O loureiro na cultura popular galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 6:
 
== O loureiro, protector ==
O loureiro estaba dedicado ó deus [[Apolo]] e os [[emperador]]es coroábanse cunha coroa de loureiro <ref> “''El laurel, por su belleza, y por sus emanaciones balsamicas, fue consagrado al Dios de la Poesia, á ceñir la frente de los vencedores. Se plantaba al rededor de los palacios de los Cesares y Pontifices; se creia libre del rayo la cabeza coronada con él, y los mismos Emperadores se acogian á él en tiempo de tempestad''” (Vocabulario de [[Francisco Javier Rodríguez Gil]] (1825?-1855).</ref>. De feito, o loureiro é árbore de folla [[perennifolio|perenne]], que nunca seca, o que o converte en símbolo da supervivencia. Quizais sexa consecuencia desta crenza o costume galego de colocar no máis alto da [[casa]] acabada de construír, un ramo de loureiro como desexo de protección e ventura para a vivenda e os seus habitantes. Este ramo de loureiro, que xa pasa a designarse simplemente como ''o ramo'', dá nome tamén ó convite ou ''albaroque'' que se fai ó remata-la obra.
 
[[Ficheiro:Lightning NOAA.jpg|miniatura|300px|O loureiro considérase protector contra o raio.]]
Liña 14:
Quizais por iso é costume xeral, segundo di [[Eladio Rodríguez]], colgar ramas nas casas e nas cortes, como medida precautoria contra calquera [[enfermidade]] ou desgraza na xente ou no gando, ou queimar follas de loureiro bendito o [[domingo de Ramos]] durante as tormentas, para conxura-lo raio.
 
O fume do loureiro é especialmente protector e purificador de malas presenzas. Cando o campesino galego sospeitaba que algunha ''mala cousa'' lle entrara na casa, queimaba pólas de loureiro e esparexía o fume na casa ou na corte. En [[Cangas]] (Pontevedra), para protexe-la familia do [[mal de ollo]], queimaban nunha tella [[romeu]], [[lavanda]], loureiro ''que mire ó mar'' e tres dentes de [[allo]], coa que percorrían sufumigando a casa toda, coas portas e ventás pechadas.
 
Do mesmo xeito, o loureiro utilizouse adoito nos rituais para protexerse contra o mal de ollo. Así, [[Xosé Ramón Mariño Ferro|Mariño Ferro]] conta como, en [[Pontevedra]] capital, realizaban este ritual para curar un meniño enfermo por esta causa: dous rapaces virxes, un meniño e unha meniña, teñen que saír das súas casas cara a casa do enfermo levando unha póla de loureiro. Durante o camiño non poden falar con ninguén e deben entrar os dous á par na casa. Unha vez na casa, pousan o loureiro no chan da habitación do enfermo e préndenlle lume, e o rapaz colle o meniño enfermo en brazos e pásao sobre o fume á vez que reza esta oración: ''Loureiro que fuches nacido/ e non fuches prantado,/ sácalle o aire''.
 
En [[Loureses, Aguís, Os Blancos|Loureses]] (Aguís, Os Blancos, Ourense) colocaban ó lado do corpo dos [[a morte na cultura popular galega|mortos]], no velorio, un caldeiro con auga bendita e unha rama de loureiro para protexe-los visitantes do [[mal de aire|aire de defunto]]. Outro costume relacionado con isto era o de pasa-la roupa por riba do lume ó regreso do velorio, lume no que se adoitaba queimar follas de loureiro para purificarse co fume.
Liña 25:
 
== Cantigueiro ==
* A aldeia da Atalaia/ rodeada de loureiros/ non a pasean casados/ que a pasean solteiros. <ref>[[A Atalaia, Asados, Rianxo|A Atalaia]] é un lugar da parroquia de Santa María de Asados (Rianxo).</ref>.
* Arrimeime a ti, loureiro,/ coidando que eras calado./ Loureiro, lengoareteiro,/ lévalo lengoaretado.
 
Liña 43:
* [[Jesús Rodríguez López|RODRÍGUEZ LÓPEZ, J.]] (1974): ''Supersticiones de Galicia y preocupaciones vulgares''. Ed. Celta, Lugo.
 
{{Modelo:Etnografía galega}}
{{Control de autoridades}}