Historia da botánica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
musgo
m Arranxos varios using AWB
Liña 25:
[[Ficheiro: RobertHookeMicrographia1665.jpg|miniatura|Células na cortiza segundo Robert Hooke]]
 
O traballo máis importante de sistemática vexetal no [[século XVII]] é a ''[[Historia generalis plantarum]]'' (Historia xeral das plantas) do [[Inglaterra|inglés]] [[John Ray]]. Ray, profesor en [[Universidade de Cambridge|Cambridge]] comezou os seus traballos coa recollida dun herbario. Aí constatou que dentro das mesmas especies existen variedades, e definiu as especies en base aos caracteres comúns de [[sépalo]]s, [[semente]]s e vaso de sementes<ref name="A confusion of names">[http://www.bbc.co.uk/programmes/b0122k8y A confusion of names], WALKER, Timothy. ''Botany: A Blooming History''. [[BBC]].</ref>.. Pero en [[1660]] é expulsado de Cambridge por razóns políticas, ao negarse a xurar lealdade ao rei [[Carlos II de Inglaterra]] e instálase na casa dun dos seus estudantes en [[Middleton Hall]]. Alí é onde introduce os conceptos de [[monocotiledónea]] e [[dicotiledónea]] na clasificación das entón chamadas «plantas perfectas», para referirse ás especies cuxa semente se divide facilmente en dúas partes, chamadas [[cotiledón]]s, ou aquelas onde non se divide. En función desa división atopou outras diferenzas nas [[raíz|raíces]], nas [[flor]]es, nos [[talo]]s, nas [[folla]]s novas e nas follas maduras<ref>[http://www.bbc.co.uk/programmes/b0122k8y name="A confusion of names], WALKER, Timothy. ''Botany: A Blooming History''. [[BBC]].<"/ref>..
 
En [[1665]], empregando un dos primeiros [[microscopio]]s compostos, [[Robert Hooke]] descubriu na [[casca]] que a materia vexetal está constituída por pequenas celas ([[célula]]s). [[Anton van Leeuwenhoek]] fixo pola mesma época as primeiras observacións de organismos microscópicos, entre eles algúns da botánica en sentido amplo, como as [[bacteria]]s. [[Nehemiah Grew]] examinou metodicamente as estruturas das distintas partes das plantas, e decatouse que todas elas están feitas de células (''The anatomy of plants'', [[1682]]). [[Marcello Malpighi]] aplicou o microscopio ao estudo da anatomía de toda clase de organismos; a súa ''Anatomía Plantarum'' ([[1671]]), contén as súas observacións sobre as plantas. [[Jan Van Helmont]] deu os primeiros pasos para a comprensión do papel da [[auga]] na nutrición das plantas, pero foi [[Edme Mariotte]] quen demostrou que para formar a súa masa as plantas necesitan ademais da auga, materia tomada do [[solo]] e do [[aire]].
 
== Século XVIII ==
O [[século XVIII]] está marcado polos traballos dun botánico [[Suecia|sueco]]. [[Carl von Linné]] matriculouse en [[Medicina]] na [[Universidade de Uppsala]] e comezou a estudar a [[anatomía]] das plantas e, mais en concreto, a súa actividade reprodutiva. Identificou dúas partes nas flores: unha masculina, chamada [[estame]] e outra feminina, chamada [[pistilo]]. Advertiu que esas partes non se presentaban en igual número en todas as especies, e que había plantas con dous estames e un pistilo, con tres pistilos e un estame etc., e propuxo unha clasificación de todas as plantas baseada nesa distribución de xenitais nas plantas<ref>[http://www.bbc.co.uk/programmes/b0122k8y name="A confusion of names], WALKER, Timothy. ''Botany: A Blooming History''. [[BBC]].<"/ref>.. En [[1735]] publica con estas investigacións ''[[Sistema naturae]]'', un sistema de clasificación botánica de catorce páxinas, e viaxa a [[Inglaterra]] para dalo a coñecer. Porén a súa obra coñeceu un forte rexeitamento: ignorado pola [[Royal Society]] de [[Londres]]<ref>[http://www.bbc.co.uk/programmes/b0122k8y name="A confusion of names], WALKER, Timothy. ''Botany: A Blooming History''. [[BBC]].<"/ref>., ou vilipendiado por outros botánicos, como o [[prusia]]no [[Johann Siegesbeck]], que cualificou as súas teorías de que varios individuos femininos se reproducisen cun masculino, ou viceversa, de "[[prostitución]] noxenta"<ref>[http://correspondence.linnean-online.org/3282/ Carta de Johann Siegesbeck a Carl von Linné], 17/12/1736, da web coa integral da correspondencia de Linné, ''Linnean Correspondence''.</ref>, e de opoñerse a [[Deus]].
 
Linné contacta entón con [[Philip Miller]], un reputado horticultor [[Escocia|escocés]]. Miller impulsara na década de [[1710]] en [[Chelsea]] ([[Londres]]) un equipo de traballo que pretendía chegar a un acordo sobre a denominación das plantas, co obxectivo de darlles un unívoco nome para toda a comunidade de [[xardiñería|xardiñeiros]] e científicos. Miller estaba na liña de vangarda da importación de plantas exóticas ao [[Reino Unido]] e quería explorar as diferenzas entre as especies tradicionais e as especies semellantes que lle viñan de fóra. O equipo de traballo disólvese sen acabar a súa misión, e Miller é designado xefe de xardinería do [[Chelsea Physic Garden]] en [[1722]]. Miller organiza o xardín botánico [[Londres|londiniense]] en función do aproveitamento humano que se facía das plantas. En [[1731]] publica a súa obra magna, ''The Gardener's Dictionary containing the Methods of Cultivating and Improving the Kitchen Fruit and Flower Garden'', onde ordeaba [[alfabeto|alfabeticamente]] todas as plantas que se podían cultivar en [[Inglaterra]] e onde procuraba para elas un nome único. A obra chegou a coñecer oito edicións e foi traducida ao [[lingua neerlandesa|neerlandés]]. Mais o encontro entre Linné e Miller acaba en rotundo fracaso e nunha inimizade que lles duraría toda a vida<ref>[http://www.bbc.co.uk/programmes/b0122k8y name="A confusion of names], WALKER, Timothy. ''Botany: A Blooming History''. [[BBC]].<"/ref>..
 
Posteriormente Linné trasládase a [[Oxford]], onde contacta co profesor de botánica na [[Universidade de Oxford|universidade]], o [[Alemaña|alemán]] [[Johann Jacob Dillenius]]. Con Dillenius desenvolve unha dinámica de traballo e amizade persoal. En [[1738]] Linné regresa a [[Suecia]] onde impulsa o [[xardín botánico de Uppsala]]. Nel as plantas están distribuídas conforme a clasificación linneana de especies polo número dos seus órganos reprodutores masculinos e femininos. Como profesor de botánica da universidade de [[Uppsala]], organizou a confusa e vaga terminoloxía anterior creando o sistema binomial de designar as especies. No seu ''[[Species Plantarum]]'' ([[1753]]) lista e ordena 7.700 nomes de plantas<ref>[http://www.bbc.co.uk/programmes/b0122k8y name="A confusion of names], WALKER, Timothy. ''Botany: A Blooming History''. [[BBC]].<"/ref>..
 
Naquel tempo ([[1716]]), o floreiro [[Inglaterra|inglés]] [[Thomas Fairchild]] creou o primeiro [[híbrido]] ao cruzar dúas especies distintas de [[Caraveleira|caraveis]]: un macho de [[Dianthus barbatus]] e unha femia de [[Dianthus caryophyllus]]. Fairchild presentoulle os seus éxitos en público á [[Royal Society]] en [[1720]]<ref>[http://www.bbc.co.uk/programmes/b0122k8y name="A confusion of names], WALKER, Timothy. ''Botany: A Blooming History''. [[BBC]].<"/ref>. Tamén [[John Woodward]] amosou en [[1714]] que as sementes xerminadas non se desenvolven en auga pura, senón nun extracto de solo.
 
== Século XIX ==
E [[1837]] [[Charles Darwin]] publica ''[[A orixe das especies]]'', unha obra que marcaría un fito na botánica tamén ao describir como as plantas teñen capacidade de adaptación ao contorno, e que esa capacidade de adaptación as fai evoluír<ref>[http://www.bbc.co.uk/programmes/b0122k8y name="A confusion of names], WALKER, Timothy. ''Botany: A Blooming History''. [[BBC]].<"/ref>. Tamén Darwin sinalou con precisión o concepto de [[especie]] e propuxo unha nova vía para a clasificación, que se basease nos devanceiros comúns e na proximidade entre diferentes especies.
 
== A botánica moderna (desde 1945) ==
Liña 48:
 
{{ORDENAR:Botanica}}
 
[[Categoría:Botánica]]
[[Categoría:Historia temática]]