Emil Kraepelin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias
m Arranxos varios using AWB
Liña 11:
 
[[Ficheiro:Kraepelin.JPG|miniatura|Tumba en Heidelberg (2008)]]
Kraepelin comezou os estudos médicos aos 18 anos, en Leipzig e Wurzburg. En [[Leipzig]], estudou neuropatoloxía con [[Paul Flechsig]] e psicoloxía experimental con [[Wilhelm Wundt]]. Kraepelin sería un discípulo que Wundt e tería durante toda a súa vida interese na psicoloxía experimental baseada nas súas teorías. Nesa época, Kraepelin escribiu un ensaio que foi premiado, "A influencia das enfermidades agudas nas causas das desordes mentais". Obtivo o seu título de médico en 1878. En 1879, foi traballar con [[Bernhard von Gudden]] na Universidade de Múnic, onde completou a súa tese, "O lugar da psicoloxía na psiquiatría". Volveu á universidade de Leipzig en 1882, traballou na clínica de neuroloxía de [[Wilhelm Heinrich Erb]] e no laboratorio de psicofarmacoloxía de Wundt.
 
A principal obra de Kraepelin, "Compendium der Psychiatrie", foi publicada por primeira vez en 1883. Nela, propoñía que a psiquiatría era unha rama das ciencias médicas e que debía ser investigada mediante a observación e a experimentación como as demais ciencias naturais. Quería que se investigasen as causas físicas das doenzas mentais, e comezou a establecer os alicerces do sistema de clasificación moderno das desordes mentais. Kraepelin cría que estudando historias de casos e identificando as desordes, podería chegar a predicir a evolución dunha enfermidade mental, tendo en conta tamén as diferenzas individuais da personalidade e as idades dos pacientes no inicio das enfermidades.<ref name=Alic2001>[http://archive.is/20120712230253/findarticles.com/p/articles/mi_g2699/is_0005/ai_2699000523/ Kraepelin, Emil (1856-1926)] por Margaret Alic, 2001. Consultado o 14 de abril de 2012. {{en}}</ref>
Liña 57:
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.kraepelin.org/ International Kraepelin Society]
 
 
{{ORDENAR:Kraepelin, Emil}}
 
[[Categoría:Personalidades da psiquiatría]]