Crise económica de 2008-2013: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 3:
[[Ficheiro:GDP Real Growth.svg|miniatura|360px|Estimación do aumento do PIB real en 2009.]]
 
Por '''crise económica de [[2008]] a [[2011]]''' é coñecida a '''[[crise económica]]''' mundial que comezou ese ano, orixinada nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. Entre os principais factores causantes da crise estarían os altos prezos das [[materias primas]], a sobrevalorización do produto, unha [[Crise alimentaria mundial (2007-2008)|crise alimentaria mundial]] e enerxética, unha elevada [[inflación]] planetaria e a ameaza dunha recesión en todo o mundo, así como unha [[Crise hipotecaria de 2007|crise crediticia, hipotecaria]] e de [[Crise bolsista de xaneiro de 2008|confianza nos mercados]].
 
== Denominacións ==
O termo ''crise'' carece de definición técnica precisa pero está vinculado a unha profunda ''[[recesión]]'', a cal se define como dous trimestres consecutivos de decrecemento económico.<ref>Francisco Mochón. ''Economía. Teoría y Política''. McGraw Hill, Madrid, 2005. ISBN 978-84-481-9850-3</ref> Polo de agora, este fenómeno non se produciu na maior parte de economías desenvolvidas.
 
A presidenta arxentina [[Cristina Fernández de Kirchner]] no seu primeiro discurso na 63ª [[Asemblea Xeral da ONU]] denominou esta [[crise]] como ''Efecto Jazz'', dado que a orixe da crise foi o centro dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e despois espallouse para o resto do mundo, en clara contraposición a crises anteriores que se orixinaban en [[País emerxente|países emerxentes]] e se expandían para o centro, como foron o [[Efecto Tequila]], [[Efecto Caipirinha]] e o [[Efecto Arroz]].
Liña 34:
=== Hipotecas subprime ===
[[Ficheiro:Subprime Mortgage Offer.jpeg|220px|miniatura|dereita|Foto dun establecemento dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] onde se ofrecen [[Crédito subprime|créditos subprime]]]]
As [[hipoteca de alto risco|hipotecas subprime]] dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] foron o instrumento financeiro que actuaron de espoleta. Esta é unha hipoteca dada aos clientes con baixa solvencia económica e que, en consecuencia, teñen un risco maior de non efectuar o pagamento que os clientes "normais". A cualificación de ''subprime'' aplícase cando se concede a persoas cun historial de crédito problemático ou que non achegan toda a documentación necesaria (por exemplo, sobre as fontes de ingresos). Tamén se considera que a hipoteca é ''subprime'' se o importe representa máis do 85% do prezo da vivenda financiada ou se o pagamento mensual supera o 55% da renda dispoñíbel. Ao seren hipotecas máis arriscadas, os clientes deben pagar unha porcentaxe sobre a taxa de referencia entre o 2% e o 3% superior ao dunha hipoteca estándar.
 
Nin o Banco Central nin ningunha outra autoridade reguladora tiña deseñado unha regulación mínima para evitar abusos na concesión de tales hipotecas. Os comerciais das institucións de crédito tiñan o salario ligado ao volume que conseguía colocar, e o que menos importaba era se o risco era asumíbel polo banco ou caixa. É dicir, non se valoraba se a probabilidade de que o cliente puidese devolver o préstamo era razoábel.