Terremoto e tsunami de Sendai de 2011: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q36204
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Liña 2:
[[Ficheiro:JAPAN EARTHQUAKE 20110311.png|miniatura]]
 
O '''terremoto e tsunami de [[Sendai]] en 2011'''(東北地方太平洋沖地震, [[Terremoto]] da [[rexión de Tōhoku]] e da zona costeira do Océano Pacífico) foi un [[sismo]] ocorrido ás 14:46:23 (05:46:23 UTC) do venres [[11 de marzo]] de [[2011]], que alcanzou unha magnitude provisional de 8,9 na escala sismolóxica de magnitude de momento (MW). O domingo [[13 de marzo]] recalificouse pola axencia sismolóxica xaponesa nun 9 na escala sismolóxica de magnitude de momento (MW), o que o fai o cuarto maior terremoto do que se ten constancia na historia. O epicentro do terremoto situouse no mar, fronte á costa de [[Honshu]], 130 &nbsp;km ao leste de Sendai, na [[prefectura de Miyagi]], [[Xapón]]. Nun primeiro momento calculouse a súa magnitude en 7,9 graos MW, que foi posteriormente incrementada a 8,8 e finalmente a 8,9 graos polo Servizo Xeolóxico dos Estados Unidos. A [[enerxía]] liberada equivaleu a 200 millóns de [[tonelada]]s de [[TNT]].<ref>[http://www.xornal.com/artigo/2011/03/11/mundo/terremoto-libero-energia-equivalente-millones-toneladas-tnt/2011031117093500211.html Xornal de Galicia]</ref>
 
Aínda non se puido establecer unha cifra oficial definitiva de vítimas mortais, pero segundo o Ministerio de Defensa xaponés é moi probable que se supere o milleiro.
 
Dous días antes, este terremoto fora precedido por outro tremor importante, pero de menor magnitude, ocorrido o mércores 9 de marzo de 2011, ás 02:45:18 UTC na mesma zona da costa oriental de Honshu, Xapón e que tivo unha magnitude de 7,2 graos na escala de Richter, cunha profundidade de 14,1 quilómetros. Tamén ese día as autoridades da [[Axencia Meteorolóxica de Xapón]] deron unha alerta de [[tsunami]], pero só local, para a costa este de ese país.