Respiración celular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
m Arranxos varios using AWB
Liña 4:
A respiración é un proceso catabólico, xa que os nutrientes oxidados rompen, orixinando moléculas moi simples como H<sub>2</sub>O e CO<sub>2</sub>, e liberando enerxía, que se almacena como ATP, sintetizado polo encima ATP sintetase situado na membrana mitocondrial interna ou na membrana plasmática bacteriana. O ATP conseguido por medio da respiración celular servirá para atender a todas as necesidades enerxéticas da célula, como as biosínteses e demais traballos celulares ([[transporte activo]], movemento dos flaxelos, contracción muscular, división celular...).
 
Os nutrientes que se oxidan na respiración celular funcionando como os doantes de electróns do proceso son case sempre moléculas orgánicas, principalmente [[azucre]]s e [[lípido]]s, e en determinadas circunstancias tamén poden ser "respirados" (oxidados) os [[aminoácido]]s. Os seres vivos que utilizan como fonte de electróns moléculas orgánicas denomínanse [[organótrofo]]s. Os animais, protozoos e bacterias deben comer ou absorber eses nutrientes orgánicos, pero as plantas, algas e algunhas bacterias fabrícanos elas mesmas durante a [[fotosíntese]].
 
É menos frecuente que o [[doante de electróns]], é dicir, a molécula que vai ser "respirada" (oxidada), sexa unha molécula inorgánica, como sulfuro, H<sub>2</sub>, Fe<sup>2+</sup>, amoníaco etc., que só utilizan as bacterias denominadas por esta razón [[litótrofo|litótrofas]], que son moi poucas <ref>{{cita libro | autor = Campbell Neil A., Brad Williamson, Robin J. Heyden | título = Biology: Exploring Life | editor = Pearson Prentice Hall | ano = 2006 | location = Boston, Massachusetts | pages = | url = http://www.phschool.com/el_marketing.html | doi = | id = | isbn = 0-13-250882-6 }}[http://www.phschool.com/el_marketing.html]</ref>.
Liña 13:
 
Neste artigo centrarémonos principalmente na respiración aeróbica, pero comentaremos algo tamén da respiración anaeróbica, e tamén falaremos brevemente das diferenzas coa fermentación, a cal non é unha respiración.
 
= Respiración aeróbica =
Liña 27 ⟶ 26:
A reacción global da respiración dunha molécula de glicosa é a seguinte:
 
<center><big>C<sub>6</sub>H<sub>12</sub>O<sub>6</sub> + 6 O<sub>2</sub> → 6 CO<sub>2</sub> + 6 H<sub>2</sub>O<sub></sub> </big></center>
 
<center>ΔG = -2880 kJ por mol de C<sub>6</sub>H<sub>12</sub>O<sub>6</sub></center>
Liña 106 ⟶ 105:
|}
Aínda que o rendemento teórico é de ata 38 ATP por glicosa, xeralmente é menor polas perdas de electróns na cadea respiratoria e os gastos no transporte activo de moléculas ás mitocondrias.
En xeral, estímase que a produción neta real non é de máis de 28 a 30 ATP por glicosa, pero non se sabe a cifra exacta. <ref name=Rich>Rich, P. R. (2003). "The molecular machinery of Keilin's respiratory chain". Biochemical Society Transactions 31 (Pt 6): 1095–1105. doi:10.1042/BST0311095. PMID 14641005.</ref> <ref>Porter, R.; Brand, M. (1 September 1995). "Mitochondrial proton conductance and H+/O ratio are independent of electron transport rate in isolated hepatocytes" (Free full text). The Biochemical journal 310 ( Pt 2) (Pt 2): 379–382. ISSN 0264-6021. PMC 1135905. PMID 7654171. http://www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pmcentrez&artid=1135905.</ref>
 
== Comparación coa fermentación ==
{{Artigo principal|Fermentación}}
Cando hai osíxeno o piruvato formado na glicólise é transportado ás mitocondrias e entra na respiración celular mitocondrial (ou segue a respiración aeróbica bacteriana no propio citosol). Pero en ausencia de osíxeno, o piruvato permanece no citosol e sofre unhas poucas reaccións máis que se denominan fermentacións. Estas reaccións adicionais do piruvato serven para reoxidar os coencimas formados na glicólise, e orixinan os produtos finais da fermentación. Algunhas células humanas (o músculo durante o exercico intenso, por exemplo) poden facer a fermentación homoláctica, que converte o piruvato en [[lactato]]. A fermentación só orixina os dous ATP netos formados na glicólise, polo que é un proceso pouco rendible enerxeticamente, pero permite obter enerxía en [[anaerobiose]]. É un proceso metabólico típico de bacterias e lévedos principalmente. Entre as bacterias hai moitas rutas fermentativas posibles. Hai bacterias anaerobias facultativas, que poden cambiar de metabolismo segundo as condicións do medio, e respiran cando hai osíxeno e fermentan cando non hai; consomen máis glicosa durante os períodos de fermentación porque esta ten menor rendemento enerxético.
 
A ecuación global da fermentación homoláctica é:
Liña 125 ⟶ 124:
{{Artigo principal|Respiración anaeróbica}}
A respiración anaeróbica dáse esencialmente nuns poucos grupos de bacterias. É similar á respiración aeróbica, pero coa grande diferenza de que non utiliza o osíxeno como aceptor final de electróns, senón outra substancia como o nitrato, sulfato, carbonato, Fe<sup>3+</sup>, [[fumarato]]... Por tanto, pode funcionar en condicións anaerobias. Non ten nada que ver coa fermentación, aínda que en ambos os procesos non se precise osíxeno.
 
 
== Notas ==