Reino de Serbia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 50:
}}
{{Contén texto cirílico}}
O '''Reino de Serbia''' foi un [[estado]] [[Balcáns|balcánico]] que creado a partir do [[Principado de Serbia]] o [[23 de marzo]] de [[1882]]. Despois de loitar contra o [[Imperio otomán]] para lograr a súa su independencia, tamén tivo que loitar contra o [[Reino de Bulgaria]].
 
O pequeno reino foi ocupado finalmente polas [[Potencias Centrais]] durante a [[Primeira Guerra Mundial]] e, ao finalizar esta, uniuse ao [[Reino de Montenegro]] e ao [[Estado dos Eslovenos, Croatas e Serbios]] para formar o [[Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos]] o [[1 de decembro]] de [[1918]].
 
Comprendía territorios dos actuais estados de [[Serbia]] e a [[República de Macedonia]].
Liña 65:
Os austrófilos admiraban a cultura europea occidental e sostiñan que o desenvolvemento de Serbia requiría un acercamento ao [[Imperio austrohúngaro]], que detería o avance ruso nos [[Balcáns]].<ref name="vucinich231"/> Agrupábanse en torno ao Partido Progresista e o seu principal representante foi o rei [[Milan I de Serbia]].<ref name="vucinich231"/>
 
Os rusófilos concentrábanse nos Partidos Radical e Liberal. Orixinariamente moi influídos por anarquistas e socialistas rusos e, teoricamente representantes dos intereses dos campesiños, os primeiros fóronse convertendo simplemente nun partido nacionalista e monárquico.<ref name="vucinich231"/>
 
Defensores do goberno constitucional, non dubidaron en aliarse con elementos reaccionarios en ocasións.<ref name="vucinich231"/> Compartían cos liberais a preferencia por Rusia como referente exterior e unha ideoloxía [[paneslavismo|paneslava]].<ref name="vucinich231"/> Os seus ideais de expansión requirían a axuda da gran potencia eslava, o [[Imperio ruso]].<ref name="vucinich231"/>
Liña 77:
[[Ficheiro:ReyMilanDeSerbiaARoyalTragedy.jpg|O rei Milan I de Serbia, anterior príncipe. Aliñou ao su país coa veciña Austria-Hungría e debilitou á dinastía Obrenović polas súas disputas matrimoniais.|miniatura|esquerda]]
 
Tras o acordo comercial de 1881 con Austria-Hungría os dous países subscribiron unha convención secreta que converteu ao país practicamente nun protectorado austrohúngaro ({{data|28|6|1881}}).<ref name="vucinich172"/> O pacto tiña unha duración de 10 anos e foi renovado en [[1889]] antes da abdicación do rei Milan, aínda que en 1899 caducou.<ref name="vucinich172"/> Milan rubricouno convencido de que o futuro do seu país estaba unido ao do Imperio Austrohúngaro.<ref name="vucinich172"/> Tomada Bosnia polos austrohúngaros e con Rusia apoiando a Bulgaria, Serbia necesitaba o respaldo dunha gran potencia para expandirse cara a Macedonia.<ref name="jelavich187"/> Unha das cláusulas doi tratado con Austria obrigaba a Serbia a limitar a propaganda nacionalista en [[Bosnia e Herzegovina]],<ref name="jelavich187"/> recentemente ocupada polo Imperio, co consentemento ruso.<ref name="vucinich172"/> A cambio, os austrohúngaros comprometíanse a axudar a Milan contra as actividades dos seus rivais, os [[Karadjordjević]].<ref name="vucinich172"/> O Imperio tamén se prometía en axudar a Milan a coroarse como rei<ref name="jelavich187"/> e a non opoñerse á expansión de Serbia cara ao sur.<ref name="jelavich187"/><ref name="vucinich73">[[#Bibliografía|Vucinich (2006)]], p. 73</ref> <ref name="jelavich187"/> En contrapartida, Serbia debía someter os seus tratados con outras nacións ao consentemento austrohúngaro.<ref name="jelavich187"/><ref name="vucinich173">[[#Bibliografía|Vucinich (2006)]], p. 173</ref> <ref name="jelavich187"/> A alianza austro-serbia era a única alternativa para o país, que necesitaba o apoio dunha gran potencia nas súas relacións internacionais.<ref name="jelavich187"/>
 
O acordo foi xestionado practicamente polo rei e o goberno, ao coñecelo, dimitiu en protesta.<ref name="vucinich173"/> <ref name="jelavich186"/> Oficialmente emendaríanse os artigos sobre a política exterior serbia, pero o soberano comprometeuse en secreto a mantelos.<ref name="vucinich173jelavich187"/> <ref name="jelavich187vucinich173"/> En marzo de [[1882]] o Estado converteuse en reino.<ref name="jelavich187"/>
 
En 1882 a quebra dunha compañía francesa coa que o Estado asinara un gran contrato co beneplácito austrohúngaro produciu un gran escándalo.<ref name="jelavich186">[[#Bibliografía|Jelavich (1977)]], páx. 186</ref> Serbia comezou perdendo o equivalente aos seus ingresos anuais e a investigación sobre o contrato destapou a ampla corrupción nacional, que afectou ao propio monarca.<ref name="jelavich186"/> A pesar da axuda austrohúngara o desprestixio para o novo rei re os seus ministros foi enorme.<ref name="jelavich186"/>
Liña 88:
En Serbia, ao igual que na veciña Romanía, a pesar der seren fomalmente monarquías constiutucionais, o monarca tiña un gran poder político: nomeaba aos ministros.<ref name="jelavich185"/> Estes, á súa vez, podían influír nos resultados das eleccións que convocaban.<ref name="jelavich185"/> Milan, porén, non tiña o control do poder político.<ref name="jelavich185"/> Débil, folgazán, corrupto e insignificante,<ref name="jelavich185"/> tiña facilidade para crearse inimigos.<ref name="jelavich185"/> Non contaba coas calidades necesarias para reunír en torno a si ás distintas faccións políticas nin para converterse en caudillo do país, por entón débil e atrasado.<ref name="jelavich185"/>
 
[[Ficheiro:CedomiljeMijatović--belgradewhitecit00amesrich.jpg|Cedomilje Mijatović, destacado dirixente político dos Progresistas, un dos dous partidos máis cercanos aos Obrenović, que foron perdendo respaldos paulatinamente fronte aos seus rivais Radicais a finais do século XIX e comezos do XX.|miniatura|dereita]]
 
Durante o seu reinado, ademais do Partido Liberal, no goberno ao comezo do período, xurdiron outras dúas agrupacións políticas destacábeis: o Partido Progresista e o Partido Radical.<ref name="jelavich185"/> Os progresistas proviñan da ala esquerda do Partido Conservador. Partidarios de seguir o modelo da Europa occidental, consideraban a Rusia atrasada e primitiva.<ref name="jelavich185"/> Formado en xeral por persoas de cultura e cosmopolitas, defendían o habitual ideario liberal do século XIX: [[dereitos civís]], incluíndo a liberdade de prensa e asociación, xustiza independente e gobernos locais.<ref name="jelavich185"/> O seu obxectivo era o das clases medias de Europa occidental.<ref name="jelavich185"/>
Liña 125:
A política nacional quedou ademais marcada pola vida persoal do rei e a dos seus proxenitores, que se converteu no díxome-díxome de Europa.<ref name="jelavich190">[[#Bibliografía|Jelavich (1977)]], páx. 190</ref> A relación e posterior matrimonio de Alexandre coa viúva [[Draga Mašin]] foron impopulares e os propios pais de Alexandre desaprobárono.<ref name="jelavich191">[[#Bibliografía|Jelavich (1977)]], páx. 191</ref> Desde a voda en 900 el resto del reinado estuvo centrado en los escándalos de la familia real.<ref name="jelavich191"/>
 
As protestas de marzo de 1903, esmagadas polo réxime real, aceleraron unha conspiración contra o soberano que xurdira entre certos oficiais e políticos en 1901.<ref name="vucinich231"/> Sen un proxecto político claro máis alá da eliminación do rei,<ref name="vucinich232"/> os conspiradores levaron a cabo un [[golpe de Estado]] o {{data|11|6|1903}} que acabou cos soberanos e varios membros do goberno e da familia real.<ref name="vucinich232"/> <ref name="jelavich191"/> Inmediatamente, e ante a imposibilidade de proclamar unha república, foi chamado ao trono o aspirante da dinastía rival dos Karadjordjević e volveuse ao réxime constitucional que Alexandre abolira.<ref name="vucinich232"/>
 
=== Período rusófilo ===
Liña 136:
 
==== Política exterior ====
Co cambio de dinastía acentuouse o aliñamento do país con Rusia, o que o rei favorecía,<ref name="jelavich191"/><ref name="vucinich65">[[#Bibliografía|Vucinich (2006)]], páx. 65</ref> <ref name="jelavich191"/> e a oposición á influencia e expansión austrohúngara e xermana na rexión.<ref name="vucinich65"/>
 
; Illamento e crise
O comezo do reinado de Pedro foi de crise interna e externa.<ref name="vucinich232"/> O país estaba illado diplomaticamente polo asasinato de Alexandre I, aínda que paulatinamente o novo réxime foi sendo recoñecido polas diversas potencias, sendo [[Gran Bretaña]] a última en retomar as relacións diplomáticas, e só despois de que se retiraran os conspiradores máis sobresalientes.<ref name="vucinich232"/> <ref name="jelavich191"/> Rusia, pola contra, celebrou o cambio de réxime, que lle era claramente favorábel, aínda que ao comezo non foi de forma moi aberta, para non incomodar ás demais potencias.<ref name="vucinich82">[[#Bibliografía|Vucinich (2006)]], páx. 82</ref>
 
No país as conspiracións dos partidarios dos Obrenović engadíronse ás sucesivas crises polos desmáis dos conspiradores de 1903, que interferían nos asuntos de goberno e nos militares.<ref name="vucinich233">[[#Bibliografía|Vucinich (2006)]], páx. 233</ref> A pesar de desapareceren dos postos máis visíbeis por presión das potencias estranxeiras, os conspiradores de 1903 seguiron sendo unha forza política poderosa até 1917, cando a súa organización secreta, a [[Man Negra (Serbia)|Man Negra]] (fundada en 1911), foi desmantelada polo príncipe [[Alexandre I de Iugoslavia|Alexandre]].<ref name="vucinich233"/>
Liña 148:
A partir de entón rompéronse os lazos políticos, económicos e militares con Austria-Hungría e o país pasou a aliñarse claramente con Rusia, mentres compraba as súas armas a Francia.<ref name="jelavich192"/>
 
Os intentos de acordo con Montenegro e Bulgaria fracasaron, fundamentalmente pola rivalidade en Macedonia, na que os tres gobernos estaban interesados. Tanto Austria-Hungría como o [[Imperio otomán]] trataron de avivar a rivalidade para evitar a formación dun bloque eslavo que lles fora hostil e prexudicial politicamente. Serbia, como os demáis rivais, participou indirectamente nas loitas guerrilliero-terroristas que se libraron en Macedonia, nas que Austria-Hungría sostivo aos albaneses. Os combates en Macedonia intensificáronse en 1906-1908 tras o fracaso dos intentos de acercamento entre Serbia e Bulgaria.<ref name="vucinich113">[[#Bibliografía|Vucinich (2006)]], páx. 113.</ref> En 1905 Bulgaria e Serbia asinaran un acordo comercial que debía ser un primeiro paso para a [[unión aduaneira]], pero a mellora das relacións durou pouco.<ref name="jelavich192"/><ref name="vucinich148">[[#Bibliografía|Vucinich (2006)]], páx. 148</ref> <ref name="jelavich192"/> As relacións volveron á súa tensión anterior en 1907-1908, reducíndose o comercio serbio que utilizaba os portos búlgaros.<ref name="vucinich155">[[#Bibliografía|Vucinich (2006)]], páx. 155.</ref>
 
O acordo entre Montenegro e Serbia tampouco frutificou, polas rivalidades territoriais entre os dous países, aínda que Serbia para entón se convertera no foco da axitación iugoslavista, desprazando a Montenegro.<ref name="vucinich234">[[#Bibliografía|Vucinich (2006)]], páx. 234.</ref> O goberno de Montenegro sospeitaba que os intelectuais montenegrinos críticos co rei recibían apoio serbio.<ref name="vucinich113"/>
Liña 185:
A [[Revolución de Febreiro]] en Rusia tras a ocupación de Serbia polo inimigo debilitou a postura de Pašić, que tivo que mostrarse máis conciliador.<ref name="banac123">[[#Bibliografía|Banac (1988)]], páx. 123</ref> O resultado do acercamento entre o goberno serbio e o Comité foi a [[Declaración de Corfú]] de {{data|20|7|1917}} na que ambas as partes proclamaban a súa intención de formar un novo estado iugoslavo.<ref name="banac123"/> A ambigüidade de certas pasaxes da declaración, que se interpretaron de maneiras diversas, deron máis adeiante lugar a conflitos entre as diversas posturas que diferían no modelo de Estado.<ref name="banac124">[[#Bibliografía|Banac (1988)]], p. 124</ref>
 
A situación só cambiou cando, por un lado, as principais potencias Aliadas acordaron abandonar o mantemento da unidade territorial do [[Imperio austrohúngaro]] ante o fracaso das negociacións de paz co emperador [[Carlos de Austria]] na primavera de 1918 e, por outro, a ofensiva na fronte de Salónica, baixo mando francés, logrou romper as liñas xermano-búlgaras no [[río Vardar]] a mediados de setembro de 1918.<ref name="magocsi124">[[#Bibliografía|Magocsi (2002)]], páx. 124</ref> Poucos días despois Bulgaria rendíase, asinando un [[armisticio]] o {{data|30|9|1918}}.<ref name="magocsi124"/>
 
O exército de Salónica, con divisións serbias, avanzou cara ao país, recuperando rapidamente posicións ante o repregamento dos restos das forzas dos Imperios Centrais e alcanzando Belgrado o {{data|1|11|1918}}.<ref name="krizman67">[[#Bibliografía|Krizman (1970)]], páx. 67</ref>
Liña 192:
Nada máis chegar ao país, Pedro prometeu respectar a constitución.<ref name="vucinich65"/> Restaurouse o goberno constitucional e parlamentario.<ref name="vucinich67">[[#Bibliografía|Vucinich (2006)]], páx. 67</ref> Aínda que o rei respectou o poder político, os gobernos do periodo non foron tan respectuosos coa legalidade, abusando en ocasións do seu poder e intimidando á oposición política.<ref name="vucinich67"/> Un factor de inestabilidade permanente, aínda que de poder flutuante, fueron os conspiradores de 1903, que interfiriron en ocasións nos labores de goberno e, especialmente, en asuntos militares, sobre todo até 1907.<ref name="vucinich102">[[#Bibliografía|Vucinich (2006)]], páx. 102</ref> Os partidos tan pronto deploraban o seu poder como utilizaban a súa influencia ao seu favor.<ref name="vucinich102"/>
 
Os gabinetes do reinado de Pedro estiveron controlados na súa maioría polas dúas ramas do Partido Radical, o Radical propiamente dito, e o Partido Radical Independente, separados desde 1901.<ref name="vucinich67"/> <ref name="jelavich192">[[#Bibliografía|Jelavich (1977)]], páx. 192</ref><ref name="vucinich67"/> As posturas en política internacional dos principais partidos era a misma, e en política interior as súas diferenzas tamén eran escasas.<ref name="vucinich67"/>
 
Os principais partidos eran, con moito, os dous Radicais.<ref name="vucinich67"/> A liberdade política permitiu, porén, o xurdimento doutras formacións, como o Partido Socialdemócrata.<ref name="vucinich67"/>
Liña 198:
Os primeiros gobernos do reinado concentráronse en mellorar a situación económica e en lograr o restablecemento das relacións diplomáticas, moi danadas coa maioría dos países polo golpe de 1903.<ref name="vucinich85">[[#Bibliografía|Vucinich (2006)]], páx. 85</ref> Austria-Hungría, hostil ao cambio de 1903, controlaba catro quintas partes do comercio serbio.<ref name="vucinich85"/>
 
Un dos acontecementos de política interna máis relevantes do periodo foi a separación definitiva dos dous sectores do Partido Radical o {{data|31|10|1904}}.<ref name="vucinich91">[[#Bibliografía|Vucinich (2006)]], páx. 91</ref> A partir de entón ambos os partidos, o Radical e o Radical Independente, pugnaron por facerse co goberno, aínda que o primeiro logrou a partir de 1906 a preeminencia até o final da [[Primeira Guerra Mundial]].<ref name="vucinich91jelavich192"/> <ref name="jelavich192vucinich91"/> Durante as graves crises como a anexión austrohúngara de Bosnia en 1908 ou a guerra mundial forxáronse gobernos de coalición.<ref name="vucinich91"/>
 
Até a crise de 1908 radicais e radicais independentes disputaron principalmente sobre dous asuntos: a capacidade dun partido minoritario de convocar eleccións incluso con permiso real e a conveniencia de que a oposición utilizase tácticas dilatorias no parlamento.<ref name="vucinich94">[[#Bibliografía|Vucinich (2006)]], páx. 94</ref> A partir de 1908 as sucesivas crises internacionais fixeron que estes asuntos pasasen a un segundo plano.<ref name="vucinich94"/>
Liña 206:
{{Artigo principal|Historia dos eslavos do sur#A formación de Iugoslavia}}
 
Tras a derrota dos [[Imperios Centrais]] no otuono de [[1918]] o Consello Nacional reunido en [[Zagreb]], tras proclamarse independente do [[Imperio austrohúngaro]], tratou de manter a independencia do novo e efémero [[Estado dos Eslovenos, Croatas e Serbios]].<ref name="banac128">[[#Bibliografía|Banac (1988)]], páx. 128</ref>
 
O avance do exército italiano sobre zonas que aquel consideraba propias e a súa incapacidade para formar unhas forzas armadas independentes fixeron necesaria a petición de tropas a Serbia.<ref name="banac129">[[#Bibliografía|Banac (1988)]], páx. 129</ref> <ref name="banac131">[[#Bibliografía|Banac (1988)]], páx. 131</ref>
 
Tras a votación do Consello en novembro enviouse unha delegación a [[Belgrado]] para a formación do novo Estado eslavo.<ref name="banac136">[[#Bibliografía|Banac (1988)]], páx. 136</ref> O {{data|1|12|1918}}, en presencia do rexente Alexandre, proclamouse a creación do [[Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos]], que reunía territorios serbios, montenegrinos e austrohúngaros, desaparecendo á vez o Reino de Serbia independente.<ref name="banac138">[[#Bibliografía|Banac (1988)]], páx. 138</ref>