Evanxeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Brathxa (conversa | contribucións)
→‎Ligazóns externas: ligazón externa
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Karolingischer Buchmaler um 820 001.jpg|miniatura|250px|Representación dos catro [[Evanxeo|evanxelistas]] coa súa correspondente simboloxía:<br /> [[Mateo o Evanxelista|Mateo]] (home-anxo),<br /> [[Marcos o Evanxelista|Marcos]] (león alado),<br /> [[Lucas o Evanxelista|Lucas]] (touro alado) e<br /> [[Xoán o Evanxelista|Xoán]] (aguia).]]
[[Ficheiro:Sargis Pitsak.jpg|miniatura|250px|Primeira páxina do [[Evanxeo de Marcos]] en [[Lingua armenia|armenio]], por Sargis Pitsak, século XIV.]]
 
'''Evanxeo''', do [[lingua grega|grego]] εὐαγγέλιον (''evangélion''), de εὐ (''eu'', que significa 'ben'), e ἀγγέλιον (''angélion'', que significa 'mensaxe') e en [[lingua hebrea|hebreo]] בשורה, que significa 'noticia' e טובה, que significa 'boa', é a ''boa noticia'' do cumprimento da promesa feita por [[Deus]] a [[Abraham]], [[Isaac]] e [[Xacob]] de que redimiría á súa descendencia do pecado (Feitos: 13, 32) <ref>[http://www.iglesia.net/biblia/libros/hechos.html#cap13 ''Feitos, cap. 13''. Iglesia.net] {{es}}</ref> por medio da morte do seu Fillo unixénito [[Xesús de Nazaret|Xesús]] ([[Xénese]]: 22, 2 <ref>[http://www.iglesia.net/biblia/libros/genesis.html#cap22 ''Xénese, cap. 22''. Iglesia.net] {{es}}</ref>; [[Salmos]]: 130, 8 <ref>[http://www.iglesia.net/biblia/libros/salmoslibro5.html#cap130 ''Salmos, cap. 130''. Iglesia.net] {{es}}</ref>; Salmos: 2, 7 <ref>[http://www.iglesia.net/biblia/libros/salmoslibro1.html#cap2 ''Salmos, cap. 2''. Iglesia.net] {{es}}</ref>) quen morrería en [[expiación]] polo pecado de toda a humanidade ([[Isaías]]: 53, 10) <ref>[http://www.iglesia.net/biblia/libros/isaias.html#cap53 ''Isaías, cap. 53''. Iglesia.net] {{es}}</ref> e resucitaría ao terceiro día (Salmos: 16, 10) <ref> [http://www.iglesia.net/biblia/libros/salmoslibro1.html#cap16 ''Salmos, cap. 16''. Iglesia net] {{es}}</ref> para dar arrepentimento e perdón dos pecados a todo aquel que crea nel ([[Lucas o Evanxelista|Lucas]]: 24, 47).<ref>[http://www.iglesia.net/biblia/libros/lucas.html#cap24. ''Lucas, cap. 24''. Iglesia.net] {{es}}</ref>
 
[[David]] profetizou que Xesús resucitaría ao terceiro día sen ver corrupción (Salmos: 16, 10), todos sabemos que David morreu e que o seu corpo viu corrupción (Romanos: 2, 10) <ref>[http://www.iglesia.net/biblia/libros/romanos.html#cap2 ''Romanos, cap. 2''. Iglesia.net] {{es}}</ref> e a tumba de David está no [[Monte Sión]], pero Xesús resucitou ao terceiro día (Marcos: 16, 1-6) <ref>[http://www.iglesia.net/biblia/libros/marcos.html#cap16 ''Marcos, cap. 16''. Iglesia net] {{es}}</ref> cumprindo a profecía da súa resurrección e a súa tumba está baleira e é coñecida como o [[Santo Sepulcro]].
 
Este é o evanxeo que predicaban os primeiros discípulos de Xesús (1 Corintios: 15, 1-12). <ref>[http://www.iglesia.net/biblia/libros/1corintios.html#cap15 ''1 Corintios, cap. 15''. Iglesia.net] {{es}}</ref>
 
O cumprimento da promesa de Deus, ou evanxeo, foi escrito polos primeiros discípulos xudeus nos evanxeos, que son os escritos que recollen as primeiras predicacións dos discípulos de Xesús de Nazaret, e cuxo núcleo central da mensaxe é a morte e resurrección de Xesús.
 
Nun sentido máis xeral o termo ''evanxeo'' pode referirse aos evanxeos. Neste sentido existen catro evanxeos contidos no [[Novo Testamento]] da [[Biblia]] cristiá, chamados Evanxeos canónicos, recoñecidos como parte da [[Revelación]] polas diferentes confesións [[cristianismo|cristiás]]. Coñécense co nome dos seus supostos autores: [[Evanxeo de Mateo|Mateo]], [[Evanxeo de Marcos|Marcos]], [[Lucas o Evanxelista|Lucas]] e [[Evanxeo de Xoán|Xoán]]. A maioría dos expertos considera que estes catro evanxeos foron escritos entre os anos 65 e 100 d.C., aínda que outros académicos propoñen datas máis temperás.
 
Existen outros escritos, coñecidos como [[Evanxeos apócrifos]], non recoñecidos como canónicos polas igrexas cristiás actuais.
 
== Orixe do termo ==
Liña 36:
{{LibrosNovoTestamento}}
{{VT|Evanxeos sinópticos|Evanxeo de Xoán}}
Do elevado número de evanxeos escritos na Antigüidade, só catro foron aceptados pola Igrexa e considerados como canónicos. Establecer como canónicos estes catro evanxeos foi unha preocupación central de [[Ireneo de Lyon]], contra o ano 185. Na súa obra máis importante, ''Adversus haereses'', [[Ireneo de Lyon|Ireneo]] criticou con dureza tanto ás comunidades cristiás que facían uso dun só evanxeo, o de Mateo, como aos que aceptaban varios dos que hoxe son considerados como ''evanxeos apócrifos'', como a [[seita]] gnóstica dos [[valentiniano]]s. Ireneo afirmou que os catro evanxeos por el defendidos eran os catro piares da Igrexa. "Non é posíbel que poidan seren nin máis nin menos de catro", declarou, presentando como [[lóxica]] a analoxía cos catro puntos cardinais, ou cos catro ventos (1.11.18). Para ilustrar o seu punto de vista, utilizou unha imaxe, tomada do [[Libro de Ezequiel|Ezequiel]], do trono de Deus flanqueado por catro criaturas con rostros de diferentes animais (home, león, touro, aguia), que están na orixe dos símbolos dos catro evanxelistas na [[iconografía]] cristiá.
 
Tres dos evanxeos canónicos, os de Marcos, Mateo e Lucas, presentan entre si importantes similitudes. Pola semellanza que gardan entre si denomínanse [[evanxeos sinópticos|sinópticos]] desde que, en 1776, o estudoso J. J. Griesbach os publicou por primeira vez nunha táboa de tres columnas (''synopsis''), nas que podían abarcarse dunha soa ollada, para mellor destacar as súas coincidencias.
 
=== Orixe dos evanxeos canónicos ===
A historia do desenvolvemento dos evanxeos é confusa, existindo varias teorías acerca da súa composición, como se expón a continuación. As análises dos estudosos centráronse no que se chama o ''problema sinóptico'', é dicir, as relacións literarias existentes entre os tres evanxeos sinópticos, Mateo, Lucas e Marcos.
 
A teoría que obtivo maior consenso é a ''teoría das dúas fontes''.
 
==== Teoría das dúas fontes ====
Liña 65:
 
=== Autoría dos evanxeos canónicos ===
Tradicionalmente atribúese a autoría dos evanxeos a Mateo, apóstol de Xesús; a Marcos, discípulo de Pedro; a Lucas, médico de orixe siria discípulo de Paulo de Tarso e a Xoán, apóstolo de Xesús. Sen embargo, até hoxe non foi determinada aínda a autoría real de cada evanxeo.
 
No seo da Igrexa Católica, o Concilio Vaticano II na súa Constitución ''Dei Verbum'' (n. 18) ensina que "a Igrexa sempre defendeu e defende que os catro Evanxeos teñen orixe apostólica. Pois o que os apóstolos predicaron por mandato de Cristo, despois, baixo a inspiración do Espírito Santo, eles e os homes apostólicos nolo transmitiron por escrito, fundamento da fe, é dicir, o evanxeo en catro redaccións, segundo Mateo, Marcos, Lucas e Xoán".
 
=== Datas dos evanxeos canónicos ===
Non hai acordo acerca das datas exactas en que foron redactados. A maioría dos expertos considera que os evanxeos canónicos foron redactados na segunda metade do [[século I]] d.C., é dicir, a redor de medio século despois da desaparición de Xesús de Nazaret, aínda que moitos expertos consideran que foron redactados antes da destrución do Templo de Xerusalén.<ref>Por exemplo, J. A. T. Robinson no seu libro ''Redating the New Testament'', e J. Carrón García e J. M. García Pérez na súa obra ''¿Cuándo fueron escritos los evangelios?'', entre outros.</ref>
 
Tamén existe unha minoría que propón que os evanxeos foron redactados tras a destrución definitiva de Xerusalén durante o reinado de [[Adriano]].
Liña 80:
* Xoán: ca. [[90]] – [[110]] (data proposta por C. K. Barrett; R. E. Brown non ofrece unha data consensuada para o evanxeo de Xoán).
 
Estas datas están baseadas na análise dos textos e na súa relación con outras fontes.
 
En canto á información que nos proporciona a arqueoloxía, o manuscrito máis antigo dos evanxeos é o chamado [[Papiro P52]], que contén gran parte do evanxeo de Xoán e, segundo os papirólogos, é da primeira metade do [[século II]], aínda que non existe consenso acerca da data exacta, e hai quen atrasan a súa datación ao primeiro cuarto do século II, e quen consideran que é do segundo cuarto. De todos os xeitos é extraordinario o brevísimo lapso que separa ao manuscrito orixinal de Xoán coa copia sobrevivente máis antiga. E isto constátase, en menor proporción, en todos os evanxeos cuxas copias máis antigas gardan menos dun século co orixinal.
Liña 90:
Ademais dos catro evanxeos canónicos, hai outros evanxeos que non foron incorporados ao canon do [[Novo Testamento]]. De maneira que estes evanxeos apócrifos non son agora aceptados por as igrexas cristiás como fidedignos, nin como textos inspirados pola divindade. Pero si foron considerados ''escritura'' por algunhas das faccións en que se dividiu o cristianismo durante os primeiros séculos da súa historia. Especialmente pola corrente cristiá [[Gnosticismo|gnóstica]], que foi a que achegou a maior parte destes textos, e por comunidades cristiás que conservaron unha ligazón máis estreita coa tradición xudía da que xurdiu o cristianismo, e que daban unha visión de Cristo demasiado ligada ao hebraismo.<ref>Corrado Augias & Mauro Pesce, ''Inchiesta su Gesù'', Oscar Mondadori. ISBN 978-88-04-57132-2, paxs. 20-21.</ref>
 
Este último é o caso do [[Evanxeo dos hebreos]] e do [[Evanxeo secreto de Marcos]], que diversos autores (como Morton Smith) datan como contemporáneos dos evanxeos canónicos e aínda como fonte dalgúns destes.
 
Debido a estes debates, hai autores que prefiren falar de evanxeos extracanónicos, en vez de ''apócrifos'', para evitaren un termo que implica ''a priori'' a falsidade dos textos. O [[Evanxeo de Tomás]] é incluso datado por algúns expertos no ano 50 d.C., hipótese que o convertería no máis antigo coñecido.<ref>John P. Meier, ''A Marginal Jew: Rethinking the Historical Jesus'', v. 1, páx. 128.</ref> <ref>Theissen, Gerd & Annette Merz (1998): ''El Jesús Histórico: Una guía completa''. Minneapolis: Fortress Press. páxs 38-39. ISBN 0-8006-3122-6.</ref> <ref> Stevan L. Davies [http://users.misericordia.edu//davies/thomas/correl.htm Análise de correlación] {{en}}</ref>
 
Algúns destes escribíronse despois dos canónicos, e por iso foron aceptados nada máis que por pequenos grupos da comunidade cristiá da Igrexa Primitiva. Parte do contido dos evanxeos non canónicos foi declarada herexía pola maioría das ramas do [[cristianismo]], e algúns deles foron obxecto de persecución por parte da [[Igrexa Católica]].
 
Na literatura evanxélica apócrifa ten un papel importante o pobo sinxelo. A súa imaxinación oriental por todo o que se presentaba como extraordinario, misterioso e lendario, encontrou a maneira de encher os ocos dos evanxeos canónicos con detalles da vida de Xesús.
 
Os evanxeos apócrifos máis antigos son o Evanxeo de Tomás (baseado nos ditos de Xesús) e o [[Evanxeo de Pedro]] (outra narración da vida de Xesús). No [[século II]] aparecen os "Evanxeos da Infancia" (en grego denominados προτο-ευαγγέλιον ''protoevangélion''), como o evanxeo de Xaime, que presenta o concepto da Virxinidade Perpetua de María, e o Evanxeo da Infancia escrito por Tomás (que non hai que confundir co Evanxeo dos ditos de Xesús). Ambos os dous conteñen historias de milagres feitos por Xesús cando era neno.
Liña 105:
Os evanxeos narran, de forma bastante fantástica, a vida de Xesús de Natzaret. Descoñécese até que punto os episodios que narran se poden atribuír a un só personaxe ou máis ben se son feitos e anécdotas da vida de diferentes profetas máis ou menos coetáneos que, co paso do tempo, se irían atribuíndo a un só profeta, o máis relevante de todos eles.
 
De acordo co punto de vista naturalista, os feitos narrados están cheos de feitos fantásticos, que van desde unha [[reprodución|concepción]] virxinal (Xesús nacería dunha nai virxe), contraria á [[bioloxía]] actual, até unha resurrección improbábel (Xesús resucitaría despois de morto e o seu corpo se elevaría ao ceo). Entre medias, hai toda clase de [[milagre]]s que as diferentes igrexas interpretan como feitos históricos, e que para os críticos son lendas cheas de simbolismo, que co tempo acabarían por considerarse feitos reais.
 
Os evanxeos segundo Mateo e Lucas inclúen numerosas referencias aos escritos proféticos do [[Antigo Testamento]] relacionadas coa chegada do mesías. Segundo os teólogos, Mateo, cuxo evanxeo conta con máis referencias proféticas do Antigo Testamento, escribiría para os hebreos e o autor quería probar que [[Xesús de Natzaret]] era o mesías que cumprira as profecías mesiánicas, utilizando copiosamente versículos do Antigo Testamento, quizais da tradución [[Biblia dos Setenta|dos Setenta]]. Para outros críticos, sen embargo, estas pasaxes parecen escritas para adecuar a figura dun home ao rei-profeta que fora anunciado polos profetas: o nacemento dunha nai moza, a pretendida ascendencia de Xesús á xenealoxía do [[rei David]], e até a mesma morte de Xesús, poderían ser referencias dos textos que os destinatarios do seu evanxeo (as comunidades xudías que esperaban ao [[mesías]]) coñecerían moi ben. Así e todo, o nacemento virxinal de Xesús é considerado polos críticos naturalistas e algúns filólogos unha adecuación dun "erro" de tradución xudía da [[Biblia dos Setenta|''Septuaginta'']] da pasaxe de Isaías 7: 14, xa que traduciron o [[hebreo]] "''almah''" (que de acordo co Dicionario Strong's pode significar "rapaza nova", "doncela" ou "virxe"), polo grego παρθένος, ''parthénos'', (que só significa "virxe").
Liña 133:
* [http://www.iglesia.net/biblia/ La Web Cristiana. La Biblia. Iglesia.net] {{es}}
* [http://www.vatican.va/archive/hist_councils/ii_vatican_council/documents/vat-ii_const_19651118_dei-verbum_sp.html Documentos del Concilio Vaticano II. Constitución dogmática ''Dei Verbum'' sobre la Divina Revelación] {{es}}
 
 
{{Libros da Biblia}}