Diácono: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxos
m Arranxos varios using AWB
Liña 7:
==Orixe==
[[Ficheiro:StStephen GiacomoCavedone.jpg|miniatura|220px|[[Estevo, Mártir|Santo Estevo]], un dos sete primeiros diáconos, pintado por Giacomo Cavedone (1601).]]
O diaconado é un ministerio de orixe apostólica. Nos [[Feitos dos apóstolos]] ([[Feitos]]: 6, 1-6) <ref>[http://www.iglesia.net/biblia/libros/hechos.html#cap6 ''Hechos: 6, 1-6''. Iglesia.net] {{es}}. Consultada o 12 de xuño de 2011</ref> nos que se fai mención por primeira vez de homes ordenados para o servizo dos seus irmáns. Tamén se mencionan en [[Filemón]] 1, 1 <ref>[http://www.iglesia.net/biblia/libros/filemon.html ''Epistola de San Pablo a Filemón''. Iglesia.net] {{es}}. Consultada o 12 de xuño de 2011.</ref> e en [[1 Timoteo]] 3, 8-13 <ref>[http://www.iglesia.net/biblia/libros/1timoteo.html#cap3 ''1 Timoteo: 3, 8-13''. Iglesia.net] {{es}}. Consultada o 12 de xuño de 2011</ref>. Os diáconos foron responsábeis das primeiras comunidades cristiás.
 
O diácono é entón un home elixido polos [[cristianismo|cristiáns]] e que, despois da imposición das mans por un dos [[apóstolos]], é chamado para ocuparse dos máis desfavorecidos da comunidade. Moi cedo, tamén se encargaron de xerar bens materiais da Igrexa nacente.
 
Foron designados, segundo as escrituras, os sete primeiros diáconos da [[Igrexa Católica|Igrexa]] primitiva, ([[Feitos dos Apóstolos]] 6: 5) por parte dos [[apóstolos]]: [[Estevo Mártir|Estevo]], [[Filipe (diácono)|Filipe]], [[Prócoro]], [[Nicanor (diácono)|Nicanor]], [[Timón (diácono)|Timón]], [[Parmenes]] e [[Nicolás (diácono)|Nicolás]].
 
Entre eles destacaron Santo Estevo, o primeiro diácono e o primeiro mártir cristián, Filipe, o predicador en [[Palestina|Samaría]] e Prócoro, quen, segundo a tradición, fora amanuense do [[Xoán o Evanxelista|apóstolo San Xoán]] no seu desterro na illa de [[Patmos]].
 
A [[primeira epístola a Timoteo]] (capítulo 3).<ref>[http://iglesia.net/biblia/libros/1timoteo.html#cap3 ''Primera epístola del Apóstol San Pablo a Timoteo. Capítulo 3''. Iglesia.net.] {{es}} </ref> comenta todas as cualidades esperábeis do diácono.
 
Na Biblia podemos ler as seguintes ordenanzas, cualificando os diáconos:
Liña 33:
Os transitorios son ministros relixiosos que está no último dos sete anos de estudos —en promedio— dos que levan á carreira clerical. Non son sacerdotes até culminar os seus estudos e ser entón ordenados polo bispo. Por tanto, por un tempo, todos os sacerdotes son primeiro ordenados diáconos transitorios (en tránsito cara ao [[sacerdote|sacerdocio]]).
 
Os permanentes poden ser homes solteiros, casados ou viúvos. Deben ser considerados homes "probos" pola comunidade, caritativos, respectuosos, misericordiosos e servizais. É determinación do bispo exixir que sexa casado e, neste caso, necesita do consentimento por escrito da esposa (requisito indispensábel), sendo necesario que a familia leve unha vida concordante cos valores cristiáns, e que o matrimonio teña un mínimo de 5 anos.
 
Quen é ordenado diácono sendo solteiro ou viúvo se compromete ao celibato permanente. Un diácono casado que perdera á súa esposa non pode volver a contraer matrimonio, pero si pode optar a ser [[presbítero]].
Liña 39:
=== Funcións dos diáconos ===
[[Ficheiro:Diakonat.jpg|miniatura|300px|Ordenación dun diácono.]]
No curso dos tempos a función de diácono foi pouco a pouco evolucionando, en particular na Igrexa latina. Parece que a necesidade de dispoñer de homes dedicados unicamente e este servizo fíxose menos necesaria, o os laicos foron frecuentemente suficientes para asegurar os requirimentos materiais [[diácono|diaconais]]. Pouco a pouco, o diaconado permanente desapareceu e a orde dos diáconos quedou reducida a unha etapa cara á ordenación [[presbítero|presbiterial]]. De todos os xeitos, como quedou dito, San [[Francisco de Asís]], fundador dos franciscanos no [[século XIII]], era diácono e así permaneceu toda a súa vida. Estes casos de diáconos rarifícanse á fin da Idade Media.
 
Nas Igrexas católicas orientais, o diaconato gardou o seu carácter permanente para os que o solicitasen.
 
O diácono proclama o evanxeo e asiste no altar. Pode realizar, baixo a orientación dun [[sacerdote]], algunhas celebracións relixiosas, [[bautismo|bautismos]]s, bendicir [[matrimonio|casamentos]], e facer [[homilías]] e dirixir oracións. Leva o viático aos enfermos, pero non poden administrar a unción dos enfermos, a antes chamada [[extremaunción]], nin tampouco poden atender confesións.
 
Ademais pode dirixir a administración dunha parroquia, se lle pode designar unha ''Diaconía'', pode presidir a celebración dominical, pero non presidir a Eucaristía, que lle corresponde só ao presbítero (é dicir, consagrar) e pode realizar outros servizos segundo as necesidades da diocese. En fin, todo o relacionado coa misericordia e caridade, ademais de animar ás comunidades que se lle encomenden.
Liña 49:
Seguindo as proposicións do [[Concilio Vaticano II]] <ref>"Alí onde as conferencias episcopais o xulguen oportuno, a orde do diaconado deberá restablecerse como estado de vida permanente, segundo as disposicións da Constitución sobre a Igrexa (LG 29). É útil en efecto que haxa homes que cumpran un ministerio verdadeiramente diaconal, ben sexa predicando a Palabra de Deus como catequistas, ben gobernando en nome do cura e do bispo as comunidades cristiáns, ou exercendo a caridade nas obras sociais ou caritativas, e que sexan fortificados pola imposición das mans transmitida desde os apóstolos e máis estreitamente unidos ao altar, para que adquiran o ministerio máis eficazmente, por medio da graza sacramental do diaconado". ''Ad Gentes'' § 16, 1965.</ref>, A Igrexa católica romana restableceu, na súa parte latina, polo ''Motu proprio'' de [[Paulo VI]] ''Sacrum Diaconatus Ordinem'' <ref>[http://www.vatican.va/holy_father/paul_vi/motu_proprio/documents/hf_p-vi_motu-proprio_19670618_sacrum-diaconatus_lt.html ''Sacrum Diaconatus Ordinem''] {{la}}. Motu proprio ''Sacrum Diaconatus'' de Paulo VI, de 18 de xuño de 1967, no sitio do Vaticano, dispoñíbel tamén {{en}} e {{it}}.</ref> do 18 de xulo de 1967, o diaconado permanente e a ordenación para o diaconado de homes casados.
[[Ficheiro:DeaconsingingExsultet2007.jpg|miniatura|200px|esquerda|diácono [[Igrexa Católica|católico]] canta o ''[[Exsultet]]'' na [[Vixilia Pascual]] en [[Polonia]].]]
Desde o [[Concilio Vaticano II]], o [[Catecismo]] da [[Igrexa Católica]] ensina que a Igrexa latina restableceu o diaconado "como un grao propio e permanente dentro da xerarquía", mentres que as Igrexas de Oriente mantivérano sempre.<ref name="Véxase artigo Diaconisa">Véxase artigo [[Diaconisa]]</ref>. Este diaconado permanente, que pode ser conferido a homes casados, constitúe un arrequecemento importante para a misión da Igrexa.
 
En efecto, á apropiado e útil que homes que realizan na Igrexa un ministerio verdadeiramente diaconal, xa na vida litúrxica e pastoral, xa nas obras sociais e caritativas, "sexan fortalecidos pola imposición das mans transmitida xa desde os apóstolos e así se unan máis estreitamente ao servizo do altar, para que cumpran con maior eficacia o seu ministerio pola graza sacramental do diaconado" (1571).
 
E no número anterior, falando da ordenación dos diáconos, "en orden ao ministerio", precisa o Catecismo: "Os diáconos participan dunha maneira especial na misión e a graza de Cristo. O sacramento da Orden marcounos cun carimbo (''carácter'') que ninguén pode facer desaparecer e que os configura con Cristo que se fixo ''diácono'' é dicir, o servidor de todos.<ref> name="Véxase artigo [[Diaconisa]]<"/ref>. A diaconía é sacramento, é entrega, é consagración ao servizo ministerial do Señor e dos irmáns. De todos os irmáns, en especial dos enfermos, de todos os pobres e de todo aquel que sofre, en xeral.
 
Corresponde aos diáconos, entre outras cousas, asistir ao bispo e a os presbíteros na celebración dos divinos misterios, sobre todo da Eucaristía e na distribución da mesma, proclamar o Evanxeo e predicar, presidir as exequias dos defuntos, así como todos os sacramentais. Es ministro ordinario do sacramento do bautismo e do matrimonio e propiamente se entrega aos diversos servizos da caridade" (1570).
Liña 77:
A vestimenta diaconal é o ''sticharion'' (dalmática), o ''orarion'' (estola de diácono), e a ''epimanikia'' (bocamangas). Cobre a cabeza co ''kamilavka'' clerical (sombreiro cilíndrico)
 
De acordo coa tradición do Patriarcado Ecuménico, a maneira máis común de dirixirse a un diácono é como "Padre".<ref>[http://www.goarch.org/resources/etiquette| ''Etiqueta e protocolo''. Arquidiocese ortodoxa grega de América.] {{en}}</ref> Dependendo das tradicións locais, aos diáconos se lles chama "Padre", "Padre diácono," "Diácono padre" ou, se quen a apela é o bispo, simplemente como "Diácono".
[[Ficheiro:Orthodox Deacon.jpg|miniatura|diácono [[Igrexa Ortodoxa|ortodoxo grego]] na [[Igrexa da Natividade]] en [[Belén]], revestido cun ''[[orarion]]'' sobre o ''[[sticharion]]''. Cobre a cabeza co ''[[kamilavka]]'' clerical.]]
 
A tradición de bicar a man dos clérigos esténdese aos diáconos.
 
Antigamente as Igrexas orientais ordenaban [[diaconisa]]s. Esta práctica caeu en desuso no segundo milenio, pero foi restaurada (non sen controversia) nalgunhas igrexas.
 
A [[Nectario|San Nectario de Pentápolis]] se lle imputa ter ordenado un certo número de monxas como diaconisas en conventos.
 
Historicamente, as diaconisas nunca tiveron a mesma posición na xerarquía que os diáconos. Asistían normalmente no bautizo de mulleres, e atendían as necesidades espirituais das mulleres da comunidade, pero non servían no altar.
 
O ''protodiácono'' (en [[lingua grega|grego]] πρωτοδιάκονος: ''protodiákonos'', "pirmeiro diácono") na [[Igrexa ortodoxa]], e tamén nos [[uniata]]s), é o diácono principal da diocese. Isto é un título, e non un grao. É unha distinción de honra do diácono máis antigo, que usualmente serve no equipo do bispo diocesano.
 
Oficia na [[catedral]] diocesana. No seu ''orarion'' está bordada tres veces a palabra ''santo'', en referencia ao [[trisaxio]]. Hoxe en día esta función dáse tamén aos diáconos casados que teñan máis de vinte anos de servizo. Frecuentemente teñen unha boa voz para animar o canto litúrxico.
 
O ''arquidiácono'' é unha figura similar, pero na clerecía monástica.
 
== Os diáconos nas Igrexas reformadas ==
Liña 100:
[[Ficheiro:Stoledeacon.jpg|miniatura|esquerda|Un clérigo [[Anglicanismo|anglicano]] vestido como diácono con [[Alba (vestimenta)|alba]], e [[estola]] púrpura sobre o seu ombro esquerdo.]]
 
Os diáconos participan na vida da comunidade parroquial e concelebran a liturxia (na que, entre outras funcións, len o Evanxeo e poden predicar) con un presbítero.
 
Ao contrario dos diáconos católicos e ortodoxos que só poden casar antes da ordenación, aos diáconos anglicanos se lles permite libremente casar antes ou despois da ordenación, como aos presbíteros. Moitos diáconos se preparan para o presbiteriado e son usualmente ordenados como presbíteros ao redor de un ano despois da súa ordenación diaconal.
 
Moitas provincias da Comuñón anglicana ordenan tanto a mulleres como a homes como diáconos. Algunhas destas provincias que ordenan mulleres como presbíteros previamente admiten que só sexan admitidas ao diaconado.
 
Un efecto diso foi a creación dun amplo e agobiante de diaconado feminino durante moito tempo, mentres que moitos homes son ordenados presbíteros e despois dun tempo moi curto como diáconos.
 
Os diáconos anglicanos poden bautizar e, nalgunhas dioceses, poden dispensar licenzas de matrimonio, usualmente baixo instrucións do seu párroco e bispo. Comunmente ofician a bendición do Santo Sacramento.
 
Os diáconos non poden presidir a eucaristía, nin poden pronunciar a absolución dos pecados ou pronunciar a bendición trinitaria.<ref>[http://www.katapi.org.uk/ChristianFaith/LXIII.htm#IV The Christian Faith: Ch 63- Ordination- (2) As a Sacrament] {{en}}</ref>
 
Os diáconos anglicanos visten igual que os presbíteros. Sen embargo, na liturxia usualmente levan estola sobre o seu ombro esquerdo por riba da [[Alba (vestimenta)|alba]]. Poden usar tamén dalmática.