Karl Landsteiner: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 26:
Realizou a súa licenciatura e doutoramento en [[Medicina]] en Viena. Ó terminar os seus estudos traballou nos Laboratorios de Química Médica de [[Zúric]]. Na Universidade de Viena ocupou a cátedra de [[Anatomía Patolóxica]]. De 1908 a 1920, Landsteiner foi prosector no Wilhelminenspital de Viena, e en 1911 prestou xuramento como profesor asociado de Anatomía patolóxica. Durante ese tempo descobre -en cooperación con [[Erwin Popper]]- o caracter infeccioso da [[poliomielite]], e aílla o poliovirus.<ref>Landsteiner, K. und Popper, E. ''Übertragung der Poliomyelitis acuta auf Affen''. ''In Zeitschrift für Immunitätsforschung und experimentelle Therapie'' (''Transferencia da poliomielite aguda ós monos''. En Xornal de Inmunoloxía e Terapéutica Experimental, Vol 2 (1909), pp. 377-390</ref> En recoñecemento a este descubrimento revolucionario, que deu a base para a loita contra a polio, foi póstumamente introducido no [[Polio Hall of Fame]] de Warm Springs, [[Xeorxia, Estados Unidos de América|Xeorxia]] dedicándollo en xaneiro de 1958.
 
Outro dos seus campos de investigación foi a xenética do sangue humano que comparou coa dos simios.<ref> Speiser, Karl Landsteiner, p. 24 </ref> Landsteiner observou que ó mesturar o sangue de dúas persoas había ocasións en que os glóbulos vermellos aglutinábanse formando grumos visibles. Analizou o sangue dun total de 22 persoas, incluíndo a súa e a de cinco colaboradores do seu laboratorio, para o que procedía a separar o soro do sangue total, lavaba despois os glóbulos vermellos e mergullábaos nunha solución de soro salino fisiolóxico. A continuación ensaiaba cada soro cos diferentes glóbulos vermellos obtidos e tabulaba os resultados. Chegou así a descubrir tres tipos distintos de hematíes, denominados A, B e O, que daban lugar a reaccións de aglutinación. Estes achados realizounos en Viena cara a 1901. Dous anos máis tarde, dous discípulos seus, [[Alfredo de Castello]] e [[Adriano Sturli]], analizando 155 mostras (de 121 pacientes e 34 controis sans), descobren un cuarto grupo, ó que chaman AB, sen poder aglutinante.
 
O sangue humano posúe de forma natural unhas moléculas coñecidas como anticorpos capaces de reaccionar con outras moléculas dos glóbulos vermellos chamadas antíxenos ou aglutinóxenos, producindo como resultado da interacción antíxeno-anticorpo a súa aglutinación. Estes anticorpos ou isoaglutininas (que non existen no tipo AB) son as responsables da incompatibilidade das transfusións sanguíneas se non se selecciona ou se tipa (é así como se denomina tecnicamente no argot do laboratorio) o sangue a transfundir do doante. Ottenberg en 1911 acuñou o termo de "doante universal" para o grupo O por carecer de antíxenos nos eritrocitos. En 1908 [[Epstein]] e [[Ottenberg]] suxiren que os grupos sanguíneos son hereditarios. En 1910, [[E. von Dungern]] e [[L. Hirszfeld]] descobren que a herdanza destes grupos sanguíneos segue as [[leis de Mendel]] cun patrón dominante para os tipos A e B. En 1927 xunto con [[Philip Levine]], inmunizando coellos, Landsteiner descubriu tres antíxenos máis (M, N e P) similares ós antíxenos dos grupos A e B pero que, a diferenza destes, a súa presenza nos hematíes non supón a existencia no sangue humano normal de aglutininas naturais.
 
Posteriormente en 1940, xunto con [[Alexander Salomon Wiener]], descobre outro antíxeno nos hematíes ó que bautiza como factor Rh, ó acharse no soro de coellos inmunizados con sangue procedente dun mono da India, o [[Macacus Rhesus]]. Un neno que ten o factor Rh, é dicir, é Rh+, pode inmunizar á súa nai Rh- durante a xestación. Esta desenvolve anticorpos específicos anti-Rh que poden no seu segundo embarazo atravesar a placenta e producir o aborto ou unha enfermidade hemolítica no recentemente nado que cursa con ictericia, a temible eritroblastosis fetal. Máis tarde [[Ronald A. Fisher]] describe outros sistemas de antíxenos eritrocitarios e hoxe en día coñécense un total de até 42 antíxenos distintos nos glóbulos vermellos humanos.
 
Grazas ós seus traballos pioneiros en inmunohematoloxía estableceuse a compatibilidade sanguínea entre os distintos sangues dos seres humanos. O descubrimento dos grupos sanguíneos por Karl Landsteiner facilitou o labor da xustiza ó permitir as análises periciais en casos de litixio de paternidade, e o que é máis importante, fixo posible as transfusións sanguíneas seguras baseadas en criterios científicos, evitando os temibles accidentes postransfusionais (hemólisis ou destrución dos glóbulos vermellos e lesións renais) pola falta de compatibilidade sanguínea.
 
Posteriormente tras permanecer en [[La Halla]] tres anos, marchou a [[Nova York]] para traballar, a partir de [[1922]], no [[Rockefeller Institute for Medical Research]], no cal entrou en calidade de médico investigador e no que descubriu o [[factor Rhesus]].
 
== Legado ==
O día [[19 de novembro]] de [[1914]], o Dr. E. Merlo, naquel momento administrador académico de Clínica Médica da [[Universidade de Bos Aires]], leva a cabo con éxito a primeira transfusión indirecta no home sendo o doante R. Mosquera, un porteiro do establecemento. Logo, moitos outros investigadores (Carrel, Crile, Ellsberg, Unger) puxeron a punto multitude de técnicas para optimizar a transfusión sanguínea, que fixeron posible que nos modernos bancos de sangue a transfusión sexa unha práctica rutineira.
 
No campo da antropoloxía, a tipaxe dos grupos sanguíneos favoreceu os estudos sobre a distribución dos grupos sanguíneos nas distintas razas e etnias. A importancia das achegas de Landsteiner tiveron xusta recompensa e recoñecemento internacional pola comunidade científica. Foi galardoado pola Academia sueca co [[Premio Nobel de Medicina]] en 1930.
 
== Notas ==
Liña 46:
{{Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina}}
 
{{ORDENAR:Landsteiner, Karl}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Landsteiner, Karl}}
[[Categoría:Premio Nobel de Medicina]]
[[Categoría:Médicos de Austria]]