]].
 
Un [[zume]] leitoso ou [[látex]] é característico das subfamilias [[Euphorbioideae]] e [[Crotonoideae]] que é pozoñento na primeira <ref>Chittaranjan Kol ''Wild Crop Relatives: Genomic and Breeding Resources: Plantation and Ornamental Crops''. Springer (2011), p. 127 </ref> pero incocuo en Crotonoideae <ref>D. J. Mabberley ''Mabberley's Plant-Book:A Portable Dictionary of Plants, Their Classification and Uses''. Cambridge University Press (2008), p. 326</ref>.
 
[[Ficheiro:Acalypha australis.JPG|miniatura|''Acalypha australis'']]
Liña 35:
Algunhas plantas da familia teñen un amplo uso comercial, é o caso da [[mandioca]] (''Manihot esculenta''), [[rícino]] (''Ricinus communis''), ''[[Jatropha curcas]]'') e a [[hevea]] (''Hevea brasiliensis'').
Outras utilízanse como [[planta ornamental|plantas ornamentais]], é o caso da ''[[Euphorbia pulcherrima]]''). As euforbiáceas frondosas ''[[Euphorbia esula]]'' e ''[[Sapium sebiferum]]'' son malas herbas [[especie invasiva|invasivas]] en América do Norte.
En canto ao seu uso médico, algunhas especies de ''Euphorbiaceae'' son efectivas contra do [[herpes]] (HSV-2).<ref>LA Betancur-Galvis; GE Morales; JE Forero & J Roldan (2002), "[http://www.bioline.org.br/abstract?id=oc02103 Cytotoxic and Antiviral Activities of Colombian Medicinal Plant Extracts of the Euphorbia genus]", ''Memórias do Instituto Oswaldo Cruz'', Vol. 97, No. 4, 2002, pp. 541-546. Retrieved through Bioline International (keywords: herpes simplex - Bioline Code: oc02103) </ref>
 
== Vulnerabilidade ==