Valerio do Bierzo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Monasterio de San Pedro de Montes.jpg|miniatura|250px|Igrexa do [[Mosteiro de San Pedro de Montes]], no que viviu San Valerio.]]
'''Valerio do Bierzo''', nado ca.630 e finado ca.695 <ref name="mcavoy">Liz Herbert McAvoy, (2010), ''Anchoritic Traditions of Medieval Europe'', page 93. Boydell & Brewer </ref>, foi un monxe [[movemento cenobítico|cenobita]] que viviu retirado na comarca do [[O Bierzo|Bierzo]].
 
== Traxectoria ==
 
Valerio era membro da aristocracia [[visigodos|visigoda]]<ref>Anastasia Serghidou, (2007), ''Fear of slaves, fear of enslavement in the ancient Mediterranean'', page 301. Presses Univ. Franche-Comté</ref>. Nos seus escritos conta como despois dunha azarosa xuventude decidiu retirarse do mundo na procura dunha [[Espiritualidade|vida espiritual]]<ref name="mcavoy"/>. Durante unha época foi monxe no [[Mosteiro de Compludo]],<ref name="mcavoy"/> pero marchou buscando a soidade do [[eremita]] fóra da cidade de [[Astorga]]<ref name="dietz">Maribel Dietz, (2005), ''Wandering monks, virgins, and pilgrims: ascetic travel in the Mediterranean'', pages 183-4, Penn State Press</ref>. Primeiro viviu na rexión de Castro Petrense e tras o asalto duns ladróns, nun lugar coñecido como [[Ebronanto]], como un [[ermitán]] nunha cela cun altar protexido polos propietarios do terreo.<ref name="collins1">Roger Collins, (2004), ''Visigothic Spain, 409-711'', page 201-2. Wiley-Blackwell</ref> Ata que o propietario, Ricimer, decidiu botar abaixo o oratorio e contruír unha igrexa, aparentemente coa intención que Valerio fora o párroco<ref name="collins1"/>. Valerio viuno como un ataque do diaño, nun intento de destruír a súa vida de reclusión e marchou para outro lugar, co seu sobriño e un servente construíron unha pequena igrexa nun outeiro próximo ás súas celas<ref name="collins1"/>.
 
== Obras ==