Concilio de Éfeso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 9:
Xa que a terminoloxía non era clara e única, os exemplos e explicacións variaban. Doutra banda, as teorías explicadas na escola de Antioquía non tiñan moita difusión e puideron pasar desapercibidas ata que [[Nestorio, patriarca de Constantinopla|Nestorio]] as deu a coñecer con motivo da denominación da Virxe como «Nai de Deus». Nestorio fixérase monxe e acadou gran fama en Antioquía polos seus dotes de predicador. Foi elixido [[patriarca de Constantinopla]] en [[428]]. Pedíuselle que interviñese nun tumulto causado por un monxe que afirmaba que María non era nai de Deus. Explicou o patriarca que María era «nai» da natureza humana de Cristo e que, polo tanto, se lle podía chamar Nai de Cristo pero que era un erro chamala «nai de Deus».
 
A resposta do patriarca causou estupor. Non tardaron en saír os defensores da maternidade divina de María. Así, por exemplo, [[Eusebio de Dorilea]] e [[Proclo de Constantinopla]]. Nestorio acudiu ás autoridades civís para acalar os monxes que se lle opuñan e escribiu ao papa [[Celestino I, Papa|Celestino I]] (429) para pedirlle a súa opinión sobre esta doutrina que ensinaba. Enviáballe para iso unha serie de sermóns que o papa puxo a consideración de [[Xoán Casiano]].
 
Pero [[Cirilo de Alexandría]] tomou con forza a loita contra Nestorio, movido tamén polas rivalidades entre as escolas de Alexandría e a de Antioquía. Cirilo enviou a Roma a Posidonio con escritos e argumentacións que demostraban a heterodoxia de Nestorio. Neses días, Casiano tamén deu o seu parecer desfavorábel sobre os escritos do patriarca de Constantinopla. A resposta de Celestino (430), tras pedir novamente consello nun sínodo celebrado en Roma, <ref>O libro de Llorca di 340 (cf. páxina 526) pero é un evidente erro ao escribir.</ref> foi dar plenos poderes, a xeito de delegado seu, a Cirilo e escribir a Nestorio para que se sometese á doutrina que Cirilo lle había presentar como ortodoxa.
 
Ese mesmo ano celebrouse outro sínodo, esta vez en Alexandría, que Cirilo presidiu e que deu como froito os famosos ''[[Doce anatematismos]]'' que expresaban a doutrina considerada ortodoxa. Este texto foi enviado a Nestorio para que, como indicara a igrexa de Roma, fose subscrita polo patriarca. Porén, as expresións empregadas polos anatematismos non eran exactas e logo foron empregadas polos [[monofisismo|monofisitas]]. O mesmo Nestorio informouse da ambigüidade dos textos e respondeu con seus ''[[Doce antianatematismos]]'' intentando refutar as posicións de san Cirilo.
 
Neste momento outros personaxes interveñen tratando de aplacar os ánimos e sobre todo aclarando que as afirmacións de Cirilo tampouco resultaban ortodoxas xa que parecían soster unha soa natureza en Cristo. Así pronunciáronse o patriarca de Antioquía, [[Xoán, patriarca de Antioquía|Xoán]] e [[Teodoreto de Ciro]] (ambos os dous formados tamén na escola de Antioquía).
 
Nestorio acudiu tamén ao emperador, [[Teodosio II]] quen, para evitar conflitos maiores, decidiu convocar un concilio. Escribiu ao papa para lle comentar a súa idea e este prometeulle que enviaría os seus legados ao concilio. Hai que dicir que a situación era complexa pois a posición de Nestorio fora xa condenada por Celestino e, polo tanto, o concilio – se quería evitar un cisma – debía facer outro tanto. O emperador fixou o 431 para a celebración do concilio e indicou que se realizaría en [[Éfeso]]. Alí Celestino enviou aos seus legados: os bispos Arcadio e Proxecto e o presbítero Filipo. Por outra banda, o papa escribiu a Cirilo para que non se condenase a Nestorio sen o oír antes.
Liña 23:
== Desenvolvemento do concilio ==
 
Na primeira sesión do concilio, celebrada o 22 de xuño, e aproveitando a ausencia de [[Nestorio]] que se negaba a comparecer ata que non chegase a Éfeso o seu amigo o patriarca Xoán de Antioquía, procedeuse a condenar a doutrina nestoriana como errónea (Canons 2 a 5), decretando que Cristo era unha soa persoa coas súas dúas naturezas inseparábeis. Así mesmo decretou a maternidade divina de María. Cirilo logrou ademais que se aprobase un decreto redactado por el que depuña e excomungaba a Nestorio.
 
O 27 de xuño chegou a Éfeso Xoán de Antioquía, celebrando inmediatamente unha asemblea paralela en que acusa a Cirilo de herexía [[arianismo|ariana]], polo que se procedeu á súa condena e deposición.
 
O 10 de xullo chegaron os legados papais (os bispos Arcadio e Proxecto e o representante persoal do papa [[Celestino I, papa|Celestino I]], Filipe), que aproban a sesión celebrada o 22 de xuño e con iso a condena de Nestorio.
 
A solución non satisfixo a ninguén e ambos os dous comezaron a facer presión sobre o emperador. Consta que Cirilo subornou a autoridades imperiais. Teodosio finalmente mandou publicar as decisións do concilio, confirmando a condena de Nestorio, enviándoo ao [[mosteiro de Eutropio]] e nomeouse un novo patriarca de Constantinopla, [[Maximiano, patriarca de Constantinopla|Maximiano]]. Xa que Nestorio continuou publicando obras e difundindo as súas ideas foi trasladado a diversas prisións ata chegar a Exipto. Alí publicou aínda o [[Libro de Heráclides]].
 
O nestorianismo propagouse desde [[Edesa]] e logo, perseguido en todo o imperio, en [[Imperio persa|Persia]] e de aí a India e Turquía.
Liña 42:
 
== Bibliografía ==
*<span style="font-variant:small-caps">Bernardino Llorca</span>, ''Historia de la Iglesia católica'', vol. I: ''Edad Antigua: La Iglesia en el mundo grecorromano'', BAC, Madrid 2001 (8a reimpresión), ISBN 84-7914-228-6, p. &nbsp;522-534
* [http://www.clerus.org/bibliaclerusonline/es/bvf.htm#a32 Denzinger: Concilio de Éfeso (contra os nestorianos).]
 
[[Concilio de Éfeso]]
 
[[Categoría:Dinastía teodosiana]]
Liña 50 ⟶ 52:
[[Categoría:Éfeso]]
[[Categoría:431]]
 
[[Concilio de Éfeso]]