Cirurxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB
Liña 5:
A cirurxía caracterízase, fundamentalmente, por estes tempos principais:
 
* [[diérese]]: <ref> Do latín ''diaeresis'', e este do grego διαίρεσις (''diaírseis'', 'división'), de διαιρέω (''diairéo'', dividir', separar')</ref> separación, por procedementos [[cirúrxico]]s, de partes normalmente unidas ([[tecido (bioloxía)|tecidos]]), que posibilita o aceso á rexión que se pretende operar,
* [[hemóstase]]: <ref>Do grego antigo αἱμόστασις (''hemóstasis''), de αἷμα (''haîma'', 'sangue') e στάσις (''stásis'', 'fixación', 'detención').</ref> detención do derramamento de sangue para evitar a [[hemorraxia]],
* [[exérese]]: <ref>Do latín científico ''exeresis'', e este do grego εξαίρεσις (''exsaíresis'', 'extirpación das vísceras das vítimas', 'extracción dun dente'); de εξαιρέω (''exaíreo'', 'sacar', 'quitar', 'eviscerar').</ref> separación dunha parte, natural ou patolóxica, do corpo, e
* [[síntese]]: <ref>Do grego antigo σύθεσις (''sýnthesis'', 'poñer xuntos').</ref> pechamento dos tecidos.
 
O cirurxián xeral realiza a maior parte das cirurxías e asume a dirección do tratamento do paciente politraumatizado grave, indicando cando e onde debe actuar cada especialista.
 
A cirurxía do [[traumatismo|trauma]] (entendéndose aquí por ''trauma'' toda lesión corporal causada por caída, colisión ou feridas por armas brancas ou de fogo) é unha das principais áreas de actuación do cirurxián xeral. Noutros casos, como veremos máis abaixo, interveñen cirurxiáns especialistas.
 
== Historia da cirurxía ==
Liña 23:
[[Ficheiro:Louis XIV of France and his family attributed to Nicolas de Largillière.jpg|miniatura|dereita|250px|[[Luís XIV]] e a súa familia, por Nicolas de Largillière.]]
 
É famoso o caso de [[María Tereixa de Austria|María Tareixa de Austria]] ([[1638]] - [[1683]]), filla de [[Filipe IV de España]] e esposa de [[Luís XIV de Francia]] que tiña un absceso na axila; Antoine Daquin, médico do rei, opúxose a que Dionis, o cirurxián, lle practicase unha incisión e a raíña morreu.<ref>María Teresa morreu bruscamente, o 30 de xullo de 1683, en [[Versalles]], a consecuencia dun tumor benigno na axila do brazo esquerdo mal coidado. O absceso, violáceo e purulento, foi combatido inutilmente cunha sangría e un emplasto húmido, e derivou en septicemia. Véxase: Rorive, Jean Pierre (2005): ''Petites histoires des grands de France''. Jourdan Editeur.</ref>.
 
Máis tarde, en [[1686]], Luís XIV, afectado dunha [[fístula]] anal, vendo que os tratamentos médicos non daban ningún resultado, fixo chamar ao seu cirurxián, un tal Félix Tassy, que o curou, o que permitiu darlle un certo crédito aos cirurxiáns entre os médicos.
Liña 31:
Creouse unha cátedra de cirurxía no ''Jardin des plantes'' de París, da que se encargou Dionis. Co apoio do rei, os primeiros cirurxiáns (Mareschal, Lapeyronie, Lamartinière) obteñen cinco prazas de profesores nomeados polo primeiro cirurxián.
 
Isto provoca a cólera da Facultade de Medicina, que se manifesta nas rúas de París exixindo nomear ela aos profesores. Pero as turbas acoden en apoio da Facultade de Cirurxía e os médicos débense poñer a salvo, despois de seren batidos e humillados.
 
A partir dese momento, os cirurxiáns obteñen incluso que se lles provea dos cadáveres necesarios para os seus estudos sen os ter que reclamar á Facultade de Medicina.
 
A pesar diso, o número de cadáveres era insuficiente e algúns foron roubados nos cemiterios ou comprados directamente aos verdugos, o que provocou novas batallas coa Facultade de Medicina, que non vacilou en facer intervir aos bedeis para recuperar os corpos ou provocar sanguinarias batallas.
Liña 40:
 
=== Prehistoria ===
Da época [[Prehistoria|prehistórica]] algunhas pezas esqueléticas fósiles atestan feitos cirúrxicos tales coma [[craniotomía]]s (numerosos casos de [[trepanación]]s) e de [[amputación]]s de membros (máis raros) a partir do [[Mesolítico]].<ref>Agelarakis, A. (2006): "Early Evidence of Cranial Surgical Intervention in Abdera, Greece, A Nexus to ''On Head Wounds of the Hippocratic Corpus''". ''Mediterranean Archaeology & Archaeometry'', Vol.6, Nº 1, páxs. 5-18.</ref> <ref> Agelarakis, A. (2006): "Artful Surgery: Greek Archaeologists Discover Evidence of a Skilled Surgeon Who Practiced Centuries Before Hippocrates", ''Archaeology'', Vol. 59/2, páxs. 26-29.</ref> Tamén se encontraron evidencias en restos humanos prehistóricos do [[Protoneolítico]] <ref>Ralph Solecki, Rose Solecki and Anagnostis Agelarakis (2004): ''The Proto-Neolithic Cemetery in Shanidar Cave. Texas''. A&M University Press, College Station.</ref> e do [[Neolítico]], en [[Prehistoria|pinturas rupestres]]. Encontráronse máis de 120 cranios prehistóricos en [[Francia]], datados en 6500&nbsp;a.C., 40 deles con furados de trepanación.
[[Ficheiro:Crane-trepanation-img 0507.jpg|miniatura|320px|esquerda|Cranio datado no [[Neolítico]], 3500&nbsp;a.&nbsp;C., conservado no Museo de Historia Natural de [[Lausana]], trepanado posibelmente con [[sílex]]. Crese que tras a operación o doente sobreviviu.]]
 
Folke Henschen, médico e historiador sueco expón que en escavacións realizadas en [[1970]], os sedimentos do [[río Dniéper]] amosan a existencia da trepanación no [[Mesolítico]], hai aproximadamente 14.000 anos.<ref>Henschen, Folke (1995): ''The human skull. A cultural history''. New York: Praeger</ref> Suxírese que as trepanacións facíanse para curar [[epilepsia]]s, [[Hemicrania|hemicraniashemicrania]]s, e [[cefalalxia]]s.<ref>Brothwell, D. R. (1963): ''Digging up Bones''.</ref> Os sinais de [[cicatriz]]ación nos bordos das [[resección]]s permiten pensar que a craniotomía non era fatal, e que o operado sobrevivía despois da operación. O estudo das técnicas utilizadas por pobos primitivos de [[Sudamérica]] e da illa de [[Borneo]], permiten facerse unha idea do que se podería utilizar na época prehistórica. A preparación do doente, é dicir, o seu adormecemento, podería realizarse con derivados da [[durmideira]].<ref>Cruzeby, E. (1996): "Surgery at the origins of agriculture: the case of central Europe", in ''Anthropologie''.</ref>
 
Aínda que menos frecuentes, coñécense polo menos tres casos de amputación no [[Neolítico]] antigo en Europa occidental: [[Sondershausen]], en [[Alemaña]] (amputación dun brazo), [[Vedrovice]], en [[Moravia]] (amputación da man) e [[Buthiers-Boulancourt]], [[Francia]], que, grazas as modernas técnicas, revelan unha amputación do antebrazo esquerdo practicada hai 6900 anos a un home de certa idade.<ref>Buquet-Marcon & al. (2009): "A possible Early Neolithic amputation at Buthiers-Boulancourt (Seine-et-Marne), France", in ''Antiquity''.</ref>
 
=== A cirurxía no mundo antigo ===
==== Mesopotamia ====
Os primeiros trazos de actividades científicas datan das civilizacións humanas do [[neolítico]], onde se desenvolven o comercio e a urbanización <ref>Russell M. Lawson, (director), ''Science in the ancient world - An Encyclopedia'', ABC-CLIO, 2004, páx. 149. {{en}}</ref>. Así, para [[André Pichot]], en ''La Naissance de la science'',<ref>André Pichot (1991): ''La Naissance de la science. Tome 1 : Mésopotamie, Égypte''. París: Gallimard.</ref> a ciencia nace en [[Mesopotamia]] (entre os ríos [[Tigris]] e [[Éufrates]]), contra os anos 4000 - 3500&nbsp;a.C., na civilización [[Sumer|sumeriasumer]]ia, principalmente nas cidades de [[Sumer]] e [[Elam]].
[[Ficheiro:Codex Hammurapi Stela top.jpg|miniatura|200px|dereita|No [[código de Hammurabi]] inclúense algunhas leis referidas especificamente á cirurxía.]]
 
Nesta civilización, a innovación máis importante é a invención da [[escritura cuneiforme]] (en forma de cuñas ou cravos) que, mediante [[pictograma]]s, permite a reprodución de textos, e a elaboración abstracta de conceptos.
 
A civilización mesopotámica levou á constitución das primeiras ciencias, tales coma a [[metroloxía]],<ref>André Pichot, ''Op. cit.'' páx.75: Sería necesaria a invención do sistema métrico para encontrar algo equivalente.</ref>, a [[álxebra]], a [[astronomía]] (cálculos de mecánica celeste, previsións dos [[equinoccio]]s, descríbense [[constelación]]s).<ref> Foron os que describiron e nomearon as que constitúen o Zodíaco.</ref> e a [[medicina]].
 
A medicina ten un estatuto particular; é a primeira ciencia práctica herdeira dun coñecemento intuitivo. <ref>André Pichot, ''Op. cit.'', páx. 169: Comparativamente ás disciplinas expostas antes, a medicina ten aquí de particular que xorde máis da técnica (é dicir, da arte) que a ciencia propiamente dita, polo menos no que concirne ás súas formas primitivas.</ref> Das 30.000 táboas cuneiformes descubertas, unhas 800 tratan algún tema médico (unha delas, a primeira receita coñecida). O nome do primeiro cirurxián coñecido é [[Urlugaledin]], do 4000&nbsp;a.C., cuxo cruño persoal, que se acha no [[Museo do Louvre]] de [[París]], mostra dous coitelos rodeados de [[Planta|plantas medicinais]]. O modelo de saúde-enfermidade entre os sumerios baseábase nunha concepción sobrenatural da enfermidade: esta era un castigo divino imposto por diferentes [[demo]]s tras a ruptura dalgún [[tabú]]. Por tanto a medicina estaba intimamente ligada ao sacerdocio, quedando a cirurxía relegada a especialidade médica de segunda categoría.<ref>Kramer, Samuel Noah (1975): ''La historia empieza en Sumer''. Círculo de lectores.</ref> Non obstante, o desenvolvemento das técnicas cirúrxicas é notábel: en [[Nínive]] encontráronse instrumentos de bronce e obsidiana de elegante factura: [[bisturí]]s, [[Serra (ferramenta)|serra]]s, [[trépano]]s etc.
 
O [[código de Hammurabi]] (achado en [[Susa]], [[Irán]], e conservado no [[Museo do Louvre]]), por outra parte, ampara baixo a súa profusa lexislación a especialidade da cirurxía. Algúns fragmentos deste código tratan especificamente sobre intervencións cirúrxicas.<ref>[[wikisource:es:Código de Hammurabi|"Código de Hammurabi"]] {{es}}</ref>
 
==== India ====
Os arqueólogos descubriron que os pobos da [[Civilización do Val do Indo]], desde o antigo período [[Harappan]] (ca. 3300&nbsp;a.C.), coñecían a medicina e a odontoloxía. O antropólogo dental Andrea Cucina, da universidade de Missouri-Columbia, descubriu que aqueles homes xa limpaban os dentes. Posteriores investigacións na mesma zona evidenciaron que perforaban os dentes entre os anos 9000 e 7000&nbsp;a.C.<ref> [http://news.bbc.co.uk/1/hi/sci/tech/4882968.stm Stone age man used dentist drill. BBC News] {{en}}</ref>
 
A civilización [[India|hindú]], por outra parte, describe no [[Atharvaveda]] algúns procedementos médicos, ampliados parcialmente no [[Ayurveda]], dous dos seus libros sagrados. O último, datado no ano 800&nbsp;a.C., é o precursor dun tratado de cirurxía hindú coñecido como ''Susruta Samhita'' (600&nbsp;a.C.). Susruta é o suposto autor (aínda que non se coñece nada deste individuo ou colectivo). Neste tratado descríbense técnicas cirúrxicas enxeñosas, posteriormente reinventadas pola medicina contemporánea: a redución de fracturas mediante férulas, a sutura das feridas, fístulas cauterizadas ou a drenaxe de abscesos. Este manual contén un anexo que relaciona e representa graficamente 121 instrumentos cirúrxicos diferentes.
 
A medicina hindú é a primeira en desenvolver técnicas específicas de [[cirurxía plástica]]: desde reparacións para deformidades do [[Orella|pavillón auricular]] tras a perforación para colocar pendentes, até unha elaborada técnica de [[rinoplastia]], presumibelmente desenvolvida en ladróns tras ser aplicada a lei da amputación do nariz prevista para este delito. Tamén se describen métodos cirúrxicos de eliminación de [[Ril|cálculos renais]], [[Vasícula biliar|cálculos vesicais]] e incluso un método para intervir as [[catarata]]s.<ref>Haeger, Knutt (1993): ''Historia de la cirugía''. Editorial Raíces.</ref> <ref>Rana, R. E. & Arora, B. S. (2002): ''History of plastic surgery in India'' [http://www.jpgmonline.com/article.asp?]. {{en}}</ref>
 
==== Exipto ====
Liña 75:
==== China ====
[[Ficheiro:Acupuncture chart 300px.jpg|miniatura|esquerda|190px|Mapa de puntos de aplicación da [[acupuntura]]. [[Dinastía Ming]].]]
A medicina chinesa tradicional describe o equilibrio de cinco elementos que considera fundamentais: auga, terra, lume, madeira e metal. O seu equilibrio é o resultado da presenza de dúas forzas: o [[Yin]] e o [[Yang]], que actúan simultaneamente.
 
O manual médico chinés máis antigo coñecido está datado ao redor do ano 2600&nbsp;a.C. e coñécese co nome de ''Nei Ching''. Este texto atribúese ao emperador amarelo, [[Huang Di]], aínda que historiadores modernos consideran que foi compilado de fontes antigas por un estudoso entre as dinastías [[Zhou]] e [[Han]], máis de 2.000 anos despois), época na que progresou a medicina, sobre todo baixo os Han orientais, con [[Zhang Zhongjing]] e [[Hua Tuo]].
Liña 89:
[[Ficheiro:Ethnologisches Museum Dahlem Berlin Mai 2006 002.jpg|miniatura|200px|Un coitelo ''tumi'' peruano.]]
 
Aínda que en xeral a concepción da saúde-enfermidade é de tipo animista ou espiritual, o profundo coñecemento de herbas e principios activos naturais dotou dun arsenal importante a estas culturas: Pódese destacar o uso da [[Erythroxylum coca|coca]] (''Erytroxilon coca''), o [[iagué]] (''Banisteriopsis caapi''), o [[iopo]] (''Piptadenia peregrina''), o [[pericá]] (''Virola colophila''), o [[tabaco]] (''Nicotiana tabacum''), o [[ioco]] (''Paulinia yoco'') ou o [[curare]] e algunhas [[Datura|daturasdatura]]s como axentes anestésicos.
 
Cabe destacar o achado da primeira escola de medicina, datada en torno ao ano 250 da nosa era, onde se encontraron gravados anatómicos entre os que parece amosarse unha intervención de [[cesárea]], así coma a descrición de diferentes intervencións menores: extracción de pezas dentarias, redución de fracturas ou drenaxe de abscesos. Existen documentados contra o [[século III]] os primeiros cranios trepanados con signos de cicatrización.<ref>Andrade Valderrama, E. (1987): "La cirugía en la América precolombina". In ''Cirugía'', II, páx. 117.</ref> <ref>Rodríguez-Paz C. A. (2005): "Cronología del trauma en México". In Revista ''Trauma'', volume 8, páxs 10-13.</ref>
 
Os coñecementos de anatomía (baseados na experiencia achegada por guerras e sacrificios rituais) avalan unha técnica cirúrxica e traumatolóxica notabelmente avanzada, sendo común a utilización de férulas e dun variado instrumental cirúrxico. As ferramentas cirúrxicas varían moito entre as diferentes tribos americanas, desde pequenos punzóns de óso a auténticos bisturís con mango, como os atestados entre os [[Karimé]], ou o ''tumi'', de manufactura [[Moche]] e símbolo da medicina [[Perú|peruana]].
 
==== A antigüidade ''clásica'' ====
Liña 108:
 
Polo tanto, na chamada ''antigüidade clásica'' a medicina e, sobre todo, a cirurxía estaban moi pouco desenvolvidas. Como quedou dito, as tarefas manuais eran desprezadas polos científicos (filósofos) da saúde, entendendo a cirurxía como unha aberración do verdadeiro tratamento das enfermidades, que viña dado por unha simple axuda á natureza curadora (coa [[dieta]] e a [[fitoterapia]]). Non obstante, os filósofos denominados [[presocráticos]] son os primeiros en interrogarse sobre os fenómenos naturais. Chamados φυσιολογοι (''physiologoi'', 'fisiólogos')<ref>Do [[lingua grega|grego clásico]] φύσισ (''phýsis'', 'natureza'), e λόγος (''lógos'', 'palabra', 'expresión', 'razoamento').</ref> por Aristóteles porque tiñan un discurso racional sobre a natureza, investigan sobre as causas naturais dos fenómenos que chegaron a ser os primeiros obxectos do método.
[[Ficheiro:Hippocrates rubens.jpg|miniatura|dereita|150px|[[Hipócrates]]. Gravado de [[Peter Paul Rubens]] (1638).]]
 
Cómpre facer unha referencia a [[Hipócrates]], de Cos [[século V]]&nbsp;a.C. - [[século IV]]&nbsp;a.C., a figura médica por excelencia da cultura grega clásica. Aos 13 anos comezou os seus estudos de medicina que lle abriron as portas do templo dos [[Asclepio|Asclepiades]] (de [[Asclepio]], como vimos, deus mitolóxico da medicina). Logo viaxou a [[Exipto]] para rematar a súa formación. Deixou unha obra composta por 53 escritos que foi recollida polos seus discípulos no [[Corpus hippocraticum]]. Pai indiscutido da medicina moderna, o seu mérito fundamental foi o de desenvolver un sistema racional baseado na observación e na experiencia para o estudo das doenzas cuxas causas atribuía a fenómenos naturais e non a intervencións dos deuses ou a fenómenos de tipo máxico-relixioso. Na medicina [[hipocrática]] descríbese o corpo humano coma unha asociación dos catro [[humor (medicina)|humores]]: [[flegma]] (auga), [[bile amarela]] (lume), [[bile negra]] (terra), e [[sangue]] (aire); as doenzas desenvólvense por unha perda do equilibrio destes humores. O mantemento da saúde efectúase a través da dieta e a hixiene. Indubidábel xenio da medicina naturista, a el atribúese o coñecido [[xuramento hipocrático]]. As súas ideas persistiron durante toda a [[Idade Media]] e o [[Renacemento]].
Liña 115:
No ''corpus'' hipocrático advírtese unha notábel exactitude anatómica, e sorprenden algunhas propostas terapéuticas de plena vixencia na actualidade, coma a drenaxe do [[empiema]] [[pleura]]l ou os tratamentos suxeridos para os traumatismos craniais.<ref>Hipócrates (1993): ''Tratados Hipocráticos VII. Tratados Quirúrgicos. Sobre Heridas en la Cabeza''. Madrid: Editorial Gredos. Biblioteca Clásica Gredos.</ref>
 
Tras Hipócrates a seguinte figura médica grega de interese é [[Aristóteles]]. Este pensador polifacético aprendeu medicina con seu pai, pero non consta que exercese esta disciplina. Aristóteles funda a [[física]] e a [[zooloxía]], cando a ciencia adquire un método, baseado na [[dedución]]. A el débese tamén a primeira formulación do [[filosofía|siloxismo]] e da [[Razoamento indutivo|indución]].<ref> Raymond Chevallier (1993): ''Sciences et techniques à Rome''. PUF, col. "Que sais-je?": París, páx. 75</ref> As nocións de "materia", "forma", "potencia" e "acto" foron os primeiros conceptos de elaboración abstracta.<ref>Véxase L. Couloubaritsis (2000): ''La Physique d'Aristote: l'avènement de la science physique''. París: Vrin, 2ª ed.</ref> Para Aristóteles, a ciencia está subordinada á filosofía ("é unha filosofía secundaria", dixo) e ten por obxecto a busca dos primeiros [[Principio (filosofía)|principios]] e das primeiras [[causa]]s, o que o discurso científico chamará o [[determinismo|causalismo]] e que a filosofía denomina [[aristotelismo]]. Aristóteles é a orixe dun retroceso do pensamento en relación a certos presocráticos. En cambio, a súa [[escola peripatética]] foi o berce de varios médicos e cirurxiáns famosos da época, aínda que non achegaron novidades destacábeis en materia de cirurxía.
 
'''Período alexandrino. Alexandría na época romana'''
Liña 125:
A civilización [[etrusca]], antes de importar os coñecementos da cultura grega, apenas desenvolvera un ''corpus'' médico de interese, se exceptuamos unha destacábel habilidade no campo da [[odontoloxía]] <ref>Ambleb, Henry: ''History of dental prosthesis''. En Koch: ''History of dental surgery''. National art. Publ. Co. Akron. Ohis, 1909.</ref>
 
Canto á civilización romana, non proporcionou grandes avances na ciencia. A filosofía, a medicina e as matemáticas son de orixe grega, así coma algunhas técnicas agrícolas.
 
Un dos poucos cirurxiáns romanos coñecidos da era precristiá foi [[Arcagato do Peloponeso]] (citado por [[Plinio o Vello|Plinio]] na súa ''Naturalis Historia'', na que tamén refire que inicialmente seu alcume ''Vulnarius'' (o "curaferidas"), pero os seus métodos e sucesivos fracasos lle valeron o novo apelativo de ''Carnifex'' (o executor).
Liña 140:
 
===== Bizancio =====
O [[Imperio Romano de Oriente]] foi, tras a división despois da morte de [[Teodosio I o Grande|Teodosio]], o herdeiro da cultura e a medicina gregas. No seu afán por recuperar, ou non perder, os coñecementos clásicos da cultura bizantina exerceu unha función fundamental recompilando e catalogando o mellor das tradicións grega e romana. O médico persoal de [[Xuliano o Apóstata]], [[Oribasios]] recolleu en 70 volumes (''As sinagogas médicas'') todo o saber médico até a súa época.<ref> Therodorides, Jean (1984): "Rabies in Byzantine Medicine", ''Dumbarton Oaks Papers'', Vol. 38, Symposium on Byzantine Medicine (1984), páxs. 149-158</ref>
 
=== Idade Media ===
Considérase xeralmente, desde un punto de vista evidentemente [[Europa|eurocentrista]], que, tras da caída do [[Imperio Romano|Imperio Romano de Occidente]] ([[476]] d.C.),<ref>A convención histórica determinou que o Imperio Romano de Occidente acabou o [[4 de setembro]] de [[476]], cando [[Odoacro]] depuxo a [[Rómulo Augústulo]]. Pero na práctica este asunto aínda é unha cuestión en debate. Porque [[Xulio Nepote]] reivindicou para si o titulo de [[Emperador Romano]] de Occidente, gobernando a provincia de [[Dalmacia]], e foi recoñecido como tal polo emperador [[Imperio Bizantino|Bizantino]] [[Zenón I]] e por [[Siagrio]], que conseguira manter un enclave romano no norte da [[Galia]] (coñecido coma [[Reino de Siagrio]]). Odoacro autoproclamouse gobernador de Italia e comezou a negociar con Zenón. Este concedeulle a Odoacro o ''status'' de [[patricio]] como unha forma de recoñecemento da súa autoridade, e aceptouno como o seu vicerrei en Italia. Pero ao tempo insistiu en que Odoacro prestase honras a [[Nepote]] como emperador occidental. Odoacro aceptou as condicións e até emitiu moedas co nome de Nepote en Italia. Pero iso foi, porén, só un xesto político baleiro, xa que Odoacro nunca devolveu a Xulio Nepote ningún poder político ou calquera territorio. Nepote despois foi morto, en [[480]], e Odoacro rapidamente invadiu e conquistou Dalmacia.</ref> gran parte de Europa (a Europa occidental) perdeu o contacto co coñecemento escrito, iniciándose a denominada posteriormente, e con desprezo, ''escura [[Idade Media]]''.
 
Pero cómpre ter en conta os avances tecnolóxicos e a evolución do pensamento científico do mundo oriental (civilización árabe-musulmá) e, en primeiro lugar, os do [[Imperio Bizantino]] que, herdeiro do saber latino, e cos saberes que tomou do mundo árabe-musulmán, e mesmo dos da [[China]], foi decisivo na construción da ciencia moderna.
 
O período da Idade Media esténdese desde a data devandita até [[1492]] (data do descubrimento de [[América]]), e coñece un desenvolvemento sen precedente das técnicas e das disciplinas científicas, a despeito da imaxe escurantista propagada polos manuais escolares.
 
==== Cirurxía árabe na Idade Media ====
Seguindo as ensinanzas de [[Mahoma]]: "Buscade o saber aínda que teñades que ir a China", ou "Quen deixe a súa casa para dedicarse á ciencia, segue os pasos de Alá", o mundo árabe soubo recoller as ensinanzas das culturas coas que conviviu.
 
O mundo árabe-musulmán tivo o seu apoxeo intelectual desde o [[século VIII]] até o [[século XIV]], o que permitiu o desenvolvemento dunha cultura científica específica, iniciada en [[Damasco]] baixo os últimos [[Omeias]], e continuada en [[Bagdad]] baixo os primeiros [[Abásidas]]. A ciencia árabe-musulmá esta fundada na tradución e a lectura crítica das obras da Antigüidade.<ref>Certas obras dos mecánicos de Alexandría, como o libro dos aparellos pneumáticos de [[Filón de Bizancio]], non se coñecen hoxe máis que por medio da [[civilización islámica]].</ref> A extensión do saber árabe-musulmán está estreitamente ligada ás guerras de conquista do [[Islam]] que permitiu aos [[Arabia|árabes]] entrar en contacto coas civilizacións hindú e chinesa.
 
Entre os musulmáns ''Al Hakim'' (o médico) era sinónimo de sabio mestre. Os médicos árabes tiñan a obriga de especializarse nalgún campo da medicina, e existían varias clases dentro da profesión: De maior a menor categoría encontramos ao Hakim (o médico do ''maristán'', hospital), Tahib, Mutabbib (médico en prácticas) e Mudawi (médico cuxo coñecemento é meramente empírico). O maior hospital coñecido da época medieval estaba en [[O Cairo]]: o [[Al-Mansur]], fundado en [[1283]], que estaba xa divido en salas de especialidades médicas, ao modo actual, contaba cunha sección de dietética coordinada coa cociña do hospital, unha sala para pacientes externos, sala de conferencias e biblioteca.<ref>. Hamarneh, S. K. (1962): "Development of Hospitals in Islam". ''J History of Med and Allied Sciences''.</ref>
Liña 161:
En todos os manuais médicos árabes encóntranse grandes capítulos ou secciones dedicados á cirurxía, inspirados na tradición alexandrina. [[Hunayn ibn Ishaq]] ([[808]] - [[873]]), que chegou a ser médico persoal do califa [[Al-Mamum]], fundou a primeira escola médica do [[Islam]].
Anos despois destacará Abu Bakr Muhammed ibn Zakkariya, de sobrenome [[Al-Razi]] o Rhazes. Médico do califa e director fundador do hospital de [[Bagdad]].<ref>E. G.Browne, Arabian Medicine, Cambridge, 1921, pp. 44-53.</ref>
A pesar da súa transcendencia como figura médica do islam, Ali ibn Sina ou [[Avicena]] ([[980]] - [[1037]]), non incluíu na súa monumental enciclopedia a ''Qanûn'' (O Canon) ningún tratamento cirúrxico de interese, recomendando a cauterización como método xeral cirúrxico.
 
De modo similar, os filósofos e médicos [[Al-Ándalus|andalusís]] [[Avempace]] (ca. [[1080]] - [[1138]]) e [[Averroes]] ([[1126]] - [[1198]]) apenas desenvolveron a materia cirúrxica nas súas obras médicas, dedicadas preferentemente ás plantas medicinais.
 
Pero sobre todos eles destaca Abul-Qasim Khakaf ibn al Abbas al Zahravi, máis coñecido como [[Abulcasis]] en occidente, que foi un [[médico]] e [[científico]] andalusí, ([[Zahara]], preto de [[Córdoba, España|Córdoba]], [[Al-Ándalus]], [[936]] - [[Córdoba, España|Córdoba]], [[Al-Ándalus]], [[1013]]),<ref>[http://www.hispanoarabe.org/mundo_arabe/medicina_arabe/medicina_arabe3.htm El primer gran cirujano; Abulcasis] {{es}}</ref> que viviu a maior parte da súa vida en Alhaurín de la Torre, onde estudou, deu clases e practicou a medicina até pouco antes da súa morte, e que é considerado o fundador da cirurxía moderna <ref>{{Cita publicación periódica|apelido=Ahmad|nome=Z. (St Thomas' Hospital)|título=Al-Zahrawi - The Father of Surgery|publicación=ANZ Journal of Surgery|ano=2007|volume=77|número=Supl. 1|páxina=A83|doi=10.1111/j.1445-2197.2007.04130_8.x}} {{en}}</ref> Nos seus textos, onde combinaba as ensinanzas clásicas greco-latinas cos coñecementos da ciencia do Próximo Oriente, foron a base dos procedementos cirúrxicos europeos até o [[Renacemento]]. A súa maior contribución á historia da medicina é o ''Kitab al-Tasrif'' (Libro da práctica médica), unha obra de trinta volumes onde recompilou todo o coñecemento médico e farmacéutico da época.<ref>Levey, M. (1973): ''Early Arabic Pharmacology''. Leiden: E. J. Brill.</ref> Desenvolveu máis de 200 novos instrumentos cirúrxicos que describe no último libro da súa magna enciclopedia, a cal foi profusamente estudada en toda [[Europa]] durante máis de cinco séculos despois da súa morte.<ref>Khaled al-Hadidi (1978), "The Role of Muslem Scholars in Oto-rhino-Laryngology", ''The Egyptian Journal of O.R.L.'' '''4''' (1), páxs. 1-15. Véxase [http://muslimheritage.com/topics/default.cfm?ArticleID=674 ''"Ear, Nose and Throat Medical Practice in Muslim Heritage"'', ''Foundation for Science Technology and Civilization''] {{en}}</ref>
 
[[Avenzoar]] Ibn Zuhr, nacido en [[Sevilla]] (daquela capital dun reino de [[taifa]]) en [[1073]] e morto na mesma cidade en [[1162]], foi un médico de grande éxito pola súa habilidade, aínda que foi expulsado do seu país debido a intrigas dos envexosos, encontrando un protector, [[Yousef Ibn Tachfin]], rei [[Almorábide]]. Estudara medicina en [[Córdoba, España|Córdoba]] e, despois dunha curta estancia en [[Bagdad]] e no [[Cairo]], volveu poñéndose (como médico) ao servizo dos [[Almorábides]] e dos [[Almohades]]. Gran mestre en medicina, tivo como discípulo a [[Averroes]] e, a petición deste, escribiu o libro ''Kitab al-Taisir fi al-Mudawat wa al-Tadbir'', traducido ao latín co título ''Rectificatio medicationis et regiminis'' ([[Venecia]], [[1490]]; [[Lión]], [[1531]]). Tamén deixou dous tratados das ''Febres'', traducidos ao latín en Venecia ([[1578]]), que conteñen informacións que son pertinentes aínda hoxe. A súa erudición valeulle o sobrenome de "Sabio célebre".
Liña 189:
=== A cirurxía renacentista ===
[[Ficheiro:Acquapendente - Operationes chirurgicae, 1685 - 2984755.tif|thumb|[[Hieronymus Fabricius]], ''Operationes chirurgicae'', 1685]]
O [[Renacemento]] é un período que se sitúa en [[Europa]] no fin da [[Idade Media]] e no comezo da [[Idade Moderna]]. Chámase así polo redescubrimento dos traballos dos antigos pensadores [[Grecia|gregos]] e [[Roma|romanosroma]]nos, que marcou a fin da Idade Media e creou [[alicerce]]s sólidos para o desenvolvemento de novos coñecementos. Dos científicos desta época destacan [[Francis Bacon (filósofo)|Francis Bacon]], [[Nicolao Copérnico]] e [[Galileo Galilei]], que estableceron o denominado [[método científico]].
 
O florecemento das universidades, especialmente en Italia, ao amparo das novas clases mercantís foi o motor intelectual do que se deriva o progreso científico que caracteriza este período. Esta "nova era" adquire especial relevancia nas [[ciencia|ciencias naturais]] e a [[medicina]], baixo o principio xeral do "revisionismo crítico". Os novos coñecementos en anatomía supoñen o avance definitivo de disciplinas coma a cirurxía ou a [[anatomía patolóxica]].
Liña 206:
 
Durante o [[século XVI]] revoluciónase a cirurxía debido á introdución da cátedra de cirurxía en moitas universidades francesas e españolas (en relación coa de anatomía); aparece novo material cirúrxico, e encontra un revulsivo na multitude de conflitos bélicos que se desenvolven en Europa.
Nas últimas décadas deste século, a punto de finalizar o período renacentista, aparece na escena internacional o considerado o pai da cirurxía moderna, [[Ambroise Paré]] (ca. [[1510]] - [[1590]]),<ref>Chéreau, A. (12885): "Ambroise Paré", en Amédée Dechambre (dir.), ''Dictionnaire encyclopédique des sciences médicales''. 2ª serie. Tomo 21 (Par-Pea), París: G. Masson, P. Asselin, páxs. 127-136. En liña en: [http://agora.qc.ca/mot.nsf/Dossiers/Ambroise_Pare l'Encyclopédie de l'Agora.] {{fr}}</ref> que cambia o tratamento das feridas e a amputación de membros dunha maneira radical. Pouco antes, o [[Suíza|suízo]] [[Paracelso]],<ref>Debus, A. G. (1993): ''Paracelsus, Five Hundred Years. Paracelsus and the medical revolution of the Renaissance''. Hahnemann University Library, National Library of Medicine. Bethesda, Maryland. [http://www.nlm.nih.gov/hmd/pdf/paracelsus.pdf] {{en}} </ref> figura médica controvertida, considerado por uns un simple barbeiro, [[alquimista]] pola maioría e cirurxián por outros, intentara con pouco éxito elevar o rango da cirurxía ao mesmo nivel que o dos médicos internistas, pero será o francés quen elimine as últimas reservas. Paré foi médico persoal de cinco reis nunha época en que era costume substituír toda a corte con cada novo monarca. A súa formación iniciouse no gremio dos barbeiros, pero compaxinaba o seu traballo coa asistencia ao [[Hôtel-Dieu de París]]. O seu traballo como cirurxián comezou no exército francés, onde se especializou en feridas de bala. Sufriu un certo rexeitamento da comunidade médica, xa que a súa extracción humilde e o seu descoñecemento do latín e o grego obrigáronlle a escribir toda a súa obra en francés.<ref>Singer, D. W. (1824): ''Selections from the works of Ambroise Pare''. London: John Bale 1824.</ref> A súa inventiva levouno a deseñar algúns instrumentos cirúrxicos, e incluso deseñou algunhas [[Prótese (medicina)|próteses]] ou "membros artificiis" para algúns dos seus pacientes [[amputación|amputados]]. Cómpre sinalar o seu estudo sobre os [[siamés|siameses]], ou a súa refutación do emprego das [[pedra de bezoar|pedras de bezoar]] como antídotos universais. Boa parte da súa obra é un compendio de análises e refutación de costumes, tradicións ou supersticións médicas sen fundamento científico nin utilidade real.<ref>Hamby, W. B. (1967): ''Ambroise Pare surgeon of Renaissance''. St Louis: Green.</ref>
 
==== Os barbeiros ====
Liña 233:
[[Ficheiro:Chirurgisches Gerät 1749.jpg|miniatura|280px|esquerda|Ilustración do libro de Lorenz Heister ''Institutiones chirurgicae, in quibus quicquid ad rem chirurgicam pertinet optima et novissima ratione pertractatur''.]]
 
Comezan a proliferar multitude de médicos e cirurxián notábeis, moitos deles especializados xa en campos concretos. O [[século XVIII]] é o gran século dos cirurxiáns, que empezan a adquirir un éxito profesional moi importante e gran recoñecemento social. Durante este século aparecen os Reais Colexios de Cirurxía e comézase a dar valor ao coñecemento teórico na formación do cirurxián.
 
En Europa central distribúese con éxito un libro titulado ''Institutiones chirurgicae, in quibus quicquid ad rem chirurgicam pertinet optima et novissima ratione pertractatur''. O seu autor é [[Lorenz Heister]] ([[1683]]-[[1758]]), cirurxián alemán que exerceu tamén en [[Países Baixos|Holanda]], e Inglaterra.
 
Aparece a especialidade da [[traumatoloxía]], denominada nas súas orixes ''álxebra''.<ref>Facendo referencia con iso á manipulación de fracturas e luxacións. Fernando de Mena, cirurxián español e médico persoal de Filipe II propón que "non se admitise a exame a ningún cirurxián que non dese conta da álxebra, para que, usándoa os mesmos cirurxiáns e examinándose dela, acabasen cos concertadores que por aí andan sen entender a anatomía dos ósos". Extraído de: García del Real, Eduardo (1921): ''Historia de la medicina en España''. Editorial Reus.</ref>
 
[[William Cheselden]], [[John Hunter]] o [[Percival Pott]] en Inglaterra, [[Jean-Andre Venel]] en Suíza, [[Pedro Virgili]] ou [[Antonio de Gimbernat]] en España, son algúns dos nomes dunha lista interminábel de cirurxiáns destacados do século XVIII.<ref>Laín Entralgo, P. (1963): ''Historia de la medicina moderna y contemporánea''. 2ª ed. Madrid: Editorial Científico-técnica.</ref>
 
Ademais hai que destacar a [[Dominique-Jean Larrey]] ([[1766]]-[[1842]]), cirurxián de [[Napoleón]] e inventor do transporte en [[ambulancia]] utilizado por primeira vez durante as [[guerras napoleónicas]]. <ref>de la Garza Villaseñor, L. (2004): "Dominique Jean Larrey. La cirugía militar de la Francia revolucionaria y el Primer Imperio". ''Cirujano General, 26 (1), páxs. 59-66.</ref>
 
=== Século XIX ===
Durante o [[século XIX]] consúmase a integración da medicina e a cirurxía nun mesmo corpo de coñecementos e ensinanzas, o que supón o recoñecemento definitivo da especialidade cirúrxica, coa incorporación engadida da [[traumatoloxía]] ao seu ámbito de actuación. A derrota dos tres inimigos clásicos da cirurxía: a [[hemorraxia]], a [[infección]] e a [[dor]], é a vitoria desta disciplina. O desenvolvemento das teorías [[microbio|microbianas]] das enfermidades infecciosas, a evolución das técnicas anestésicas ou o descubrimento dos [[raios X]], son ferramentas fundamentais no seu impulso: o cirurxián pode traballar co doente sedado e, polo tanto, sen a rapidez que se lle requiría até ese momento, con moito maior coñecemento sobre o que se pode encontrar e con armas adecuadas para paliar as posíbeis complicacións. As taxas de morbimortalidade comezan a caer, e todo isto prodúcese nunha marxe de poucas décadas.
 
=== Século XX ===
Liña 294:
* Asume a súa responsabilidade laboral dunha maneira ética e profesional. Integra activamente o equipo técnico-profesional que realiza a súa tarefa no centro cirúrxico.
 
O enfermeiro instrumentista profesional está capacitado e habilitado para:
 
* Atender o benestar do paciente cirúrxico.
Liña 302:
* Asistir ao cirurxián e participar activamente no procedemento cirúrxico.
 
O licenciado en organización e asistencia de quirófanos está capacitado e habilitado para:
 
* Efectuar a administración e o control de calidade da área cirúrxica.
Liña 310:
 
== Notas ==
{{listarefListaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==