Diferenzas entre revisións de «Juan María Bandrés»

m
Arranxos varios using AWB
m (Bot: Substitución automática de texto (-\|[ ]*[Aa]ño[ ]*= +|ano=); cambios estética)
m (Arranxos varios using AWB)
'''Juan María Bandrés Molet''', nado en [[Donostia]] o [[12 de febreiro]] de [[1932]] e falecido [[28 de outubro]] de [[2011]] na mesma cidade<ref>[http://www.elmundo.es/elmundo/2011/10/28/paisvasco/1319786278.html Fallece Juan Mari Bandrés después de una prolongada enfermedad] ''[[El Mundo]]'', 28/10/2011</ref>, foi un avogado e político [[País Vasco|vasco]].
 
== Traxectoria ==
 
=== Actividade política ===
Membro fundador de [[Euskadiko Ezkerra]], nas [[eleccións Xerais 1977 en España|primeiras eleccións democráticas]] sae escollido [[Senado de España|senador]] por [[Guipúscoa]], e integrouse no grupo parlamentario Senadores Vascos. Nas votacións na cámara sobre a [[Constitución española de 1978|Constitución]], posiciónase en contra ao non considerar que cumprise as expectativas nacionais do [[País Vasco]].
 
Neses últimos anos do franquismo e primeiros da democracia actúa como mediador entre [[ETA]], os gobernos e as familias dos secuestrados. Así, en [[1973]] participa en conversas para a liberación de Felipe Huarte, en [[1975]] co ministro franquista [[Manuel Fraga]], en [[1977]] co goberno de [[Adolfo Suárez]] (das que se derivaría a [[Lei de Amnistía política]]) e ese mesmo ano, en [[1977]], no fracaso da negociación para liberar o empresario vasco [[Javier de Ybarra]], que resulta finalmente asasinado. O asasinato de Ybarra é o detonante da súa ruptura co contorno etarra.
 
=== Logo da política ===
En [[1995]] foi escollido presidente da [[Comisión Española de Axuda ao Refuxiado]] (CEAR). Dous anos máis tarde ([[1997]]) sofre un [[derrame cerebal]] que o deixará incapacitado para o resto da súa vida.
 
== Galardóns ==
* [[1998]] [[Gran Cruz da Orden Civil da Solidariedad Social]]
* [[2001]]. O CEAR institúe o Premio Juan María Bandrés á Defensa do Dereito de Asilo e á Solidariedade cos Refuxiados.
* [[2009]] a distinción [[Lan Onari]], outorgada polo [[Goberno Vasco]]. <ref>[http://www.lehendakaritza.ejgv.euskadi.net/r482312/es/contenidos/informacion/distinc_lan_onari/es_451/lan_onari_c.html Galardonados con la distinción Lan Onari]</ref>
* Cruz de Honra de San Raimundo de Peñafort.
 
 
{{ORDENAR:Bandres Molet, Juan Maria}}
 
[[Categoría:Personalidades da política do País Vasco]]
[[Categoría:Europarlamentarios do País Vasco]]
393.002

edicións