Diferenzas entre revisións de «Ronnie Peterson»

m
Arranxos varios using AWB
m (Bot:Retiro parámetro non usado "month=")
m (Arranxos varios using AWB)
}}
 
'''Bengt Ronnie Peterson''', nado o [[14 febreiro]] de [[1944]] e falecido o [[11 setembro]] de [[1978]], foi un piloto de carreiras sueco dúas veces subcampión do [[Lista de pilotos campións do mundo de Fórmula 1|Campionato do Mundo de Pilotos]] de [[Fórmula 1]] da [[FIA]].
 
Peterson comezou a súa carreira no automobilismo no [[karting]], tradicionalmente a disciplina na que a maioría dos pilotos comezan a competir. Logo de gañar varios títulos desta especialidade, entre eles dous títulos de Suecia en [[1963]] e [[1964]], cambiouse a [[Fórmula Tres]]. Ese mesmo ano gañou o [[Campionato de Europa de Fórmula Tres]] e sobe ata [[Fórmula Un]], correndo para [[March Engineering]]. Nos seus tres anos neste equipo, fixo catro podios, todos eles na tempada de {{f1|1971}} na que tamén rematou como subcampión no Campionato de Pilotos.
 
Logo do seu contrato de tres anos en March, Peterson uniuse ao [[Team Lotus]] de [[Colin Chapman]] en {{f1|1973}}, como compañeiro do campión [[Emerson Fittipaldi]]. Durante as súas primeiras dúas tempadas con Lotus, Peterson obtivo sete vitorias, marcando unha marca persoal de 52 puntos en 1973. Logo dunha pobre tempada en {{f1|1975}}, Peterson volveu a March e anotou a súa vitoria final para o equipo no [[Gran Premio de Italia de 1976]]. Logo de pasar a tempada de Fórmula Un de {{f1|1977}} con [[Tyrrell Racing|Tyrrell]], trasladouse de novo a Lotus para a tempada de {{f1|1978}} como "número dous" do piloto [[Mario Andretti]]. Peterson anotou dúas vitorias, en [[Gran Premio de Suráfrica de 1978|Suráfrica]] e [[Gran Premio de Austria de 1978|Austria]], e terminou segundo na clasificación do campionato de pilotos a pesar do seu mortal accidente na primeira volta en Monza durante o [[Gran Premio de Italia de 1978|Gran Premio de Italia]].
 
== Inicios ==
Peterson naceu en [[Ekeby-Almby|Almby]] nas proximidades de [[Örebro]], Suecia. El desenvolveu o seu estilo de condución a unha idade temperá, mentres competía en [[karting]], e rapidamente abriuse camiño ata a cima do karting europeo antes de pasar aos coches.
 
== Fórmulas tres e dúas ==
Logo dos seus anos no karting, Peterson entrou nas carreiras de [[Fórmula Tres]] no ''Svebe'', un 1L, nun coche que codeseñou co seu pai, Bengt (que era panadeiro) e Sven Andersson.
 
Os excelentes resultados desde o primeiro momento atraeron rapidamente a atención da ambiciosa empresa [[Tecno]] de Italia, que o fichou en 1968. A parella produciu algúns bos resultados, e gañou o campionato de 1969 de Fórmula Tres.
 
Incluso despos da súa subida á F1 Peterson segue pilotando en series de carreiras máis baixas(algo que era común naquela época), gañando o Europeo de 1971 de [[Fórmula Dúas]] pilotando para March.
 
== Fórmula Un ==
=== Inicios ===
Peterson fixo o seu debut nun [[Gran Premio de automobilismo]] nun [[March Engineering|March]] 701 de [[Colin Crabbe]] no [[Gran Premio de Mónaco de 1970]]. O limitado orzamento do equipo privado Crabbe permítelle só un test mínimo, pero Peterson cualifica 12 de entre 16 coches na carreira. Estaba 10 lugares detrás de [[Jackie Stewart]] e [[Chris Amon]], ambos na primeira fila da grella, pero xusto detrás do máis experimentado [[Jo Siffert]] no outro March. Peterson foi o único piloto de March en terminar a carreira, no sétimo lugar. En {{f1|1971}} Peterson logrou cinco podios, quedando na segunda posición por detrás de Jackie Stewart no campionato mundial dese ano {{f1|1971}}. Peterson permaneceu en March ata {{f1|1973}}, cando fichou polo [[Team Lotus|John Player Team Lotus]] como compañeiro de [[Emerson Fittipaldi]].
 
=== 1973-1976 ===
[[Ficheiro: Lotus 72 JPS.jpg | thumb | right | [[Lotus 72]] / R8 - vehículo principal Ronnie Peterson durante a [[1974 tempada de Fórmula Un]] .]]
[[Ficheiro:Ronnie Peterson Silverstone.jpg | thumb | right | Ronnie Peterson en Silverstone en 1975.]]
A primeira vitoria de Peterson nun Gran Premio foi no [[Gran Premio de Francia de 1973]], celebrado en [[Circuíto de Paul Ricard|Paul Ricard]] no [[Lotus 72]]. Houbo outras tres vitorias ese ano, en [[Gran Premio de Austria de 1973|Austria]], [[Gran Premio de Italia de 1973|Italia]] e [[Gran Premio dos Estados Unidos de 1973|Estados Unidos]], pero a escasa fiabilidade só permitiulle quedar no terceiro lugar do Campionato do Mundo ao final da tempada.
 
{{f1|1974}} trouxo tres vitorias máis: os Grandes Premios de [[Gran Premio de Francia de 1974|Francia]] e [[Gran Premio de Italia de 1974|Italia]], así como o [[Gran Premio de Mónaco de 1974|Gran Premio de Mónaco]], a gran carreira da Fórmula Un.
 
{{f1|1975}} foi un mal ano para Lotus. O Lotus 76 foi un fracaso, e Peterson volveu á pilotar un 72F.
 
Peterson disputou a primeira carreira de 1976 no Lotus 77 antes de pasar a March. Pilotando un Marcc 761, gañou o [[Gran Premio de Italia de 1976|Gran Premio de Italia]].
 
=== 1977-1978 ===
En {{f1|1977}}, correu para Tyrrell, pilotando o [[Tyrrell P34]] B de seis rodas. O seu único podio foi un terceiro lugar no Gran Premio de Bélxica.
 
Peterson sorprendeu a moitos ao saír de [[Tyrrell Racing|Tyrrell]] para volver a John Player Team Lotus en {{f1|1978}}.
Gañou o [[Gran Premio de Suráfrica de 1978]], cunha vitoria na última volta sobre [[Patrick Depailler]], así como o [[Gran Premio de Austria de 1978|Gran Premio de Austria]], co innovador "efecto solo" do [[Lotus 79]]. O seu compañeiro de equipo Mario Andretti gañou o campionato de pilotos con Peterson actuando eficazmente como "Nº 2" do equipo anotando catro dobretes, todos eles con Mario á cabeza. Os dous triunfos de Peterson ocorreron cando Andretti tivo problemas, Mario tamén gañou unha vez, cando Peterson non puido terminar (sen incluír o [[Gran Premio de Italia de 1978|Gran Premio de Italia]]). Moitas veces Peterson seguía moi de cerca a Andretti, dando lugar a especulacións de que as "ordes de equipo" decidían os postos.
 
Peterson negouse a contribuír a ningunha controversia, e en numerosas ocasións rexeitou as especulacións ao afirmar que Andretti simplemente era o máis rápido.
 
=== Morte ===
O [[Gran Premio de Italia de 1978]] en [[Autodromo Nazionale Monza|Monza]] empezou mal para Peterson. Na práctica danou o seu Lotus 79 e golpeouse as pernas. Team Lotus tiña un coche de reposto do Lotus 79, pero fora construído para Andretti, e Peterson máis alto non entraba comodamente. O equipo tiña outro coche pero era do tipo 78, o coche do ano anterior, que levaban polos circuítos de F1 esa tempada cun mantemento mínimo.
 
Foi nesta carreira na que se estrenou o semáforo na F-1, en substitución do antigo método de saída en que se baixaba unha bandeira coas cores do país sede do GP. O director da proba, Gianni Restelli, atrapallouse coa novidade, e antes de que os monoprazas das últimas filas da grella pararan, accionou a luz verde. Os monoprazas a partir da cuarta fila (Peterson saíu na terceira) estaban rodando cando a luz verde prendeu. Os pilotos que viñan de atrás, por tanto, arrancaron a maior velocidade, o que fixo que todos os monoprazas chegasen xuntos ao punto en que a recta se estreitaba, o que resultou nun [[efecto acordeón]], antes da Chicane Goodyear.
 
Os catro pilotos á fronte, Andretti, [[Gilles Villeneuve|Villeneuve]], [[Jean-Pierre Jabouille|Jabouille]] e [[Niki Lauda|Lauda]], estaban o suficientemente lonxe para evitar calquera problema, pero Peterson fixera unha mala saída e foi adiantado inmediatamente por [[Alan Jones (piloto)|Alan Jones]], [[Jacques Laffite]] e [[John Watson (piloto)|John Watson]].
 
[[Riccardo Patrese]], que partía na doceava posición, moveuse xusto por diante de [[James Hunt]], quen fixo unha finta á esquerda e chocou con Peterson, con [[Vittorio Brambilla]], [[Carlos Reutemann]], [[Hans-Joachim Stuck]], [[Patrick Depailler]], [[Didier Pironi]], [[Derek Daly]], [[Clay Regazzoni]] e [[Brett Lunger]] todos involucrados no tumulto.
 
O Lotus de Peterson foise contra as barreiras e incendiouse antes de rebotar ao centro da pista. Estaba atrapado entre os restos en chamas, pero Hunt, Regazzoni e Depailler lograron liberalo antes de recibir queimaduras graves. Foi liberado e posto no medio da pista con plena conciencia, as súas graves feridas nas pernas eran evidentes para todos. Hunt máis tarde dixo que non deixou mirar a Peterson as súas pernas para evitarlle máis angustia.
 
Nese momento había máis preocupación por Brambilla, quen foi golpeado na cabeza por unha roda solta e caeu en estado de coma no seu coche (máis tarde se recuperou e continuou na F1 ata 1980). A vida de Peterson non parecía estar en perigo. Os pilotos feridos foron trasladados ao hospital de [[Milán]] e a carreira reiniciouse cando a pista estivo limpa.
 
No hospital, os raios X mostraron que Peterson tiña sete fracturas nunha perna e tres na outra. Logo de falar con el, os cirurxiáns decidiron operar para estabilizar os ósos. Por desgraza, durante a noite, a medula ósea pasou ao torrente sanguíneo de Peterson, a través das fracturas, formáronse glóbulos de graxa nos seus órganos principais, incluíndo os pulmóns, o fígado e o cerebro. Pola mañá atopábase en [[insuficiencia renal]] e foi declarado morto ás poucas horas. A causa da morte foi dada como [[embolia graxa]].
 
A vida de Peterson probablemente salvaríase se recibise atención médica inmediatamente logo do accidente. Os xuíces de pista insistiron en formar un muro humano non permitindo, incluíndo ao profesor [[Sid Watkins]], asesor cirúrxico da Fórmula Un, entrar no lugar do accidente. Logo dun atraso de entre once e dezaoito minutos unha ambulancia foi enviada á escena do accidente e Peterson foi levado ao centro médico de Monza.
 
Como resultado da confusión ocorrida co uso do semáforo no GP de Italia, determinouse que as saídas só poderían ser dadas despois de que un xuíz de pista atravesase a grella cunha bandeira na man, sinalizando que todos os monoprazas están parados.
 
[[Ficheiro:Ronnie-peterson-statue.jpg | thumb | 250px | A estatua de Ronnie Peterson en Almby, [[Örebro]], deuse a coñecer en agosto de 2003]]
 
Peterson correu un total de 123 Grandes Premios durante a súa carreira, gañando dez deles. Nunca gañou o [[Lista de pilotos campións do mundo de Fórmula 1|Campionato do Mundo de pilotos de Fórmula 1]] .
 
Barbro a viúva de Peterson nunca se recuperou da súa morte e suicidouse o 19 de decembro de 1987. Foi enterrada xunto a Ronnie na tumba da familia Peterson en Örebro. Ela e Ronnie tivo unha filla chamada Luisa Nina, que naceu en novembro de 1975. Hai unha estatua de Ronnie Peterson en Örebro, de Richard Brixel. O museo oficial de Ronnie Peterson foi inaugurado oficialmente por Nina Peterson en Örebro, o 31 de maio de 2008, pero se pechou en outubro de 2009, xa que era incapaz de asegurar o financiamento do goberno.
 
=== Resultados Completos na Fórmula Un ===
393.002

edicións