Xentiobiosa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m svg
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Gentiobiose skeletal.png|miniatura|dereita|Xentiobiosa. <br> ]]
[[Ficheiro:Amygdalin structure.svg|miniatura|dereita|O glicósido amigdalina contén o disacárido xentiobiosa.]]
 
A '''xentiobiosa''' ou amigdalosa é un [[disacárido]] formado por dúas unidades de D-[[glicosa]] unidas por [[enlace glicosídico|enlace O-glicosídico]] β(1→6) co nome sistemático 6-O-β-D-glicopiranosil-D-glicosa <ref>PubChem [http://pubchem.ncbi.nlm.nih.gov/summary/summary.cgi?cid=441422 PubChem]</ref>. É un sólido branco cristalino soluble en auga ou en [[metanol]] quente cunha masa de 342,30 g/mol.<ref>''Merck Index'', 11ma. Edición, '''4288'''.</ref>
 
Non se atopa como azucre libre, senón formando parte de [[glicósido]]s. A xentiobiosa forma parte da estrutura da [[crocina]], o composto que lle dá cor ao [[azafrán]]. Forma parte tamén da estrutura da [[amigdalina]], presente nas améndoas amargas, e nas sementes de moitas froitas con óso, como os [[pexego]]s.<ref>Calvo M. [http://milksci.unizar.es/bioquimica/temas/toxico/glucosidoscn.html GLUCOSIDOS CIANOGENICOS] ''Bioquímica de los alimentos''</ref> É un produto da caramelización da glicosa.
 
Son isómeros da xentiobiosa os seguintes azucres tamén formados por glicosas pero con diferente enlace glicosídico: [[trehalosa]] (con enlace α(1→1)α), [[maltosa]] (enlace α(1→4)), [[Isomaltosa]] (enlace α(1→6)), [[soforosa]] (enlace β(1→2)), e [[celobiosa]] (enlace β(1→4)).
 
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
 
{{Carbohidratos}}