Metroloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 3:
A '''metroloxía''', do [[lingua grega|grego antigo]] μέτρoν (''métron'', 'medida') e ''λόγoς'' (''lógos'', 'tratado') é a ciencia da [[medición]] ou da [[medida]]. (En [[lingua grega|grego antigo]] o termo μετρολογία, ''metrología'', significaba 'teoría das relacións').<ref>[http://www.perseus.tufts.edu/hopper/text?doc=Perseus%3Atext%3A1999.04.0057%3Aentry%3Dmetrologi%2Fa μετρολογία], Henry George Liddell, Robert Scott, ''A Greek-English Lexicon'', Perseus.</ref>
 
A [[Oficina internacional de pesos e medidas]], [[OIPM]] (''International Bureau of Weights and Measures, BIPM'', en inglés) define a ''metroloxía'' como a ciencia da medida, que inclúe o estudo, mantemento e aplicación do [[sistema de pesas e medidas]], tanto desde o punto de vista [[experimento|experimental]] como [[teoría|teórico]] e tamén o nivel de [[incerteza]] no campo da ciencia e a tecnoloxía.<ref>[http://www.bipm.org/en/convention/wmd/2004/ Bureau International des Poids et Mesures, BIPM] {{fr}}, {{en}}</ref>
 
Abrangue, ademais, todos os [[aspecto]]s [[teórico]]s e [[práctico]]s que aseguran a precisión exixida no proceso produtivo, procurando garantir a [[calidade]] de [[produto]]s e [[servizo]]s a través da [[calibración]] dos [[instrumentos de medida]], sexan analóxicos ou electrónicos (dixitais), e da realización de [[Ensaios de materiais|ensaios]], sendo a base fundamental da competitividade das empresas.
 
== Características ==
Liña 14:
[[Ficheiro:Spring-cover pocket clock3 open clockface2.jpg|miniatura|[[Reloxo]] de peto.]]
[[Ficheiro:Chronoswiss 4a.jpg|220px|miniatura|[[Cronómetro]] moderno.]]
O obxectivo fundamental da metroloxía é a obtención e expresión do valor das [[Magnitude física|magnitudes]], garantindo a trazabilidade dos procesos e a consecución da exactitude requirida en cada caso, empregando para iso instrumentos, métodos e medios apropiados.
 
A Metroloxía actúa tanto nos ámbitos [[ciencia|científico]], [[industria]]l e [[lei|legal]], así como en calquera outro demandado pola sociedade. Ten dúas características moi importantes: o '''resultado da medición''' e a '''incerteza de medida'''.
Liña 20:
Os [[ciencia|científicos]] e os [[enxeñaría|enxeñeiros]] utilizan unha gran variedade de [[Ferramenta|instrumentos]] para levar a cabo as súas medicións. Desde obxectos sinxelos como [[Regra (instrumentos)|regras]] e [[cronómetro]]s, até potentes [[microscopio]]s, medidores de [[láser]] e incluso avanzadas [[computador]]as moi precisas.
 
Por outra parte, a metroloxía é parte fundamental do que nos países industrializados se coñece como ''Infraestrutura Nacional da Calidade'',<ref> [http://www.ptb.de/de/org/q/q5/docs/OAS_SP07.pdf ''Una infraestructura nacional de la calidad''] {{es}}</ref> composta de actividades como [[normalización]], [[Ensaios de materiais|ensaios]], [[certificación]] e [[acreditación]], que á súa vez son dependentes das actividades metrolóxicas que aseguran a exactitude das medicións que se efectúan nos ensaios, cuxos resultados son a evidencia para as certificacións.
 
A metroloxía permite asegurar a comparabilidade internacional das medicións e, por tanto, a intercambiabilidade dos produtos a escala internacional.
Liña 29:
A ''norma'' [[ISO]] serie 9000 define explicitamente a relación entre garantía da calidade e a metroloxía, estabelecendo directrices para manter un control sobre os instrumentos de medida das empresas, facendo así necesaria a implantación dun proceso metrolóxico nas empresas que buscas ou posúen unha certificación.
 
O factor da "globalización dos mercados" tamén pon en práctica un dos seus principais obxectivos, que é traducir a confiabilidade nos sistemas de medición e garantir que as especificacións técnicas, regulamentos e normas existentes, proporcionen as mesmas condicións de perfecta aceptabilidade na montaxe e encaixe de partes de produtos finais, independentemente de onde sexan producidas.
 
Outro obxectivo, non menos importante, está na melloría do nivel de vida da poboación mediante o consumo de produtos de calidade, da preservación da seguridade, da saúde e do medio ambiente.
Liña 40:
 
=== Papel da metroloxía na organización industrial ===
A metroloxía garante a calidade do produto final favorecendo as negociacións pola confianza do cliente, sendo un diferenciador tecnolóxico e comercial para as empresas.
 
Reduce o consumo e o desperdicio de materias primas pola calibración de compoñentes e equipamentos, aumentando a produtividade.
 
E tamén reduce a posibilidade de rexeitamento do produto, resgardando os principios éticos e morais da empresa na atención das necesidades da sociedade en que está inserida, evitando desgastes que poden comprometer a súa imaxe no mercado.