Richard Mulcahy: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:General Richard Mulcahy bust.JPG|miniatura|dereita|Placa escultórica en honor a Richard Mulcahy.]]
'''Richard James Mulcahy''' ou '''Risteárd Séamus Ó Maolchatha''' en [[lingua irlandesa|irlandés]], nado o [[10 de maio]] de [[1886]] en [[Waterford]] e finado o [[16 de decembro]] de [[1971]] en [[Dublín]], foi un político [[Irlanda|irlandés]], xeneral do exército e Comandante en Xefe, líder do [[Fine Gael]] e ministro. Participou no [[Alzamento de Pascua]] de [[1916]] e foi Xefe do Estado Maior do IRA durante a [[Guerra da Independencia Irlandesa]] e comandante das forzas pro-tratado durante a [[Guerra Civil Irlandesa]].
 
== Primeiros anos e Alzamento de Pascua de 1916 ==
Richard Mulcahy naceu en Manor Street, [[Waterford]], o [[10 de maio]] de [[1886]]. Foi educado na Escola dos [[Irmáns Cristianos]] Monte Sion e posteriormente en [[Thurles]] ([[condado de Tipperary]]), onde seu pai dirixía a oficina de correos. Unha das súas avoas era unha [[Sociedade Relixiosa dos Amigos|cuáquera]] que foi desherdada por casar cun [[católico]]. En [[1902]] entrou a traballar na Oficina de Correos e traballou en [[Thurles]], [[Bantry]], [[Wexford]] e [[Dublín]]. Foi membro dos [[Voluntarios Irlandeses]] dende [[1913]], e se uniu tamén á [[Irmandade Republicana Irlandesa]] e á [[Liga Gaélica]].
 
Durante o [[Alzamento de Pascua]] participou xunto a [[Thomas Ashe]] (que morrería durante unha [[folga de fame]]) nunha acción contra a [[Royal Irish Constabulary]] en [[Waterford]]. Detido polas forzas británicas, foi internado en [[Knutsford]] e no Campo de Internamento de Frongoch, en [[Gales]], ata a súa liberación o [[24 de decembro]] de [[1916]].
Liña 10:
Tras ser posto en liberdade, uniuse inmediatamente ao movemento republicano e se converteu en comandante da [[Brigada de Dublín]] dos [[Voluntarios Irlandeses]]. Elixido deputado nas eleccións de [[1918]], foi nomeado Ministro da Guerra no goberno republicano. En [[marzo]] de [[1919]] foi nomeado Xefe do Estado Maior do [[IRA]], posto que mantivo ata [[xaneiro]] de [[1922]].
 
El e [[Michael Collins (político)|Michael Collins]] foron os artífices da campaña militar contra o [[Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda|goberno británico]] durante a [[Guerra da Independencia Irlandesa]]. En [[1919]] contraeu matrimonio con Mary Josephine Ryan, irmá de [[James Ryan]] e de Kate e Phyllis Ryan, esposas sucesivas de [[Seán O'Kelly]]. Ambos homes acabaron formando parte dos gobernos do [[Fianna Fáil]].
 
Trala sinatura do [[Tratado Anglo-Irlandés]] de [[1921]], Mulcahy uniuse aos pro-tratadistas e foi nomeado Comandante en Xefe do exército do Goberno Provisional durante a [[Guerra Civil Irlandesa]]. Súa foi a orde de executar a aqueles activistas anti-tratado aos que se encontrara portando armas, sendo un total de 77 prisioneiros executados polo Goberno Provisional. Mulcahy ocupou despois o cargo de Ministro da Guerra do [[Estado Libre Irlandés]] entre xaneiro e marzo de [[1924]], mais dimitiu tralas críticas recibidas polo goberno sobre a súa xestión do coñecido como "motín do exército", protagonizado polos militares veteranos que foron desmovilizados ao concluír a guerra civil. Sen embargo volveu entrar no goberno en [[1927]] á fronte do Ministerio de Goberno Local e Saúde Pública.