Serialismo integral: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 2:
 
== Historia ==
A xeración máis nova dos compositores [[Europa|europeos]] xurdida trala [[II Guerra Mundial]], rodeada de privacións materiais e dun gran illamento cultural, experimentou unha forte reacción contra a súa herdanza cultural, xa que para eles a tradición da música occidental parecía intrínsecamente vencellada aos fracasos políticos e sociais do pasado. Pensaban que se ía xurdir un mundo novo e mellor, tamén era necesario crear un novo tipo de música totalmente distinta a calquera outra que existira ata o momento. O [[Neoclasicismo (música)|neoclasicismo]], a corrente dominante na música europea durante un cuarto de século, foi visto con certa sospeita e aversión pola meirande parte dos compositores máis novos, que o vían como unha tentativa de reconciliar as revolucións técnicas postonais e os fundamentos estéticos da época anterior, polo que era necesario levar a cabo unha ruptura total coas nocións musicais anteriores. Crian que os primeiros compositores do século XX fallaran á hora de levar a cabo unha revolución musical que conlevara unha era radicalmente nova, en palabras de [[Pierre Boulez]]:{{Cita|En 1945-1946 nada estaba preparado e todo quedaba por facer: foi todo un privilexio o poder levar a cabo certos descubrimentos e atoparnos a nós mesmossen ningún punto de referencia, o cal tivo as súas dificultades, mais tamén as súas vantaxes''.<ref>''Orientations'', ed Jean-Jacques Nattiez</ref>}}
 
Nun famoso e provocativo ensaio titulado ''Schönberg está morto'', escrito en [[1952]] pouco despois da morte do compositor [[Viena|vienés]], Boulez comeza alabando a figura do mestre austriaco por ter inventado o sistema dodecafónico, para logo criticalo por non telo desenvolvido en toda a súa extensión. Schönberg tratara as series como se foran un tema en lugar dunha configuración abstracta de intervalos, e as remprazara polo esquema formal clásico e preclásico en lugar de derivar as estruturas seriais das propias características da serie.
 
Segundo o punto de vista de Boulez, era necesario realizar un tratamento consciente de tódolos elementos da música, e non só dos melódicos, senón tamén dos rítmicos, dinámicos, texturais e formais, de acordo cuns procedementos estrictamente seriais e que non tiveran nada que ver con ningún presuposto musical anterior. [[Claude Debussy|Debussy]] e [[Anton Webern|Webern]] xa mostraran o camiño ao tratar os sons musicais "obxectivamente", esto é, segundo os seus propios términos e non como elementos determinados por un conxunto de relacións preestablecidas. Boulez alabou a Webern dun xeito especial por ter conseguido dar comezo a un novo dominio musical:{{Cita|''El foi o único... que tivo consiencia dunha nova dimensión do son, da desaparición da oposición entre o horizontal e o vertical (por exemplo, entre a tradicional distinción existente entre a harmonía e a melodía) polo que o único que viu nas series foi un xeito de proporcionar unha estrutura ao espazo sonoro''.<ref>''Relevés d'apprenti'', ed. Paul Thévenin (París, 1966)</ref>}} Tamén o [[Alemaña|alemán]] [[Karlheinz Stockhausen|Stockhausen]] alabou a Webern, véndoo como un dos precursores da nova música, acerca do cal escribiu:{{Cita|''O principio Schönbergiano da serie temática rompeu... O esencial deixou de ser un único Gestalt (un tema ou motivo) escollido polo compositor. Agora todo se basea nunha secuencia de proporcións melódicas, de duracións e de sonoridades''.<ref>''"Weberns Konzert für 9 Instrumente, Op 24", Texte'' (Colonia, 1963)</ref>}}
 
A rixidez do serialismo integral pronto se relaxou.
Liña 13:
Os principios compositivos do serialismo integral son unha ampliación do sistema dodecafónico de Schönberg, no que existía unha única serie con varias permutacións que afectaba únicamente á altura dos sons. Nesta "evolución" do sistema dodecafónico existen varias series que afectan a outros elementos da música como a intensidade, a duración etc.
 
Unha composición totalmente serial podería, con facilidade, producir no oínte a impresión de aleatoriedade, xa que a música que se basea nestes principios carece de temas no sentido clásico de entes melódico-rítmico-harmónicos fácilmente perceptibles con ampliacións, derivacións e desenrolos recoñecibles dos mesmos. Con esto coexiste unha ausencia típica dun pulso rítmico distinto e a ausencia de todo sentido de progresión, de movemento cara puntos de culme.
 
== Principais compositores ==
Liña 30:
 
{{Correntes musicais do século XX}}
 
[[Categoría:Correntes musicais do século XX despois da II Guerra Mundial|Serialismo Integral]]